{"id":11142,"date":"2010-05-11T21:46:42","date_gmt":"2010-05-11T19:46:42","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=11142"},"modified":"2010-05-13T12:29:10","modified_gmt":"2010-05-13T10:29:10","slug":"csi-lanzada","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/05\/11\/csi-lanzada\/","title":{"rendered":"CSI A Lanzada"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/execucion_lanzada.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O chan galego, tan devorador de restos org\u00e1nicos, fai unha salvedade cando se trata da area das praias. Aqu\u00ed as tornas se invirten: o tempo papa os metais pero preserva mellor os anacos da vida. Mortos antigos mesmo aparecen con sandalias e roupa, \u00e1s veces. Alg\u00fan arque\u00f3logo galego ten visto a mesma prodixiosa escena que conta C.W. Ceram no seu cl\u00e1sico <em>Deuses, tumbas e sabios<\/em>; a dos arque\u00f3logos que exhuman unha tumba dun pr\u00edncipe aqueo, e no momento no que abren a lousa descubren, abraidos, o rostro, a\u00ednda xoven, do morto; a visi\u00f3n s\u00f3 dura un segundo, e logo todo se desvanece no contacto co aire. <\/p>\n<p>Grazas \u00e1 area se conserva o que vedes aqu\u00ed, un documento excepcional do pasado de Galicia. Si, \u00e9 un esquelete, pero non calquera esquelete. \u00c9 do periodo romano ou altomedieval (non o podo confirmar agora mesmo). Fix\u00e1devos ben nel. <\/p>\n<p>Foi localizado na tumba 21 do castro da Lanzada, nos anos 60. E ten unha postura estra\u00f1a. Boca abaixo, coas mans \u00e1s costas, xuntas. Esas mans estaban atadas. <\/p>\n<p>Este home foi executado. <\/p>\n<p>O seu cr\u00e1neo e -creo- a gorxa, conservan os sinais da execuci\u00f3n. <\/p>\n<p>A seguinte pregunta \u00e9 obvia. \u00bfQuen o executou?\u00bfPor que?\u00bfP\u00f3dese saber? <\/p>\n<p>A Lanzada \u00e9 un dos xacementos m\u00e1is importantes de Galicia en moitos sentidos. Nunha secuencia temporal de m\u00e1is de mil anos, al\u00ed aparece un castro estra\u00f1o, que non ti\u00f1a murallas, unha gran poboaci\u00f3n ao redor desas pra\u00ed\u00f1as que exerc\u00edan de portos. Aqu\u00ed se atoparon numerosas evidencias do comercio entre Galicia, a Europa Atl\u00e1ntica e o Mediterr\u00e1neo, e tam\u00e9n da posible redistribuci\u00f3n dos luxosos materiais cartaxineses cara o interior de Galicia, a trav\u00e9s das r\u00edas. Rafael Rodr\u00edguez def\u00edneo, con humor e moi graficamente, coma o &#8220;Corte Ingl\u00e9s da Antig\u00fcidade&#8221;. Os arque\u00f3logos sospeitan que aqu\u00ed houbo o establecemento fenicio estable m\u00e1is ao norte do mundo co\u00f1ecido, na s\u00faa \u00e9poca. Pero hai m\u00e1is: este xacemento comezou a finais da Idade do Bronce e chegou ata o final do Imperio Romano ou a Alta Idade Media; al\u00ed tam\u00e9n se ergueu un castelo para loitar contra a ameaza normanda na \u00e9poca do bispo compostel\u00e1n Sisnado, e hoxe permanece un anaco de torre e a capela rom\u00e1nica. Al\u00ed resistiu no s\u00e9culo XV o \u00faltimo grupo de irmandi\u00f1os, ata a s\u00faa execuci\u00f3n final, como conta maxistralmente Xo\u00e1n Bern\u00e1rdez Vilar en <em>Un home de Vilame\u00e1n. Anatom\u00eda dunha revoluci\u00f3n<\/em>. Baixo a area aparecen \u00e1s veces os \u00f3sos dos mortos soterrados na necr\u00f3pole, e nos 9000 metros cadrados de xacemento, hai unha densidade de estratos arqueol\u00f3xicos superpostos inusual en Galicia. En <a href=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/noticia.php?id=16630\">culturagalega.org tes unha detallada reportaxe<\/a>. <\/p>\n<p>Este ver\u00e1n, iniciarase un ambicioso proxecto de investigaci\u00f3n para exhumar este pasado, estudar o xa excavado al\u00ed ao longo do s\u00e9culo XX e abrir novas \u00e1reas para botar unha ollada a un pasado que aqu\u00ed est\u00e1 cheo de pistas, as\u00ed como a preparalo para a s\u00faa musealizaci\u00f3n. Dirixido por Rafael Rodr\u00edguez, arque\u00f3logo da Deputaci\u00f3n de Pontevedra, co apoio dos arque\u00f3logos do CSIC -enm\u00e1rcase dentro do proxecto Pousadas da Deputaci\u00f3n de Pontevedra-, poder\u00e1s seguir a diario en videoblog -cun caderno de bit\u00e1cora a p\u00e9 de excavaci\u00f3n-, as cr\u00f3nicas da excavaci\u00f3n e te contar\u00e1n o que al\u00ed se vaia atopando e, se te achegas ata o castro este ver\u00e1n, dar\u00e1seche cumprida e transparente informaci\u00f3n do que al\u00ed vaia aparecendo. O equipo de arque\u00f3logos quere apostar por unha arqueolox\u00eda social, na que o visitante forme parte fundamental do proxecto.<\/p>\n<p>Pero supo\u00f1o que estar\u00e1s coma min. Ese esquelete. Executado. \u00bfHai m\u00e1is coma el? \u00bfPor que o mataron? \u00bfPoder\u00e1 a escavaci\u00f3n contarnos algo sobre isto? \u00bfQue poderemos aprender de apaixoantes \u00e9pocas do pasado nun contexto tan rico como o da Lanzada?<\/p>\n<p>Eu s\u00f3 digo unha cousa: qued\u00e1devos con el.<\/p>\n<blockquote><p>A foto do executado figura na seguinte referencia bibliogr\u00e1fica:<br \/>\nBlanco Freijeiro, M Fust\u00e9 Ara e Garc\u00eda Al\u00e9n en <em>Cuadernos de Estudios Gallegos<\/em>, Tomo XXII (1967), paxs 129-155. Tumba 21 A Lanzada<\/p><\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O chan galego, tan devorador de restos org\u00e1nicos, fai unha salvedade cando se trata da&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/05\/11\/csi-lanzada\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">CSI A Lanzada<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":11143,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18],"tags":[],"class_list":["post-11142","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11142","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11142"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11142\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11143"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11142"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11142"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11142"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}