{"id":11066,"date":"2010-05-09T15:18:41","date_gmt":"2010-05-09T13:18:41","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=11066"},"modified":"2013-06-03T23:51:14","modified_gmt":"2013-06-03T21:51:14","slug":"republicas-de-homes-libres-un-lugar-chamado-cornado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/05\/09\/republicas-de-homes-libres-un-lugar-chamado-cornado\/","title":{"rendered":"Rep\u00fablicas de Homes Libres: un lugar chamado Cornado"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cornado_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Durante esta aventura cultural que \u00e9 a <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/des_republica_homes_libres.jpg\" data-rel=\"lightbox-image-0\" data-rl_title=\"\" data-rl_caption=\"\" title=\"\">Rep\u00fablica dos Homes Libres<\/a>, Brandomil deixounos pensando. Unha poboaci\u00f3n de certas dimensi\u00f3ns, habitada a finais do Imperio Romano e, debido aos poucos datos do rexistro arqueol\u00f3xico, non sabemos se posteriormente. A curiosidade e as preguntas son obvias: poder\u00eda haber preto de Brandomil alg\u00fan recinto de gran tama\u00f1o, igual que o Aloia e o Castro Valente?<br \/>\n<!--more--><\/p>\n<p>Comezamos a seguir esta v\u00eda antiga que \u00e9 o Cami\u00f1o de Santiago, <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2010\/05\/01\/unha-pedra-refrescante-no-castelo-da-albarina\/\">rodeada de castros e castelos coma o de Bro\u00f1o<\/a>. No traballo de mesa anterior, fixeime nese lugar que vedes na primeira foto: Cornado. A zona chairega na que est\u00e1 Brandomil fai que calquera refuxio no alto dos montes estea lonxe. Cornado est\u00e1 a sete quil\u00f3metros de Brandomil, pero o acceso \u00e9 sinxelo e, ao fin e ao cabo, Iria Flavia est\u00e1 a seis quil\u00f3metros (os \u00faltimos de dura subida) e Tyde, o antigo Tui, a 4,5 do alto do Aloia, tam\u00e9n cunha forte subida. O cami\u00f1o de Santiago pasa pola aba do monte de Cornado e na s\u00faa zona superior estaba catalogado un castro. \u00bfCastro? O que eu v\u00eda desde o SIXPAC d\u00e1bame unha espi\u00f1a rara. <\/p>\n<p>Sobre a aldea de Cornado hai un monte dedicado a explotaci\u00f3n forestal e gando, que destaca un tanto sobre a contorna; algunhas das s\u00faas abas, especialmente ao norte, son empinadas, e outras de descenso m\u00e1is lene [<a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=396&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.960019,-8.86307&#038;spn=0.013473,0.020556&#038;t=h&#038;z=16&#038;iwloc=00048628546f8dd377d3d\">localizaci\u00f3n<\/a>]. O espazo central est\u00e1 ocupado por un enorme pradairo. Pero cando comezamos a mirar, axi\u00f1a apareceron restos. Cando chegabas \u00e1 zona superior, perc\u00edbese un muro que, no sitio polo que hoxe se accede ao prado enorme, pega un xiro de 90\u00ba. O cami\u00f1o corta xusto a esquina dese antigo muro. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cornado_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>\u00daltimos restos perceptibles do valo direcci\u00f3n SO, desmontados antes e despois. <\/em><\/p>\n<p>Segu\u00edmolo -est\u00e1 cheo de maleza- primeiro en direcci\u00f3n SO. O muro, de terra, \u00e9 hoxe perceptible, pero cando chegamos a unha zona de intensa explotaci\u00f3n forestal, est\u00e1 practicamente arrasado, percib\u00edndose s\u00f3 alg\u00fans restos como o que vedes na foto. Baixo o muro, perc\u00edbese un lixeiro desmonte que debe delatar o sitio no que se quitou a terra do muro. E m\u00e1is adiante desaparece, posiblemente debido \u00e1 intensa actividade agropecuaria e \u00e1 febleza dos restos hoxend\u00eda. Mir\u00e1monos con d\u00fabidas. <\/p>\n<p>-Imos a ver do outro lado, do lado do cami\u00f1o de Santiago. Algo me d\u00e1 que debe ser m\u00e1is grande. <\/p>\n<p>Lembrei ese curioso patr\u00f3n que aparece en varios destes recintos, coma o Castro de San Marcos ou Castro Valente. Un lado preminente e outros non tanto. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cornado_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Parapeto direcci\u00f3n SE<\/em><\/p>\n<p>Entre chuvia, herbas e maleza que nos empapa ata os \u00f3sos, volvemos ao punto de partida e seguimos aqu\u00ed o muro. O que hoxe queda \u00e9 claramente un parapeto de terra, que segue en li\u00f1a recta en direcci\u00f3n SE ata que lle perdemos o rastro nun amoreamento de pedras. Este a\u00ednda hoxe segue a ter entidade de muro defensivo. <\/p>\n<p>Pero o que temos claro \u00e9 que isto non pode ser un castro. Demasiado grande, demasiado incontrolable. Non hai nada de cachote. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cornado_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Parapetos apreciables a simple vista<\/em><\/p>\n<p>As dimensi\u00f3ns do recinto, se nos atinximos \u00e1s zonas nas que se aprecian evidencias, son tam\u00e9n ben superiores \u00e1 media dos castros. Pero tam\u00e9n chamativas. Ao chegar \u00e1 casa, cos p\u00e9s a\u00ednda empapados -en Galicia non hai goretex que vala- tracei sobre o mapa e a mi\u00f1a memoria as ferramentas de delimitaci\u00f3n. O parapeto do SE d\u00e1me 140 metros cadrados de longo, e o do SO, ata onde lle podemos seguir o rastro, uns 240 metros de longo. Se proxectaramos o recinto dar\u00edanos m\u00e1is de 4 hect\u00e1reas de extensi\u00f3n, bastante m\u00e1is pequeno que Aloia e Castro Valente, pero a poboaci\u00f3n aqu\u00ed debeu ser tam\u00e9n moito m\u00e1is reducida&#8230;A\u00ednda as\u00ed, non creo que isto sexa un Castelo Baleiro. As dimensi\u00f3ns, por certo, te\u00f1en certo aquel coas do campamento romano de Cidadela, en Sobrado dos Monxes; a proporci\u00f3n do seu ancho \u00e9 similar (140 mets) se ben Cornado ten, cando menos, 70 mts, m\u00e1is de longo&#8230;e non digo m\u00e1is, porque non hai m\u00e1is que dicir. Non te\u00f1o referencias de cultura material al\u00ed. Non atopamos un miserable anaco de tella, pero aquel lugar est\u00e1 modificad\u00edsimo polo tempo e as s\u00faas infraestruturas nunca deberon ser moi durables. Coa chuvia, todos os vellos da aldea estaban a recochar no interior das casas. Quixemos preguntar pero s\u00f3 n\u00f3s andabamos a p\u00e9 pola Terra de Soneira e Negreira. <\/p>\n<p>Como curiosidade, quen queira, pode examinar a <em><a href=\"http:\/\/notitiadignitatum.iespana.es\/index.html\">Notitia Dignitatum<\/a><\/em>, un privilexiado documento redactado entre 395 d.C. e os inicios do s\u00e9culo V que cont\u00e9n unha relaci\u00f3n de cargos do ex\u00e9rcito imperial neses momentos. Buscade &#8220;In provincia Callaecia&#8221; e a ver se atopades algo curioso (non insinuo nada en relaci\u00f3n a Cornado, pero a\u00ed tedes algo curioso para matinar). <\/p>\n<p>Estamos desconcertados con Cornado. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Durante esta aventura cultural que \u00e9 a Rep\u00fablica dos Homes Libres, Brandomil deixounos pensando. Unha<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/05\/09\/republicas-de-homes-libres-un-lugar-chamado-cornado\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Rep\u00fablicas de Homes Libres: un lugar chamado Cornado<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":11069,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18,35],"tags":[],"class_list":["post-11066","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11066","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11066"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11066\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11069"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11066"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11066"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11066"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}