{"id":1067,"date":"2006-05-24T21:18:12","date_gmt":"2006-05-24T19:18:12","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=1067"},"modified":"2006-05-26T00:20:12","modified_gmt":"2006-05-25T22:20:12","slug":"o-bet-falastin-e-as-lendas-urbanas-contemporaneas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/05\/24\/o-bet-falastin-e-as-lendas-urbanas-contemporaneas\/","title":{"rendered":"O Bet Falast\u00edn e as lendas urbanas contempor\u00e1neas"},"content":{"rendered":"<p>Todo o mundo pensa que Santiago de Compostela \u00e9 unha cidade con moitas lendas. Que ve\u00f1a coa Traslaci\u00f3n do Ap\u00f3stolo, a Ra\u00ed\u00f1a Lupa, o bispo Xelm\u00edrez ou os t\u00faneis de baixo o Obradoiro! Vale, vale! Pero se cadra tam\u00e9n haber\u00eda que incorporar ao imaxinario p\u00fablico algunha das numerosas lendas contempor\u00e1neas, que son as que nos inventamos no d\u00eda a d\u00eda. <\/p>\n<p>As lendas contempor\u00e1neas de Compostela, a diferenza das vellas lendas, non se escreben en pergameos nin se contan na invern\u00eda ao car\u00f3n da careira, sen\u00f3n tomando un descafeinado de m\u00e1quina, \u00e1s 11:30 da ma\u00f1\u00e1, e nos 15 minutos de caf\u00e9 establecidos e perfectamente regulados no convenio laboral. <\/p>\n<p>Durante os 90 unha lenda urbana moi de moda en Santiago era a da visita secreta de Yasir Arafat. Chegaba un enteirado onda ti e dic\u00eda:<\/p>\n<p><em>-Sabes que onte pola noite estivo Arafat en Santiago ceando no Vilas. De inc\u00f3gnito<\/em> -esta \u00faltima frase remarcada cunha negri\u00f1a oral.<\/p>\n<p>Que a finais dos 90 vi\u00f1a a ser como dicir Maxim\u2019s, salvando distancias. O lugar onde te\u00f1en batido con gusto a queixada Xo\u00e1n Paulo II, Helmut Kohl ou Fidel. Por suposto, o dato colorista do Vilas era importante, pero non definitivo. O remate da historia vi\u00f1a despois dun silenzo intermedio. O enterado mir\u00e1bache abrindo moito os ollos e cun amplo sorriso de satisfacci\u00f3n. E a\u00ed chegaba o quid da lenda urbana contempor\u00e1nea:<\/p>\n<p>&#8211;<em>E comeu lac\u00f3n con grelos<\/em> \u2013conclu\u00edanse, disfrutando do segredo da confidencia e da incongruencia relixiosa do l\u00edder palestino. Porque esa era a moralexa: os vellos estereotipos das lendas de mouros e cristi\u00e1ns, mil anos despois. <\/p>\n<p>Nunca souben a veracidade do conto, que ti\u00f1a toda a pinta de ser pouca, pero como todas as lendas, conta cunha orixe verdadeira. No noso caso, o feito de que un dos cidad\u00e1ns m\u00e1is atesourados da cidade sexa Ghaleb Ghaber Ibrahim, un empresario de orixe palestina con <a href=\"http:\/\/www.araguaney.com\/grupo\/ver.asp?id=24\">abundantes negocios<\/a> na hostelar\u00eda, no sector inmobiliario e no audiovisual na cidade compostelana e no resto do Estado. Ghaleb \u00e9 un decidido activista da causa palestina e de tender pontes entre a cultura galega e a musulmana do Mediterr\u00e1neo Oriental. Un dos seus negocios en Santiago \u00e9 o <a href=\"http:\/\/www.araguaney.com\/betfalastin\/\">Restaurante Bet Falast\u00edn<\/a> (Rep\u00fablica Argentina, 5, 981 57 54 45), un espazo tem\u00e1tico dedicado \u00e1 comida tradicional palestina. <\/p>\n<p>Nada m\u00e1is entrar, un se d\u00e1 conta do especial lugar no que se atopa. Un gran tapiz representando a Xerusal\u00e9n parece repetir continuamente a vella demanda palestina sobre a cidade santa. A camareira leva un pin da liberaci\u00f3n de Palestina. Algunhas postais tam\u00e9n defenden a causa. O restaurante ofrece un sabroso percorrido pola comida palestino-libanesa a un prezo moderado (25$), especialmente pensado como un apret\u00f3n de mans de benvida, ou unha carta de invitaci\u00f3n. Non hai un risco especial, pero o percorrido, se un escolle a carta de degustaci\u00f3n \u00e9 equilibrado, abundante, sabros\u00edsimo. Polo, a\u00f1o, humus, falafel, tabule liban\u00e9s, pan de pita \u2013desculpa non anotar todos os nomes tradicionais, pecadi\u00f1o dunha noite especialmente vaga e distendida-, vexetais, prebes, cusc\u00fas, unha fervenza de sabores riqu\u00edsimos e a oportunidade de volver probar vi\u00f1os do Val de Kebaa, no L\u00edbano. A\u00ed estaba o Ch\u00e2teau Kefraya, por exemplo, de primitiva artesan\u00eda en\u00f3loga pero cunha rica perspectiva \u00e1rabe, que molduraba unha desinhibida explosi\u00f3n de sabores laterais especiados, at\u00edpicos nos vi\u00f1os do noso continente pero coherentes nesta fermosa comida de sabores e aromas. O postre era un tanto estra\u00f1o: unhas nati\u00f1as con auga de rosas que saturaban ao pouco pero cun sabor inconfund\u00edbel e moi agrad\u00e1bel.  <\/p>\n<p>-O \u00fanico problema que ten esta comida \u2013comenta un- \u00e9 que non podo irme a cama xusto despois. Ch\u00e9ganme so\u00f1os raros e p\u00e1some toda a noite enganchado nalgunha historia.<br \/>\n-Ser\u00e1 a vinganza de Saladino \u2013contestou outro.<\/p>\n<p>As lendas, \u00e1 fin e ao cabo, sempre volven. O Gourmet, por certo, ten unha <a href=\"http:\/\/www.blogger.com\/comment.g?blogID=11230390&#038;postID=111442601073772376&#038;isPopup=true\"> detallada cr\u00f3nica<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Todo o mundo pensa que Santiago de Compostela \u00e9 unha cidade con moitas lendas. Que&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/05\/24\/o-bet-falastin-e-as-lendas-urbanas-contemporaneas\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O Bet Falast\u00edn e as lendas urbanas contempor\u00e1neas<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7],"tags":[],"class_list":["post-1067","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1067","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1067"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1067\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1067"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1067"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1067"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}