{"id":10662,"date":"2010-04-15T00:14:07","date_gmt":"2010-04-14T22:14:07","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=10662"},"modified":"2010-04-16T17:48:01","modified_gmt":"2010-04-16T15:48:01","slug":"brandomil-a-aldea-fundida","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/04\/15\/brandomil-a-aldea-fundida\/","title":{"rendered":"Brandomil: mergull\u00e1ndonos na procura da vila afundida"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/brandomil_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O que sempre me preocupa dos cami\u00f1os \u00e9 onde van parar. Se sodes afeccionados a cami\u00f1ar polo monte, seguramente xa vos decatariades coma min de que, \u00e1s veces, non hai final. Os cami\u00f1os desaparecen no medio dun prado, ou nun bosque. Consecuencias de cami\u00f1alos cando xa foron abandonados e aprenden a desaparecer no medio dos penedos porque os sitios aos que levan, moitas veces, xa non existen, ou est\u00e1n a piques de esfumarse. <\/p>\n<p>Como dic\u00eda o outro d\u00eda, observando o mundo desde o <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2010\/04\/12\/o-bico-do-castelo-grande-a-fortaleza-dos-humildes-tesouros-agachados\/\">Bico do Castelo Grande<\/a>, decat\u00e1monos de que, m\u00e1is que controlar o mar, aquel castelo deb\u00eda defender un cami\u00f1o que sub\u00eda val enriba e, doadamente, entraba nas Terras de Soneira. Ollei os mapas con calma e comezaron a aparecer cousas. En li\u00f1a recta, case polo mellor itinerario posible entre as suaves lombas de Mazaricos, atop\u00e1monos un lugar. Un lugar polo que te\u00f1o pasado ducias de veces, sen determe nunca m\u00e1is que a ver a ponte: Brandomil. Esta aldea de top\u00f3nimo pondaliano f\u00edxome lembrar. Consultei o monumental <em>Miliarios e outras inscrici\u00f3ns viarias romanas do noroeste hisp\u00e1nico<\/em>, de Antonio Rodr\u00edguez Colmenero e Santiago Ferrer Sierra (<a href=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/biblioteca_detalle.php?id=175\">descarga en PDF<\/a>) e outra vez, deume a risa. Brandomil. Unha mansio, un lugar de parada no <em>stadia<\/em> CLXXX dunha v\u00eda romana lendaria en Galicia: a v\u00eda XX <em>per loca maritima<\/em>. E non un lugar calquera. Nun informe creo que non publicado, esa alde\u00ed\u00f1a actual foi no seu momento un <a href=\"http:\/\/arqueologiaypatrimonio.blogspot.com\/2008\/02\/brandomil-acoge-uno-de-los-grandes.html\">importante centro urbano que ocupaba 27 hect\u00e1reas<\/a>. M\u00e1is abaixo no post o ides ver por v\u00f3s mesmos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/grandimiro.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Grandimiro \/ Brandomil na suposta v\u00eda XX. <\/em><\/p>\n<p>Todo historiador afeccionado local deste pa\u00eds que se precie ten que tentar ubicar no seu concello alg\u00fans dos seguintes monumentos perdidos: o Monte Medulio, as Aras Sestianas e a v\u00eda per loca maritima. Hai non moito estiven nunhas xornadas de historia local nas que unha afeccionada irada lle dic\u00eda a un enxe\u00f1eiro de cami\u00f1os interesado na Historia: &#8220;si, si, moita teor\u00eda pero non nos di por onde pasaba a <em>per loca maritima<\/em>!!!&#8221;. Poucas veces te\u00f1o visto peor recriminaci\u00f3n a algu\u00e9n! A Per Loca Mar\u00edtima esperta aut\u00e9nticas paix\u00f3ns: saca o mellor e o peor que un leva dentro. Miren se non <strong><a href=\"http:\/\/www.celtiberia.net\/articulo.asp?id=2374#comentarios\">este impresionante f\u00edo de 1200 comentarios<\/a><\/strong> en celtiberia.net ao respecto. <\/p>\n<p>\u00bfQue ti\u00f1a que ver Brandomil co Bico do Castelo Grande? Aparentemente nada. Pero repasamos a contorna e, de s\u00fapeto, revisando os mapas da \u00e1rea, atopamos varios top\u00f3nimos <em>castelo<\/em> beireando ese cami\u00f1o. Castelos que non estaban en ubicaci\u00f3ns elevadas, sen\u00f3n no medio do val, como controlando o paso. Acheg\u00e1monos ata Brandomil &#8211; Grandimiro. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/brandomil_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Reportaxe gr\u00e1fico: Sole<\/em><\/p>\n<p>Quen te\u00f1a pasado por Brandomil -por exemplo, cando vas de Negreira a Fisterra-, seguramente ter\u00e1 apreciado a fermosa ponte do XVI que adianta a pequena aldea que v\u00e9n despois. Pasando co coche, mesmo parando na ponte, a aldea \u00e9 unha m\u00e1is entre tantas da terra de Soneira e os interiores galegos. Pero o bonito, o realmente interesante de Brandomil, \u00e9 comezar a mirar en serio. A mirar os detalles. E hab\u00eda moitos.<\/p>\n<p>Esa tarde falamos en Brandomil cunhas seis ou sete persoas, como Mercedes, esta vella de 79 anos que inicia o post, vestida co atributo tradicional de Soneira, unha das poucas terras do pa\u00eds na que as mulleres a\u00ednda visten nun peculiar estilo tradicional, caracterizado polo sombreiro ancho e o pelo recollido cun pano negro embaixo. Cando lles preguntabamos polo pasado da aldea, todos, Mercedes, respond\u00edan:<\/p>\n<p>-Miren, este \u00e9 un <em>pobo afundido<\/em>. <\/p>\n<p>Ao principio non sab\u00eda que quer\u00edan dicir exactamente. Imaxin\u00e1bamo, pero non era capaz de visualizalo. Lembr\u00e1bame \u00e1s vellas lendas da lagoa do Carregal, en Corrubedo, baixo as que est\u00e1 afundida a cidade de Valverde. Pero al\u00ed estabamos no interior. E m\u00e1is abaixo nac\u00eda o encoro da Fervenza, pero de a\u00ed a estar afundido&#8230;<\/p>\n<p>Est\u00e1 afundido. Garant\u00edzovolo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/brandomil_8.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A terra chea de obxectos do pasado das leiras de Brandomil<\/em><\/p>\n<p>Estas xentes dan unha patada e saltan materiais arqueol\u00f3xicos. Cargan carretas de terra dos seus agros nas que van tegulas romanas enteiras, que guindan para os recheos. Esta xente descansa, \u00e1 porta das casas, en columnas imperiais. E coloca macetas en aras a deuses ind\u00edxenas. Esta xente vive sobre o seu propio pasado, s\u00e1beo, convive con iso. E todo, todo est\u00e1 a\u00ed. Este lugar \u00e9 un dos grandes desco\u00f1ecidos da arqueolox\u00eda galega. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/brandomil_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/brandomil_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O castro e a s\u00faa muralla. Apreciade na segunda foto o (bo) estado no que se atopa o parapeto, unicamente algo derrubado e, <b>moi importante<\/b>, o parapeto de terra detr\u00e1s. <\/em><\/p>\n<p>Vaian, por exemplo, ao castro, ao car\u00f3n da aldea. O seu potente parapeto nace xusto sobre a vella ponte. Dentro, unha croa circular que, se un examina con detalle, sorprende. Forrando ao cl\u00e1sico parapeto de terra da Segunda Idade do Ferro, pero literalmente, forrando, aparece a muralla de pedra. Na parte de atr\u00e1s, a muralla faise m\u00e1is grosa, aparecen trazas dun foxo colmado e unha enorme acumulaci\u00f3n de pedras -a\u00ednda conservada, para a mi\u00f1a sorpresa- indica o lugar no que deb\u00eda estar a porta, se cadra monumental. Enormes tellas caen desa muralla de pedra, e os cami\u00f1os saen de al\u00ed. Cheira a necr\u00f3pole. Outro d\u00eda buscar\u00e9mola. Pero -e isto \u00e9 o interesante- o castro parece ser parte do aglomerado urbano. Sen d\u00fabida, unhas boas excavaci\u00f3ns permitir\u00edannos saber moit\u00edsimo sobre a relaci\u00f3n entre a cultura romana e a castrexa. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/brandomil_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Por congostras e h\u00f3rreos entramos na aldea. Aqu\u00ed e al\u00f3 atopamos restos romanos, monumentais, pero de gran tenrura ao mesmo tempo. \u00c9 arte provincial, imitando os estilos gloriosos do Imperio, pero de escola reco\u00f1eciblemente m\u00e1is r\u00fastica. Grandimiro, a <em>mansio<\/em> chea de funcionarios imperiais consagrados \u00e1 explotaci\u00f3n das numerosas minas da contorna, nost\u00e1lxicos das s\u00faas cidades orixinais. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/brandomil_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/brandomil_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/brandomil_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/brandomil_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A esquina da igrexa \u00e9 unha ara convertida en maceteiro. Na casa do m\u00e9dico aparecen miliarios anep\u00edgrafes. E noutra casa enfronte da igrexa congr\u00e9ganse unha sorte de p\u00eda bautismal -non creo que sexa romana- pero apoiada sobre unha ara embaixo! Se seguimos cami\u00f1ando, atopamos mu\u00ed\u00f1os, e mesmo capiteis romanos que son un bo descanso despois do duro traballo no agro no ver\u00e1n. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/brandomil_10.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Pavimentos dunha habitaci\u00f3n baixo o campo de millo. <\/em><\/p>\n<p>A amable propietaria do agro vainos explicar por que Grandimiro \/ Brandomil \u00e9 unha <em>aldea afundida<\/em>. O seu rico agro de millo ten sepultado algo abraiante. Nun corte da estrada foi onde excavaron os arque\u00f3logos. O millo pr\u00e1ntase a m\u00e1is de dous metros de altura. Pero cortados pola estrada, vemos embaixo unha secci\u00f3n da vida coti\u00e1 da \u00e9poca imperial. Aparecen pavimentos dun balneario, r\u00faas, muradas e casas, apareceron bases de columnas porticadas -que algu\u00e9n roubou pola noite, denuncian os veci\u00f1os. Todo iso, medrando embaixo do millo, e al\u00ed o vemos, todas as casas, ollando al\u00f3 embaixo para o Xallas que aqu\u00ed baixa calmo e vizoso.<\/p>\n<p>En Brandomil as fermosas pedras do pasado fanse fermosas pedras do presente, convert\u00edndose en obxectos coti\u00e1s dos labregos, para o seu desfrute -e a min, a verdade, non me parece mal. Vaian saber que tesouri\u00f1os -pendentes, pulseiras, tesouri\u00f1os de moedas- gardan as avoas de Brandomil baixo as s\u00faas camas, esperando a deixarllas \u00e1s netas que a\u00ednda permanezan na aldea, ou agach\u00e1ndoas para sempre tras de lareiras xa abandonadas. <\/p>\n<p>A pr\u00f3xima vez que pasedes por Brandomil cami\u00f1o de Fisterra, mirade ao voso redor. Al\u00ed existiu, durante catro ou cinco s\u00e9culos, un pequeno -non tan pequeno- e provinciano espello do maior imperio do planeta. \u00bfQue relaci\u00f3n ten a Rep\u00fablica de Homes Libres? Hai que tomala con calma, por agora. Moito nos queda por pasear ao redor de Brandomil, antes de sabelo. <\/p>\n<p>Non deixa de ser unha sorte de brincadeira que Eduardo Pondal chamara Brandomil a un dos seus heroes castrexos po\u00e9ticos, o bravo guerreiro soterrado no veci\u00f1o dolmen da Arca da Piosa: xusto foi escoller o pobo m\u00e1is romanizado da comarca. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O que sempre me preocupa dos cami\u00f1os \u00e9 onde van parar. Se sodes afeccionados a&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/04\/15\/brandomil-a-aldea-fundida\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Brandomil: mergull\u00e1ndonos na procura da vila afundida<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":10695,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18,35],"tags":[],"class_list":["post-10662","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10662","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10662"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10662\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10695"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10662"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10662"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10662"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}