{"id":10793,"date":"2010-04-21T22:25:28","date_gmt":"2010-04-21T20:25:28","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=10793"},"modified":"2010-04-21T22:32:49","modified_gmt":"2010-04-21T20:32:49","slug":"parados","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/04\/21\/parados\/","title":{"rendered":"Parados"},"content":{"rendered":"<p>Sempre hai situaci\u00f3ns novas que non aprendes a reco\u00f1ecer, porque non se viviran intensamente antes.<\/p>\n<p>Nos \u00faltimos meses, amigos -de diferentes profesi\u00f3ns, pero especialmente vinculadas \u00e1 comunicaci\u00f3n no meu caso- e ex-alumnos foron entrando nunha inc\u00f3moda espiral de paro. Subsistindo merc\u00e9 ao subsidio da Seguridade Social -un contrarreloxo que non se det\u00e9n-, son xente emprendedora, xente que procura, formados, con vigor e que miran para adiante. Eles buscan nun lado e noutro, prep\u00e1ranse, estudan, fan chamadas, tiran de contactos. Pero non hai xeito. O seu n\u00famero \u00e9 cada vez maior. E aparecen nos sectores da t\u00faa vida que non agardas.<\/p>\n<p>Esas persoas viv\u00edan ata o momento ben ou mal. Mesmo os que estaban en situaci\u00f3n m\u00e1is precaria cando menos ingresaban a fin de mes. O m\u00e1is desacougante, polo que me contan, non \u00e9 que te collan nun traballo ou non; o dram\u00e1tico \u00e9 a sequ\u00eda, a ausencia evidente e perceptible de oportunidades. <\/p>\n<p>Non co\u00f1ec\u00eda algo que non sei definir, ao falar con eles: o silenzo excesivamente preocupado. No seu interior, d\u00e9bense estar cuestionando miles de cousas: a val\u00eda, o cambio de profesi\u00f3n, os erros e acertos da vida, a vida al\u00e9n do \u00faltimo mes de Seguridade Social -moitos s\u00f3 te\u00f1en alg\u00fans meses e est\u00e1n rematando. Moitas destas cousas non as pensar\u00edan se traballaran, pero agora, nun <em>impass<\/em> non desexado, e iso \u00e9 preocupante.<\/p>\n<p> Nese silenzo hai algo m\u00e1is, algo que asusta: o medo a non volver traballar, ou ao que pasar\u00e1. Moitos te\u00f1en trinta e poucos, pero non reco\u00f1ecen neste par\u00f3n un cambio na vida, sen\u00f3n un freazo, unha vida interrumpida. Coa madurez a\u00ednda incipiente dos trinta e poucos, e unha vida previa activa na sociedade, a resignaci\u00f3n a\u00ednda non existe. A maior parte deles est\u00e1n dispostos a reinventarse. Pero si se observa un certo medo. Tal cousa non ocorre, par\u00e9ceme, nos vinta\u00f1eiros cunha pequena experiencia laboral e as alas m\u00e1is anchas para volar \u00e1 emigraci\u00f3n, pero tam\u00e9n ves esoutra preocupaci\u00f3n nas s\u00faas caras. Unha preocupaci\u00f3n que non se atreve a preguntar o que quere preguntar: &#8220;\u00bfSer\u00e1 sempre as\u00ed, Manolo?&#8221;. <\/p>\n<p>Non podo deixar de preguntarme que pasa con esta sociedade que deixa de lado a xente de talento no periodo m\u00e1is intenso da s\u00faa vida profesional, malgastando esforzos que seguen a ser absolutamente necesarios nun pa\u00eds ao que a\u00ednda lle falta moito por desenvolver. E debera preocuparnos, a todos os que estamos por sorte desta beira do mercado laboral, traballar de m\u00faltiples xeitos para atoparlle a soluci\u00f3n a esta drenaxe que \u00e9 unha dram\u00e1tica perda econ\u00f3mica e social para o pa\u00eds. <\/p>\n<p>Preocupado canda eles, dan ga\u00f1as de abrazalos. De abrazalos e dicirlles, cr\u00e9ndoo completamente:<\/p>\n<p>-Non, isto vai cambiar. E ti estar\u00e1s no cambio. E imos atopar por onde.<\/p>\n<p>O seu problema \u00e9, lonxe de \u00e9ticas, un problema de todos n\u00f3s. Un problema real de Estado, pero sobre todo de comunidade e de cidadan\u00eda. E entre todos debemos resolvelo. <\/p>\n<p>Unha aperta moi grande, chea de agarimo, a todos os parados. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Sempre hai situaci\u00f3ns novas que non aprendes a reco\u00f1ecer, porque non se viviran intensamente antes.&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/04\/21\/parados\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Parados<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-10793","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10793","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10793"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10793\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10793"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10793"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10793"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}