{"id":1070,"date":"2006-05-26T00:09:52","date_gmt":"2006-05-25T22:09:52","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=1070"},"modified":"2006-05-26T00:24:36","modified_gmt":"2006-05-25T22:24:36","slug":"rivera-na-ribeira","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/05\/26\/rivera-na-ribeira\/","title":{"rendered":"Rivera na ribeira"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/2006\/05\/ciber_fundacioncaixa.jpg\" alt=\"\" \/><em><br \/>\nOrdenadores de acceso libre na Fundaci\u00f3n Caixa Galicia, A Coru\u00f1a<\/em><\/p>\n<p>Non foi sen tempo, pero aproveitamos o d\u00eda para visitar a expo de Diego Rivera na flamante sede da <a href=\"http:\/\/www.fundacioncaixagalicia.org\/\">Fundaci\u00f3n Caixa Galicia<\/a> na Coru\u00f1a e de paso, co\u00f1ecer con calma o novo edificio dese\u00f1ado por <a href=\"http:\/\/www.grimshaw-architects.com\/grimshaw\/launcher.html?in_projectid=\">Grimshaw<\/a> . O recinto \u00e9 un prodixio de luz, de metal e de madeira, insospeitadamente lixeiro a pesar da s\u00faa estreitura e cheo de algo que a min me gusta especialmente na arquitectura: os pequenos detalles, o recuperar o <strong>efecto sorpresa<\/strong> como t\u00e9cnica de di\u00e1logo que moita da arquitectura contempor\u00e1nea abandonara en favor do racionalismo.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/2006\/05\/escadas_fundacion_caixagalicia2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Un exemplo do efecto-sorpresa nas pasarelas semitransparentes que acceden \u00e1s salas de exposici\u00f3n<\/em><\/p>\n<p>As\u00ed que o edificio est\u00e1 cheo de pequenos detalles que emocionan, como tam\u00e9n o fai a exposici\u00f3n de <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Diego_Rivera\">Diego Rivera<\/a>. Te\u00f1o que dicir que non percorremos as salas dun xeito habitual, sen\u00f3n ao simult\u00e1neo a unha grea de meni\u00f1os de tres anos aos que unha animadora ensinaba como Rivera pintaba os seus lenzos. E al\u00ed pasou algo tan m\u00e1xico como por desgraza pouco usual para min: diante do maxistral retrato estilizado de Maudelle Bass, exhibindo a s\u00faa espidez africana como a exuberancia dun xard\u00edn amaz\u00f3nico, os meni\u00f1os sent\u00e1banse, cantaban, aprend\u00edan, aplaud\u00edan. Na more\u00ed\u00f1a de cativos, alg\u00fans de trazas asi\u00e1ticas, mulati\u00f1as, eslavas. O escenario portentoso ao redor de alta tecnolox\u00eda e madeira noble. E al\u00ed estaban todos expres\u00e1ndose, tan naturalmente, en galego.  Que estra\u00f1o me soaba, que fermoso, que rico. Dinme conta cun calafr\u00edo da riqueza da nosa sociedade, se un d\u00eda a maior parte dos nosos nenos pinchasen nas s\u00faas discotecas -ou o que usen cando cheguen ao seu tempo-, escribiran nos seus ordenadores, voasen nos seus avi\u00f3ns, recibiran outras obras mestras da pintura universal nesta lingua, e nesta lingua dixeran:<\/p>\n<p>&#8211;<em>Que fermoso \u00e9. Que fermosa es<\/em> -as\u00ed no o\u00eddo, de s\u00fapeto, aproveitando como vil excusa a visita a unha exposici\u00f3n de Gustav Klimt nesta mesma fundaci\u00f3n, dentro de vinte anos. <\/p>\n<p>Na \u00faltima sala contin\u00faan as emoci\u00f3ns. Al\u00ed est\u00e1n algunhas das \u00faltimas obras de Rivera, pintadas nunha casi\u00f1a de Acapulco, fronte ao mar, rec\u00e9n regresado da fallida curaci\u00f3n do seu cancro na URSS en 1956. Como exercicio relaxante, ao final da tarde, Rivera pintou unha serie de m\u00e1is de vinte solpores, cheos de mestr\u00eda, nostalxia, laranxas fermosos coma froitas. Pero o m\u00e1is sorprendente \u00e9 a recapitulaci\u00f3n que fai, que todos os vellos fan cando din:<\/p>\n<p>&#8211;<em>Lembro moito mellor a infancia que o que me pasou hai unha semana<\/em>.<\/p>\n<p>Iso vese nos oito solpores que est\u00e1n agora na Coru\u00f1a: non \u00e9 o \u00faltimo Diego Rivera, sen\u00f3n o primeiro, o que pinta eses cadros de senectude. O que viaxou a Francia e imitou o modernismo, o cubismo, o impresionismo, tragando paletas coma se foran vasos de whisky. O que aprendeu as t\u00e9cnicas b\u00e1sicas cos seus profesores da madrile\u00f1a Academia de San Carlos. O que fixo algunhas chuscas tentativas puntillistas. Al\u00ed, no momento da despedida. Os seus recordos eran, consciente ou non, t\u00e9cnicas que volv\u00edan dese feliz pasado mozo. <\/p>\n<p>Fermoso paseo polo home dos ollos de sapoconcho.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ordenadores de acceso libre na Fundaci\u00f3n Caixa Galicia, A Coru\u00f1a Non foi sen tempo, pero&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/05\/26\/rivera-na-ribeira\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Rivera na ribeira<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1068,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-1070","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1070","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1070"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1070\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1068"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1070"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1070"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1070"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}