{"id":10595,"date":"2010-04-12T23:56:58","date_gmt":"2010-04-12T21:56:58","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=10595"},"modified":"2010-04-13T09:27:29","modified_gmt":"2010-04-13T07:27:29","slug":"o-bico-do-castelo-grande-a-fortaleza-dos-humildes-tesouros-agachados","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/04\/12\/o-bico-do-castelo-grande-a-fortaleza-dos-humildes-tesouros-agachados\/","title":{"rendered":"O Bico do Castelo Grande: a fortaleza dos humildes tesouros agachados"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bico_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>A\u00ed est\u00e1 o Bico do Castelo Grande [<a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=396&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.829496,-8.977311&#038;spn=0.007089,0.009259&#038;t=h&#038;z=17\">localizaci\u00f3n<\/a>], en Esteiro (Muros) para complicarnos algo m\u00e1is as cousas. Abre novos desaf\u00edos e novos retos. E \u00e9 un lugar algo perigoso para explorar, no sentido f\u00edsico do termo. Se algu\u00e9n paseara por al\u00ed sen estar disposto a arriscarse choutando entre penedos, desliz\u00e1ndose entre fisgas, amarrado entre pedras e precipicios, posiblemente non ver\u00e1 nada. Os tesouros deste lugar -as evidencias de que esta cresta gran\u00edtica foi ocupada militarmente- est\u00e1n agochados. E hai que estar disposto -de xeito f\u00edsico- a atopalos. Aqu\u00ed cho conto. <\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>Ubicado nunha dorsal que cae ata o R\u00edo Maior, a este lugar ch\u00e9gase baixando por unha pista do parque e\u00f3lico de Gamesa. Cabo dun pouco de cami\u00f1o comezas a ver que o cami\u00f1o polo que andas est\u00e1 ancheado, como para permitir o paso m\u00e1is doado dos carros. E, de s\u00fapeto, os penedos comezan a abundar. E entre eles, aparece un paso natural. \u00bfNatural? S\u00f3 en parte. Ao entrarmos ollamos con sorpresa que al\u00ed, no seu tempo, debeu haber unha robusta porta. Buscamos con curiosidade m\u00e1is restos ao car\u00f3n. Pero nada, non hai muralla. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bico_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A porta de acceso<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bico_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Calzo para o port\u00f3n de entrada. <\/em><\/p>\n<p>Ao entramos no recinto, aquelo pinta raro. Malia a toxeira estar moi alta, aquelo \u00e9&#8230;grande de m\u00e1is. Penedos enormes separados entre si como peiteados, pero non se ve, entre a enorme maleza, ningunha estrutura. Aparece un manancial de auga (ben), pero seguimos andando. Seguimos andando trescentos metros, si, trescentos, ata que chegamos ao que \u00e9 o Bico. David -que xa estivo de avanzada uns d\u00edas antes- gu\u00edanos por tel\u00e9fono. <\/p>\n<p>-Seguide o cami\u00f1o ata que beireedes os penedos enormes. E logo veredes que o cami\u00f1o remata nunha enorme ca\u00edda.<br \/>\n-\u00bfE logo?<\/p>\n<p>Silencio do outro lado da li\u00f1a. <\/p>\n<p>-E logo&#8230;subides. <\/p>\n<p>Subir significa <em>gabear<\/em>. \u00c9 dicir, significa esquecer calquera s\u00edntome de vertixe e ver de como meterse por al\u00f3 enriba. Hai moito carrizo e \u00e9 unha zona h\u00famida, pero a calor do venres secou aquelo. Comezo a probar por onde meterme. Como esvare, voume para abaixo trinta metros sen piedade. Foder, foder, foder. \u00bfE diredes que por que teimo en xogar a descalabrarme monte abaixo, eu que padezo de vertixe? Pois por que estou buscando algo. <\/p>\n<p>Algo que quero ver persoalmente e que sei que pode estar al\u00ed enriba.<\/p>\n<p>Xurxo chega de atr\u00e1s, correndo, excitado. <\/p>\n<p>-Os penedos. Os penedos do lado do port\u00f3n. Non son penedos. Bueno, si son, pero <em>tam\u00e9n<\/em> son unha torre.<br \/>\n-\u00bfAl\u00f3 atr\u00e1s? <\/p>\n<p>Na s\u00faa man triunfal aparecen tres tesouros. Un anaco de tella, unha boca de vasixa -si, unha boca de vasixa- e unha ostra. Esta tarde veriamos al\u00f3 enriba no monte, nese castelo, ducias de ostras, berberechos, ameixas. A xente que pasou tempadas aqu\u00ed meteuse unhas boas mariscadas e ata n\u00f3s cheg\u00e1ronnos os restos. A esta primeira <em>torre<\/em>, que ten unha estreita plataforma superior, hai que subir con moito coidado para non matarse. Buscade a mellor v\u00eda se ides, subindo desde onde est\u00e1n estas marcas das portas. Parece que non, pero se chega. <\/p>\n<p>Pero estamos agora tentando acceder \u00e1 segunda atalaia. Xurxo comeza a gabear. Non \u00e9 doado atopar a v\u00eda, pero para quen queira tentalo (hai que ir con moito coidado, ollo), a referencia \u00e9 o segundo loureiri\u00f1o que ides ver. Hai que meterse por unha fenda que ten unha pedri\u00f1a no medio. Pasar de al\u00ed. Se subes, e de s\u00fapeto te atopas con isto, est\u00e1s enriba. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bico_escanos.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Isto son escal\u00f3ns tallados no granito. Hainos por todo o castelo. Pero estes son imposibles. O penedo que coroa a parte norte desta atalaia, e que permite ver o outro torre\u00f3n penedento da entrada, parece impracticable. Pero como far\u00edan para superar o cami\u00f1o ata os seguintes, que se ven algo m\u00e1is enriba? Super\u00e1molo e aparece unha plataforma verde, verde de granito, no medio das alturas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bico_plataforma.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>E na plataforma, nunha lousa no chan, sorrimos, axeonll\u00e1monos, seguimos lenemente os sucos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bico_castelo_alquerque.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Sucos retocados dixitalmente para pod\u00e9rense apreciar. <\/em><\/p>\n<p>\u00bfSabedes que \u00e9 isto? Ten moitos nomes. Ch\u00e1mase Alquerque do Nove, a\u00ednda que tam\u00e9n hai quen lle chamaba a Danza dos Nove Homes, ou o Morris dos Nove Homes, ou o Mu\u00ed\u00f1o. \u00c9 un dos xogos m\u00e1is antigos do mundo. Na pen\u00ednsula aparece desde a Idade do Ferro, a\u00ednda que os romanos tam\u00e9n o introduciron e no s\u00e9culo XIV seica tivo un gran rexurdimento. Aqu\u00ed est\u00e1 unha fermosa miniatura do Alquerque no <em>Libro do Xadrez<\/em> de El-Rei Afonso X o Sabio. E non \u00e9 casual ver a catro soldados xogando a el:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/alquerque_afonxo_x1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Imaxinamos \u00e1 guarnici\u00f3n -non sabemos de quen, nin con que motivo- entregados ao sol nesta altura inexpugnable, xogando a esta sorte de complexo tres en raia. Este \u00e9 o tesouro que estaba a procurar. O xogo dos vix\u00edas. Polo que se ve na pedra, os vix\u00edas fixeron ao car\u00f3n do taboleiro unha especie de cadro, supo\u00f1o que para almacenar fichas comidas. <\/p>\n<p>Ao explorar a plataforma, ao redor dunha pequena cova aparece moita m\u00e1is tella -aparentemente medieval-, moitas m\u00e1is cunchas. Pero a\u00ednda non estamos no bico. Nunha gran pedra aparecen cazoletas enormes. Met\u00e9monos nunha delas e v\u00f3lvenos dar a risa. <\/p>\n<p>M\u00e1is escadas a penas rabu\u00f1adas na pedra nos gu\u00edan no noso cami\u00f1o. Subimos por ela. Estamos na estrema do lugar, albiscando Esteiro al\u00f3 embaixo, e o curso do R\u00edo Maior. E estamos, atenci\u00f3n, nunha torre natural. Metidos dentro dunha cazoleta xigante que nos fai as beiras de ameas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bico_torre_final.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>As ameas naturais do Bico do Castelo<\/em><\/p>\n<p>Este castelo, como dic\u00eda ao principio, \u00e9 ben estra\u00f1o. Carente de estruturas aparentes, os penedos son as s\u00faas ameas, murallas, barbacanas, foxos. Hai que ser detectives para localizar as evidencias, posiblemente de casas de madeira tapadas con tella, alboios encaixados entre a protecci\u00f3n das atalaias. Pero o que abraia \u00e9 a distancia entre os estremos. Enorme. \u00bfNecesaria? Aqu\u00ed vai un plano con alg\u00fans detalles: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mapa_bico_castelo.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mapa_bico_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Est\u00e1 claro, para descubrir esta Historia hai que percorrer estes montes. Son os montes os que te explican a situaci\u00f3n. O Bico do Castelo non ten unha especial visibilidade. A diferencia doutros castelos deste tipo que visitamos anteriormente, non est\u00e1 a controlar a entrada da r\u00eda, agardando algo que chega do mar. O seu interese, pola contra, \u00e9 evidente. Polo valci\u00f1o do R\u00edo Maior poder\u00eda discorrer unha v\u00eda, que partira do mar, de Esteiro, e subindo pola ladeira de enfronte ao castelo puidera entrar, no alto, na Terra de Soneira, que comeza al\u00f3 detr\u00e1s, no alto. Claro, sempre que hai un cami\u00f1o, a mi\u00f1a seguinte pregunta \u00e9: \u00bfonde levar\u00e1? Collemos os mapas. Trazamos unha v\u00eda recta sobre o doce e suave relevo de Soneira desde a subida desta v\u00eda polo val, observamos por onde pode discorrer mellor, e decat\u00e1monos dun trazado natural case li\u00f1al, que sube cara o norte-nordeste. D\u00e1nos a risa. <\/p>\n<p>Al\u00f3 enfronte, no mellor trazado de cami\u00f1o posible, est\u00e1 un antigo e camuflado lugar ao que os romanos chamaron no seu tempo Grandimiro. <\/p>\n<p>\u00bf<em>Grandimiro<\/em>?<\/p>\n<p>Montamos nos coches e ollamos cara o norte, intrigados por algunhas cousas que vimos no mapa ata chegar a aquel sitio chamado no mundo cl\u00e1sico Grandimiro. A xente que hoxe vive al\u00ed nos repetir\u00e1, posteriormente, unha frase cando nos falen deles mesmos: <em>esta \u00e9 unha vila fundida<\/em>. <\/p>\n<p>Pero iso contar\u00e9ivolo ma\u00f1\u00e1. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fotos: Sole A\u00ed est\u00e1 o Bico do Castelo Grande [localizaci\u00f3n], en Esteiro (Muros) para complicarnos<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/04\/12\/o-bico-do-castelo-grande-a-fortaleza-dos-humildes-tesouros-agachados\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O Bico do Castelo Grande: a fortaleza dos humildes tesouros agachados<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":10596,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18,35],"tags":[],"class_list":["post-10595","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10595","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10595"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10595\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10596"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10595"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10595"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10595"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}