{"id":10641,"date":"2010-04-13T00:47:53","date_gmt":"2010-04-12T22:47:53","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=10641"},"modified":"2010-04-15T00:15:45","modified_gmt":"2010-04-14T22:15:45","slug":"casa-marcial-a-recompensa-dun-acto-de-fe-gastronomica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/04\/13\/casa-marcial-a-recompensa-dun-acto-de-fe-gastronomica\/","title":{"rendered":"Casa Marcial: a recompensa dun acto de fe gastron\u00f3mica"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/casa_marcial_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Na Asturias dos sabores contundentes de pota, dos sabores suculentos, hai un l\u00f3xico espazo tam\u00e9n para a innovaci\u00f3n, \u00e9 m\u00e1is, debera haber unha enorme canteira. Hai tempo que lle ti\u00f1a moitas ga\u00f1as a un dos coci\u00f1eiros m\u00e1is innovadores da rexi\u00f3n: Nacho Manzano. Rexenta un co\u00f1ecido establecemento nunha alde\u00ed\u00f1a de Arriondas (preto de Cangas de On\u00eds), <a href=\"http:\/\/www.casamarcial.com\/\">Casa Marcial<\/a> [T: 985840991 \/ <a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=396&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=43.417767,-5.19207&#038;spn=0.056172,0.074072&#038;t=h&#038;z=14\">localizaci\u00f3n<\/a>], ao que recentemente lle outorgaron a segunda estrela Michel\u00edn, convert\u00e9ndose no m\u00e1is <em>michelinizado<\/em> de Asturias. Como ao cliente lle encanta <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2009\/04\/02\/factores-para-triunfar-na-gastronomia-popular-galega\/\">enfatizar o factor QP\u2122<\/a> cando vai aos restaurantes, \u00e9 posible que vexades un mont\u00f3n de cr\u00f3nicas na rede destacando o remoto que \u00e9 o lugar. Flipadas. Para un galego, o restaurante est\u00e1 nun sitio bastante pr\u00f3ximo ao casco urbano, a uns 10 minutos de Arriondas e, iso si, cunhas vistas de impresi\u00f3n, <em>verbigratia<\/em>: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/casa_marcial_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>En Casa Marcial reprod\u00facese o esquema que tam\u00e9n se pode apreciar en Casa Gerardo (Prendes). Hai unha opci\u00f3n tradicional -baseada na pota e no receitario tradicional- e outra innovadora. Os restaurantes viven esta curiosa dualidade que parecen levar bastante ben. No pequeno comedor do restaurante as mesas pediron algunhas o men\u00fa tradicional (picadillo con tortos de millo, a fabada, o <em>pitu de caleya con arroz<\/em>&#8230;, a 45 euros+IVE, e ti\u00f1a toda unha pintaza) e un n\u00famero similar decidimos optar pola versi\u00f3n innovadora, o men\u00fa gastron\u00f3mico (80 euros + IVE). Unha opci\u00f3n intermedia era o men\u00fa de cl\u00e1sicos, nos que Manzano prop\u00f3n alg\u00fans dos pratos que marcaron a s\u00faa evoluci\u00f3n en Casa Marcial, e que sae, non lembro ben, por 55+IVE. <\/p>\n<p>A coci\u00f1a de Nacho bas\u00e9ase no mar, na horta e nos r\u00edos: aguacates, porros, morros con verduras, salmonetes, salm\u00f3n, peixes do d\u00eda&#8230;elaboraci\u00f3ns lixeiras pero moitas veces suculentas e cun importante selo persoal no uso das hortalizas que se agradece. \u00c9 coci\u00f1a con moito do seu contorno, pero tam\u00e9n co emprego desenfadado de produtos doutras tradici\u00f3ns destinados a ofrecer un xantar confortable e de altura. Acompa\u00f1\u00e1molo cun excelente branco de Sancerre, no Loira, un Domaine Leflaive 2007 que achegaba o necesario punto de acidez que apetece cos peixes, engad\u00edndolle esa curiosa complexidade mineral, case petroleada que outorga a chardonnay por aquelas terras; a s\u00faa evoluci\u00f3n nunha longa comida presta moi ben en men\u00fas degustaci\u00f3n. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/casa_marcial_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Vieira con touci\u00f1o ib\u00e9rico e algas<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/casa_marcial_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Porros novos con cenorias da horta, espinafres e maionesa de cocido. A maionesa de cocido espectacular, pero todo o prato era suculencia vexetal. <\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/casa_marcial_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Salmonete asado, con ali oli dos seus figadi\u00f1os e cardo vermello encurtido<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/casa_marcial_6.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Morros de tenreira con verduras. Un prato absolutamente larpeiro ata sentir pudor dun mesmo. Como di un amigo: &#8220;case me vou confesar porque isto ten que ser pecado&#8221;<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/casa_marcial_7.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Salm\u00f3n morno con coliflor espumossa e en cuscus, patacas \u00e1 grella e follas afumadas. Nivel\u00f3n. <\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/casa_marcial_8.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O peixe do d\u00eda (agora mesmo, unha menos cuarto da ma\u00f1\u00e1, non lembro cal \u00e9, acepto suxesti\u00f3ns)<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/casa_marcial_9.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Veado. Criminal: a carne era aut\u00e9ntica manteca. Para repetir. <\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/casa_marcial_10.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Cremoso de aguacate con lim\u00f3n e caf\u00e9. Outro dos puntos grandes do men\u00fa. <\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/casa_marcial_11.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Sacher con amorodos.<\/em> <\/p>\n<p>Un detalle curioso, a nivel persoal \u00e9 o seguinte: buscando informaci\u00f3n de Asturias, atopeime con numerosos comentarios negativos en blogs e redes sociais sobre Casa Marcial, que despois mesmo algunha xente me repetiu de xeito oral: decepci\u00f3n cos pratos, lentitude co servizo, mala execuci\u00f3n, restaurante baleiro, eu que sei. Fix\u00e9ronme dubidar. Pero xa non era a primeira vez que prefer\u00eda guiarme polo meu instinto a seguir os comentarios que aparec\u00edan por a\u00ed e tach\u00e1n. Non atopei -e a\u00ednda os busquei- ning\u00fan dos defectos que lle achacaban. Ou n\u00f3s somos moi conformistas ou a xente&#8230;non sei. A\u00ednda lembro aqueles comentarios en Verema dicindo que en Arzak as mesas estaban &#8220;moi xuntas&#8221; (\u00a1que barbaridade!). Se cadra por iso mesmo, por ese acto de fe antes de decidir gastar o di\u00f1eiro nun longo men\u00fa degustaci\u00f3n, o xantar en Casa Marcial, nun bonito d\u00eda de antes da primavera, prestoume de marabilla. <\/p>\n<p><strong>Postpost:<\/strong> outra an\u00e9cdota persoal. O mal que conduce un ex-vicepresidente do Goberno chamado \u00c1lvarez-Cascos, non sei se vos soa. Tras terme que manter a distancia prudencial nel na estrada de subida, cando coincidimos, case me casca un faro do coche ao manobrar para meterse ao aparcamento, bot\u00e1ndolle eu bocinazos no mellor estilo atasco en hora punta. Non chegamos \u00e1s mans nin os cristais ao asfalto. :-)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Na Asturias dos sabores contundentes de pota, dos sabores suculentos, hai un l\u00f3xico espazo tam\u00e9n&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/04\/13\/casa-marcial-a-recompensa-dun-acto-de-fe-gastronomica\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Casa Marcial: a recompensa dun acto de fe gastron\u00f3mica<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":27707,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,7],"tags":[],"class_list":["post-10641","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10641","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10641"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10641\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/27707"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10641"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10641"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10641"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}