{"id":11250,"date":"2010-05-18T08:58:13","date_gmt":"2010-05-18T06:58:13","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=11250"},"modified":"2010-05-20T00:56:07","modified_gmt":"2010-05-19T22:56:07","slug":"explorando-a-cividade-de-san-xurxo-de-sacos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/05\/18\/explorando-a-cividade-de-san-xurxo-de-sacos\/","title":{"rendered":"Explorando o conxunto arqueol\u00f3xico da Cividade de San Xurxo de Sacos"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/croquis_cividade.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Dous castros moi pr\u00f3ximos en bo estado de conservaci\u00f3n, un interesante petr\u00f3glifo e unha posible canteira da \u00e9poca castrexa conforman un fascinante conxunto arqueol\u00f3xico desco\u00f1ecido para o gran p\u00fablico. Pero estas xoias do noso patrimonio est\u00e1n sobre a aldea de Barbeito, en San Xurxo de Sacos (Cotobade). Lev\u00e1moste ata elas. <\/p>\n<p>Case non hai informaci\u00f3n sobre este magn\u00edfico conxunto arqueol\u00f3xico na parroquia de San Xurxo de Sacos (Cotobade). Eu atopeina na interesante tese da USC <em>A cultura castrexa nos vales dos rios L\u00e9rez-Almofrei e Verdugo-Oitav\u00e9n<\/em>, de Manuel Reboredo, e souben que ti\u00f1amos que achegarnos a ver isto. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cividade_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\nParapeto do castro e localizaci\u00f3n do petr\u00f3glifo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cividade_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Sobre a alde\u00ed\u00f1a de Barbeito est\u00e1 localizado o castro de A Cividade (chamado na aldea a Cid\u00e1 ou a Civid\u00e1) [<a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=396&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.508568,-8.506658&#038;spn=0.014252,0.01929&#038;t=h&#038;z=16\">localizaci\u00f3n<\/a>]. Tr\u00e1tase dun impresionante recinto, cun foxo de 150 metros de longo excavado na rocha e unha serie de defensas adicionais, como un antecastro. Na s\u00faa banda sur, onde se indica na foto, hai unha gran laxe inzada de petr\u00f3glifos que se est\u00e1n a desvanecer co tempo. Como en moitas destas laxes gravadas, un min\u00fasculo regueiri\u00f1o de auga atravesa a pedra, e adiv\u00ed\u00f1anse espirais, cruces, formas case desaparecidas que percorren toda a rocha. <\/p>\n<p>Importante: atopar un petr\u00f3glifo nun castro \u00e9 un feito excepcional, a\u00ednda que na zona, enfronte de A Cividade da outra banda do val, est\u00e1 o Castro de Penalba, que tam\u00e9n conta cunha serpe gravada. Enrique Sobrino, un interesante debuxante representou graficamente a principios dos s\u00e9culo XX o gran panel do petr\u00f3glifo da Cividade:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cividade_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fonte: Wikipedia<\/em><\/p>\n<p>A Civid\u00e1 concentra numerosas lendas de mouros, de serpes m\u00e1xicas, de tesouros da Guerra da Independencia,  numeros\u00edsimas lendas. Pero chamoume a atenci\u00f3n a precisi\u00f3n topogr\u00e1fica das lendas. Os veci\u00f1os de Barbeito interpretaban o espacio, e indican onde \u00e9 que os mouros cultivaban trigo e legumes, e identificaban o antecastro da Cividade coma o cemiterio dos mouros. \u00bfPor que? Non o sabemos. Hoxe, tralos incendios que asolaron Cotobade, a maleza medrou tanto que o castro \u00e9 case impenetrable. Se pretendes entrar nel, tes que po\u00f1erte diante do parapeto do Este, na pista, m\u00e1is ou menos no medio e medio e tirar para abaixo ata localizares un camini\u00f1o de cabalos que te permite pasar o foxo, gabear polo parapeto e, desde o alto, achegarte ata o petr\u00f3glifo. Vai ben protexido contra os toxos, que meten medo.<\/p>\n<p>Pero seguindo o cami\u00f1o, monte arriba, ti\u00f1amos esta sorpresa:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cividade_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Muralla do Coto da Cerca. Apr\u00e9ciese que d\u00e1 a volta ao recinto perfectamente visible. <\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cividade_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pero para min o m\u00e1is fascinante \u00e9 outra cousa. A uns 500 metros da Cividade, monte enriba, hai outro castro. Est\u00e1 na chaira do alto dun monte e s\u00fabese, partindo da Cividade pola pista enriba, collendo a primeira pista \u00e1 esquerda e todo para arriba. Ch\u00e1mase o Coto da Cerca e debe ser, xunto co <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2005\/03\/27\/san-millan\/\">Castro de San Mill\u00e1n<\/a>, en Cualedro, o mellor conservado que co\u00f1ezo. Por algunha miragreira raz\u00f3n, o castro est\u00e1, como digo eu, tal e como o deixaron. Unha muralla de pedra de 2,5 metros rodea todo o recinto, e no exterior outra muralli\u00f1a anular tam\u00e9n o define. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cividade_6.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Edificios anexos \u00e1 muralla. Tinta dixital. <\/em><\/p>\n<p>Anexas \u00e1 muralla a\u00ednda se poden ver os derrubos da edificaci\u00f3n, e a\u00ednda que no interior da croa non hai tanta pedra, perc\u00edbense tam\u00e9n varias estruturas. O castro est\u00e1 nun magn\u00edfico estado de conservaci\u00f3n e con toxo baixo. <\/p>\n<p>Mesmo se d\u00e1 unha curiosidade: nunha prolongaci\u00f3n do recinto monte abaixo, no que hai unha terraza, ch\u00e9gase ata a posible canteira do castro. Esta xenti\u00f1a deb\u00eda crebar as capas de laxes e fragmentalas para a muralla al\u00ed mesmo, como \u00e9 obvio. O resultado a\u00ednda se pode ver hoxend\u00eda. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cividade_7.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Canteira, terraza castrexa en segundo plano e muralla ao fondo.<br \/>\n<\/em><br \/>\n<img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cividade_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Desde a propia canteira, a acr\u00f3pole da Civid\u00e1, monte abaixo, sobresae. <\/p>\n<p>Este conxunto \u00e9 excepcional, por todo o que disp\u00f3n e as suxestivas relaci\u00f3ns que pode haber entre os dous castros. O castro de enriba, por exemplo, disp\u00f3n de control visual cara unha zona que a Civid\u00e1 non pode ver. Esta curiosa relaci\u00f3n \u00e9 similar noutro conxunto que est\u00e1 na mesma \u00e1rea cultural castrexa, met\u00e9ndonos cara o interior, no Carballi\u00f1o. O <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2008\/01\/15\/os-malditos-chans-de-xurenzas\/\">conxunto de Xurenz\u00e1s<\/a>, composto por un labir\u00edntico castro e un recinto similar, con potente muralla de pedra pero unha menor presenza de cachote no interior, chamado Corneda, a uns 500 metros. <\/p>\n<blockquote><p>Nota: Iso \u00e9 unha xungla machacada polas escorrent\u00edas. No caso de quereres ir, recom\u00e9ndoche que aparques na casa de turismo rural O meiri\u00f1o. Ao car\u00f3n sae unha pista que est\u00e1 pechada con arame, para evitar que baixe o gando. Tes que quitar o arame e comezar a subir ata que chegues a un lugar no que remata, nunha canteira pequena. Al\u00ed ver\u00e1s unha parede de xestas \u00e1 dereita. Pois ben, teste que meter entre as xestas e localizar\u00e1s un pequeno cami\u00f1o que te acabar\u00e1 levando, tras conectarse con outro m\u00e1is grande, ata a Cividade. <a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=396&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.508568,-8.506658&#038;spn=0.014252,0.01929&#038;t=h&#038;z=16\">Aqu\u00ed tes a localizaci\u00f3n<\/a>.<\/p><\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Dous castros moi pr\u00f3ximos en bo estado de conservaci\u00f3n, un interesante petr\u00f3glifo e unha posible&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/05\/18\/explorando-a-cividade-de-san-xurxo-de-sacos\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Explorando o conxunto arqueol\u00f3xico da Cividade de San Xurxo de Sacos<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":11251,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18],"tags":[],"class_list":["post-11250","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11250","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11250"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11250\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11251"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11250"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11250"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11250"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}