{"id":11177,"date":"2010-05-13T12:28:12","date_gmt":"2010-05-13T10:28:12","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=11177"},"modified":"2010-05-15T21:27:38","modified_gmt":"2010-05-15T19:27:38","slug":"convocamos-o-i-premio-vinos-y-blogs","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/05\/13\/convocamos-o-i-premio-vinos-y-blogs\/","title":{"rendered":"Convocamos o I Premio Vinos y Blogs"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/premio_vinos_blogs_2.jpg\" alt=\"\" align=\"left\" vspace=\"4\" hspace=\"4\"\/>Internet veulle ao vi\u00f1o estupendamente. Nos \u00faltimos anos, a rede nos est\u00e1 a unir e facer co\u00f1ecer a todos os amantes do vi\u00f1o. Hai moito talento nas persoas que escriben de vi\u00f1o na rede. E agora pode ser o momento de facelo p\u00fablico!<\/p>\n<p>-\u00bfE se facemos algo cos blogs? -d\u00edxome un d\u00eda Luis Paad\u00edn, o director do III Concurso de Vi\u00f1os do Noroeste, que se celebrar\u00e1 en Ponferrada o 8 e o 9 de xu\u00f1o deste ano. <\/p>\n<p>\u00bfQue podiamos facer? \u00bfE se probamos, durante quince d\u00edas, todas aquelas persoas amantes do vi\u00f1o que queiran, a crear un mosaico colectivo sobre a nosa paix\u00f3n polo vi\u00f1o e a s\u00faa cultura, con textos que fagamos cada un nos nosos blogs? \u00bfE se probamos a crear un concurso con iso? An\u00edmaste a escribir no teu blog sobre vi\u00f1o? <\/p>\n<p>Decidimos crear o <a href=\"http:\/\/www.concursovinosnoroeste.com\/blogs\/\">I Premio Vinos y Blogs<\/a>, encaixado dentro das actividades do <a href=\"http:\/\/www.euro-project.es\/vinosnoroeste\/\">III Concurso de Vi\u00f1os do Noroeste<\/a>,  que organiza o Concello de Ponferrada, e que na s\u00faa terceira edici\u00f3n xa \u00e9 un prestixioso certame de vi\u00f1os. Pode participar calquera blog creado antes de febreiro de 2010 e non precisa ser un blog especializado en gastronom\u00eda ou enolox\u00eda. <a href=\"http:\/\/www.concursovinosnoroeste.com\/blogs\/?page_id=2\">Aqu\u00ed podes consultar as bases<\/a>. Podes escribir en calquera lingua oficial da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica e s\u00f3 precisas, para inscribirte, enviarnos un correo. <a href=\"http:\/\/www.concursovinosnoroeste.com\/blogs\/?page_id=2\">Consulta toda a informaci\u00f3n aqu\u00ed<\/a>. Simplemente debes publicar no teu blog ese post no que contes a t\u00faa experiencia persoal no mundo do vi\u00f1o dentro do prazo especificado (e avisarnos). <\/p>\n<p>O premio est\u00e1 moi ben: participar como catador, xunto a un plantel de 30 especialistas, no proceso de selecci\u00f3n dos vi\u00f1os m\u00e1is singulares de Castela e Le\u00f3n, Galicia, Asturias, Pa\u00eds Vasco e Portugal (nas zonas ao norte do Douro) e recibir, adem\u00e1is, unha colecci\u00f3n de vi\u00f1os singulares da D.O. Bierzo. Todos os gastos de desprazamento, hospedaxe e manutenci\u00f3n do ga\u00f1ador para asistir \u00e1 cata en Ponferrada estar\u00e1n pagados pola organizaci\u00f3n (dentro da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica). E Ponferrada non \u00e9 mal sitio para comer e beber, verdade? ;)<\/p>\n<p>Co concurso queremos fomentar a escritura de calidade sobre vi\u00f1o na blogosfera. Pero non precisas ser un Pe\u00f1\u00edn, un Robert Parker ou un Oz Clarke para transmitir emoci\u00f3n, diversi\u00f3n e co\u00f1ecemento sobre o mundo do vi\u00f1o, nin sequera necesitas ser un experto curtido en mil catas.  Queremos que nos contes a t\u00faa relaci\u00f3n persoal co mundo do vi\u00f1o, e pode ser o que queiras (lembranzas, visi\u00f3ns, experiencias&#8230;), queremos que o fagas con agarimo e con paix\u00f3n. Tr\u00e1tase de facer un proxecto entre todos. Segundo nos vaian chegando as inscrici\u00f3ns, iremos publicando as ligaz\u00f3ns a todos os textos presentados e publicados, tecendo un mosaico diverso de ideas, sensaci\u00f3ns e palabras ao redor do vi\u00f1o. <\/p>\n<p><strong>Tes de prazo ata o 30 de maio. <\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Internet veulle ao vi\u00f1o estupendamente. Nos \u00faltimos anos, a rede nos est\u00e1 a unir e&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/05\/13\/convocamos-o-i-premio-vinos-y-blogs\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Convocamos o I Premio Vinos y Blogs<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":11184,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22,32],"tags":[],"class_list":["post-11177","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-vino","category-destacado","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11177","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11177"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11177\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11184"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11177"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11177"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11177"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}