{"id":1118,"date":"2006-06-06T21:56:05","date_gmt":"2006-06-06T19:56:05","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=1118"},"modified":"2006-06-06T22:01:46","modified_gmt":"2006-06-06T20:01:46","slug":"sistemas-dixitais-de-informacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/06\/06\/sistemas-dixitais-de-informacion\/","title":{"rendered":"Sistemas dixitais de informaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/2006\/06\/pixoh_187n6bkkk8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Acaba de sa\u00edr do prelo o noso \u00faltimo libro, <a href=\"http:\/\/www.pearsoneducacion.com\/universidad\/fichanovedad.asp?isbn_com=8420542253\">Sistemas Digitales de Informaci\u00f3n<\/a>, editado por <a href=\"http:\/\/www.pearsoneducacion.com\/default.asp\">Pearson\/Prentice Hall<\/a>.  Coa participaci\u00f3n de Xos\u00e9 Pereira, Marita Otero e eu mesmo, e coordinado por Xos\u00e9 L\u00f3pez, Sistemas Digitales de Informaci\u00f3n ofrece unha panor\u00e1mica da evoluci\u00f3n do ciberxornalismo ao longo destes dez anos de historia dos xornais dixitais e incide en dous aspectos b\u00e1sicos que definen o quefacer e a concepci\u00f3n dos novos cibermedios: a arquitectura da informaci\u00f3n e a s\u00faa presenza gr\u00e1fica no front-end, na zona vis\u00edbel para o usuario. <\/p>\n<p>En <em>La arquitectura de la informaci\u00f3n, ingenier\u00eda del periodismo<\/em>, eu det\u00e9\u00f1ome nun territorio fronteirizo: entre a programaci\u00f3n e o c\u00f3digo fonte, dunha banda, e o xornalismo doutra. Este terreo est\u00e1 a revolucionar definitivamente a pr\u00e1ctica profesional nos medios dixitais e d\u00e1 lugar ao que co\u00f1ecemos como sistemas de xesti\u00f3n de contido ou sistemas editoriais. Neste momento, m\u00e1is do 95% dos medios de comunicaci\u00f3n en Internet contan con sistemas que establecen m\u00e1scaras visuais que facilitan a interacci\u00f3n con complexos bancos de datos e que canalizan o traballo da redacci\u00f3n na s\u00faa sa\u00edda para os soportes dixitais (web, m\u00f3biles, etc.). Sen embargo, en moitos casos, os xornalistas desco\u00f1ecen este territorio intermedio e, polo tanto, non aproveitan as inmensas posibilidades de ofrecer mellores informaci\u00f3ns aos usuarios. No cap\u00edtulo, adapto ao campo do xornalismo o que os enxe\u00f1eiros Rosenfeld e Morville conceptualizaron no ano 1988 no seu libro Information Architecture: as noticias non son historias li\u00f1ais e pechadas, sen\u00f3n espazos de semanticidade multidireccional. Agora, ensin\u00e1moslle aos sistemas editoriais a saber que unha noticia est\u00e1 relacionada con Bush, Zapatero, Boeing, Solana, Teher\u00e1n, a aproximarse con reglas semiintelixentes a outras noticias, a anticiparse aos intereses do usuario. <\/p>\n<p>Cunha razo\u00e1bel arquitectura da informaci\u00f3n, as noticias xa non se inscriben para o d\u00eda, sen\u00f3n que son importantes referencias de co\u00f1ecemento que poden cobrar m\u00e1is relevancia tempo despois de seren publicadas. O xornalista escribe e pode concebir historias xa dende unha dimensi\u00f3n temporal m\u00e1is rica e m\u00faltiple, e para p\u00fablicos que chegan dende \u00e1mbitos moi diferentes e fan <strong>usos<\/strong> das noticias variados, e lecturas diferentes en funci\u00f3n do contexto e o soporte no que esa noticia se recupera. <\/p>\n<p>Sistemas Digitales de Informaci\u00f3n tenta explicar que podemos aprender os xornalistas -de calquer soporte- tras 10 anos de experiencia en cibermedios, interactuando no d\u00eda a d\u00eda no estado m\u00e1is pr\u00f3ximo aos lectores e \u00e1 tecnolox\u00eda que te\u00f1an vivido nunca os profesionais da comunicaci\u00f3n. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Acaba de sa\u00edr do prelo o noso \u00faltimo libro, Sistemas Digitales de Informaci\u00f3n, editado por&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/06\/06\/sistemas-dixitais-de-informacion\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Sistemas dixitais de informaci\u00f3n<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1117,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-1118","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1118","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1118"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1118\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1117"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1118"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1118"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1118"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}