{"id":10963,"date":"2010-05-01T21:45:22","date_gmt":"2010-05-01T19:45:22","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=10963"},"modified":"2010-05-02T15:04:08","modified_gmt":"2010-05-02T13:04:08","slug":"unha-pedra-refrescante-no-castelo-da-albarina","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/05\/01\/unha-pedra-refrescante-no-castelo-da-albarina\/","title":{"rendered":"Unha pedra refrescante no Castelo da Albari\u00f1a"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelo_albarinha_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Na nosa procura de xacementos ubicados na \u00e9poca da Rep\u00fablica de Homes Libres, estamos seguindo un cami\u00f1o que pode dar moito de si: o Cami\u00f1o de Santiago a Fisterra -ese cami\u00f1o que despois foi Cami\u00f1o de Santiago pero que anteriormente debeu ser unha v\u00eda prerromana e unha v\u00eda secundaria da rede do Imperio romano. Un cami\u00f1o vello coma o mundo, entre vales espesos e monta\u00f1as ermas cheas de penedas. A\u00ednda que nin se ven nin est\u00e1n sinalizadas, este cami\u00f1o est\u00e1 inzado de fortalezas medievais e castros a ambas as d\u00faas beiras, dun xeito tan intenso que nos vai levar un tempo exploralas. Algunhas poder\u00edan responder \u00e1 Alta Idade Media, onde n\u00f3s pousamos os ollos. Outras te\u00f1en un lapso de tempo m\u00e1is grande, e pertencen m\u00e1is a outras \u00e9pocas. Pero te\u00f1en tam\u00e9n o seu interese. Por exemplo: o Castelo da Albari\u00f1a [<a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=396&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.932673,-8.794298&#038;spn=0.052661,0.132093&#038;t=h&#038;z=14&#038;iwloc=0004858db1bee125be91f\">localizaci\u00f3n<\/a>], un dos nomes locais do que no inventario de patrimonio da Xunta coma o Castelo de Bro\u00f1o (creo, hai que verificar un par de montes m\u00e1is da parroquia), en Negreira, e que tam\u00e9n se co\u00f1ece como Cot\u00f3n das Albari\u00f1as. O lugar est\u00e1 inventariado coma un castro, e foino, pero cunha <em> vida \u00fatil<\/em> superior: un castelo da Idade Media, pertencente aos Mari\u00f1o de Lobeira no territorio de Trast\u00e1mara e que os irmandi\u00f1os sa\u00eddos de Compostela remataron por tumbar. Unha pequena investigaci\u00f3n historiogr\u00e1fica seguramente nos ofrecer\u00eda unha imaxe m\u00e1is colorista deste bosque amurallado. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelo_brono.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Castelo de Bro\u00f1o ou de Albari\u00f1a, \u00e1 esquerda. Apreciade o tama\u00f1o e a visibilidade do parapeto exterior. <\/em><\/p>\n<p>O que hoxe se ve \u00e9 unha potente secuencia de parapetos que se deberon reforzar na Idade Media, camuflados no medio do bosque ata coroar unha zona superior, e apreciables desde o aire. \u00c9 moi grande. Par\u00e9cese moit\u00edsimo a outra fortaleza medieval moi especial, Alcobre, en Vila de Cruces, do que nunca cadrou de falarvos. Un paisano de Bro\u00f1o, o se\u00f1or Jos\u00e9 Brenlle, foi tan amable de levarnos polo castelo adiante e amosarnos algunhas das pequeni\u00f1as historias da memoria que, se non as transcribo aqu\u00ed, van acabar perdidas para sempre, t\u00e9mome. En especial, aquelas que nos \u00faltimos s\u00e9culos conectaron este lugar coa comunidade local. No alto do castelo houbo unha capela (que xa non se aprecia, a\u00ednda que hai unha plataforma sospeitosa) dedicada a Santa Mari\u00f1a. De feito, aos p\u00e9s da muralla a\u00ednda existe a fonte de Santa Mari\u00f1a. Pero, coma o se\u00f1or Jos\u00e9 Brenlle, emigrado en Bos Aires nos 50 nos veu cara de moito interese, levounos ata esta pedra: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelo_albarinha_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>Estaba ao car\u00f3n dun dos dous parapetos que se pod\u00edan apreciar nesta banda do castro-castelo. <\/p>\n<p>-Esta \u00e9 a Pedra da Pipa -d\u00edxonos o se\u00f1or Jos\u00e9. Inmediatamente pensei que haber\u00eda alg\u00fan petr\u00f3glifo cunha forma curiosa, pero non- un se\u00f1or da aldea no teleclube, mentres xogabamos a partida, explicoume un d\u00eda isto. \u00c1 bisavoa da mi\u00f1a bisavoa dix\u00e9ronlle que cando hab\u00eda romer\u00eda aqu\u00ed na ermida de Santa Mari\u00f1a sempre vi\u00f1a un carro cun pipote de vi\u00f1o. E met\u00edano aqu\u00ed debaixo da pedra para que estivera fresco todo o d\u00eda. <\/p>\n<p>Pareceume unha fermosa historia de microetnograf\u00eda sobre os costumes do vi\u00f1o. Imaxinei a chairi\u00f1a do car\u00f3n que, a xulgar pola referencia oral do vello, deb\u00edanos levar se cadra a finais do XVIII, aos labregos disfrutando baixo as \u00e1rbores e a croa da festa de Santa Mari\u00f1a. <\/p>\n<p>O se\u00f1or Brenlle subiu \u00e1 pedra m\u00e1is alta do castelo e sinaloume outros dous castelos que se controlaban con este. <\/p>\n<p>Moito hai que procurar, se\u00f1ores. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Na nosa procura de xacementos ubicados na \u00e9poca da Rep\u00fablica de Homes Libres, estamos seguindo&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/05\/01\/unha-pedra-refrescante-no-castelo-da-albarina\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Unha pedra refrescante no Castelo da Albari\u00f1a<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":10964,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-10963","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10963","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10963"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10963\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10964"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10963"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10963"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10963"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}