{"id":1061,"date":"2006-05-23T23:55:33","date_gmt":"2006-05-23T21:55:33","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=1061"},"modified":"2006-05-23T23:57:05","modified_gmt":"2006-05-23T21:57:05","slug":"1061","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/05\/23\/1061\/","title":{"rendered":"De viaxe con Her\u00f3doto"},"content":{"rendered":"<p>Ryszard Kapu\u015bci\u0144ski comezou no xornalismo elaborando pequenas cr\u00f3nicas de problemas locais en alde\u00ed\u00f1as soterradas no medio de Polonia. Un d\u00eda, perdido no l\u00edmite oriental do pa\u00eds, e cami\u00f1ando pola franxa des\u00e9rtica e boscosa que separaba  Polonia de Alema\u00f1a, sentiu a necesidade de <em>cruzar a fronteira<\/em>. O destino d\u00e1balle igual: na escura Varsovia de posguerra e tel\u00f3n de aceiro a fronteira era algo distante e, na pr\u00e1ctica, un espazo boscoso e des\u00e9rtico que separaba dous sistemas e d\u00faas visi\u00f3ns do mundo. O seu era a pura curiosidade pola percepci\u00f3n. Un d\u00eda comentoulle a s\u00faa arela \u00e1 redactora xefe. <\/p>\n<p>Non tardaron moito en envialo \u00e1 India, como correspondente especial. \u00a1Esa foi a primeira fronteira que cruzou! Baixo o brazo, levaba un agasallo da xefa: a <a href=\"http:\/\/www.nodo50.org\/arevolucionaria\/articulos2\/Herodoto.htm\">Historia de Her\u00f3doto<\/a>. Ese libro acompa\u00f1ar\u00edao toda a s\u00faa vida, en boa parte das s\u00faas viaxes por \u00c1frica e Asia. Agora, Kapuscinski recrea nun desenfadado e sincero libro outonal como Her\u00f3doto se converteu no seu compa\u00f1eiro de viaxe, hist\u00f3rico e real, ata o extremo de ler, reler, esfrangullar o seu texto. <\/p>\n<p>O volume, <a href=\"http:\/\/www.casadellibro.com\/fichas\/fichabiblio\/0,1094,2900001113928,00.html?codigo=2900001113928\">Viaxes con Her\u00f3doto<\/a>, \u00e9 tan estra\u00f1o que non hai xeito de clasificalo: ent\u00e9ndeo coma reportaxe, coma ensaio, coma memorias, coma transcrici\u00f3n. As voces de Her\u00f3doto e de Kapucinski vanse sucedendo en historias separadas por dous mil cincocentos anos de perspectiva. Pero as percepci\u00f3ns son similares. Her\u00f3doto f\u00edxose moitas preguntas, viaxou moito para comprobar os feitos e elaborou un detallad\u00edsimo libro. Kapucinski chega despois e contin\u00faa fac\u00e9ndoas, sen deterse. Preguntas b\u00e1sicas, inmediatas, que buscan comprender a realidade cunha curiosidade insaci\u00e1bel. Nada de pedanter\u00eda. De s\u00fapeto, xorde entre as li\u00f1as unha lecci\u00f3n de xornalismo. Preguntar o esencial. <\/p>\n<p>E as escenas. \u00bfComo consegue Kapuscinski tecer un pa\u00eds, unha percepci\u00f3n, en tan poucas li\u00f1as? De s\u00fapeto at\u00f3pase con Louis Armstrong na terraza do hotel de Khartum: o m\u00fasico coas carnes desfeitas. Ou os desprazados mov\u00e9ndose tribalmente, como pantasmas errantes, no Congo, co \u00fanico refuxio da multitude, trala independencia. Os pobres nas r\u00faas de Calcuta. O taxista et\u00edope co que s\u00f3 emprega d\u00faas frases: \u201c<em>Problem? \/ No problem<\/em>\u201d. O hermetismo chin\u00e9s. O primeiro Festival de Teatro do Mundo Negro en Senegal. O golpe de estado de Bumedi\u00e9n en Arxel. Ata que irrompe a guerra entre Xerxes e os atenienses, ou a derrota de Creso, ou a de Dar\u00edo contra os escitas. Viaxamos no texto e no espazo e o escritor conv\u00e9rtese en comentarista radiof\u00f3nico disfrutando sen rubor de copiar as frases, de completalas coas s\u00faas propias apreciaci\u00f3ns, fundamentalmente coloristas, en ton de cr\u00f3nica, benefici\u00e1ndose da subxectividade do eu estiven al\u00ed. Kapuscinski aprov\u00e9itase das nosas referencias e voa sobre os acontecementos, enfocando con lupa os feitos decisivos para a s\u00faa viaxe en parella.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ryszard Kapu\u015bci\u0144ski comezou no xornalismo elaborando pequenas cr\u00f3nicas de problemas locais en alde\u00ed\u00f1as soterradas no&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/05\/23\/1061\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">De viaxe con Her\u00f3doto<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-1061","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1061","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1061"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1061\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1061"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1061"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1061"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}