{"id":10440,"date":"2010-04-06T19:57:08","date_gmt":"2010-04-06T17:57:08","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=10440"},"modified":"2010-04-08T22:21:50","modified_gmt":"2010-04-08T20:21:50","slug":"esa-estrana-mancha-de-terra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/04\/06\/esa-estrana-mancha-de-terra\/","title":{"rendered":"Esa estra\u00f1a mancha de terra"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/foxa_neixon.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foxo na zona arqueol\u00f3xica dos castros de Neix\u00f3n. Foto: Xurxo Ay\u00e1n<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">N<\/span>o ano 2004 o equipo de arque\u00f3logos que estaba a traballar no castro de Neix\u00f3n comezou a escavar un sector do foxo que rodeaba ao Castro Grande. Comezaron a atoparse cun patr\u00f3n sorprendente. O foxo fora cuberto, tapado de novo, relativamente pouco tempo despois de ser feito. \u00c9 dicir, non era un foxo defensivo, cando menos tal e como se agardar\u00eda. E cada certo tramo, aparec\u00edan dep\u00f3sitos con pezas cer\u00e1micas valiosas, importadas do Mediterr\u00e1neo, boas pezas, de uso ritual, escachadas pola rotura, \u00e1s veces enteiras, \u00e1s veces mesmo machados. Eses dep\u00f3sitos, esas concentraci\u00f3ns de obxectos repet\u00edanse a cada pouco e estaban separados entre si con certa regularidade. Era como se a xente que andaba por al\u00ed collera a vaixela de Sargadelos, a m\u00e1is cara da casa, e a escachara bot\u00e1ndoa contra o fondo do foxo cada tantos metros. <\/p>\n<p>Non fora a primeira vez que aparec\u00edan achados as\u00ed nos castros galegos. Ata Neix\u00f3n, interpret\u00e1ranse como vertedoiros de lixo castrexo. Entrementres, nas Illas Brit\u00e1nicas -xa saben, ese lugar tan distante e distinto \u00e1 realidade galega da \u00e9poca- xa sab\u00edan de que se trataba desde hab\u00eda moito tempo, porque o seu achado era habitual nos castros da Idade do Ferro al\u00f3: trat\u00e1base de dep\u00f3sitos rituais, unha sorte de dep\u00f3sitos votivos que rodeaban castros e recintos. Neix\u00f3n pu\u00f1a unha nova luz -e ao mesmo tempo moit\u00edsimas preguntas sen responder- no panorama da Idade do Ferro galega. Ese foxo, cuberto xa na mesma Idade do Ferro, se cadra era m\u00e1is unha protecci\u00f3n <em>m\u00e1xica<\/em> que unha defensa real para determinados recintos. Case por primeira vez, identificabamos claramente unha pr\u00e1ctica cultural e simb\u00f3lica dos nosos devanceiros do tempo dos castros, tan parcos en amosarnos a s\u00faa cultura e cosmovisi\u00f3n e en deixar trazos deles. <\/p>\n<p>A semana pasada, Xurxo Ay\u00e1n, o arque\u00f3logo que escavou aqueles foxos, tomou a fotograf\u00eda que podedes ver ao principio do post. Eu engadinlle unhas flechas que permiten identificar un cambio evidente na coloraci\u00f3n da terra. Esa alteraci\u00f3n de cor marca a existencia dun foxo, dun foxo similar aos que se poden observar nas zonas excavadas da zona arqueol\u00f3xica de Neix\u00f3n. O problema \u00e9 que este foxo est\u00e1 a\u00ednda m\u00e1is ao norte. Este foxo est\u00e1 na zona de ampliaci\u00f3n do Centro Arqueol\u00f3xico do Barbanza. A remoci\u00f3n de terras que vedes diante del foi feita polas excavadoras que est\u00e1n facendo a obra. A\u00ednda que houbo un control arqueol\u00f3xico da zona previa \u00e1 excavaci\u00f3n, por alg\u00fan motivo non se realizou unha excavaci\u00f3n sistem\u00e1tica deste foxo. \u00bfConter\u00eda pezas cer\u00e1micas e obxectos de igual valor cient\u00edfico que os anteriores? \u00bfContinuar\u00eda abrindo fascinantes perspectivas para comprender a cultura castrexa? Non o sabemos. Pero, para min, sen co\u00f1ecer os motivos da decisi\u00f3n que levou a arrasar ese resto arqueol\u00f3xico sen unha excavaci\u00f3n completa e sistem\u00e1tica, o m\u00e1is preocupante non \u00e9 iso. <\/p>\n<p>O m\u00e1is preocupante \u00e9 o pl\u00e1stico negro que oculta esa pequena alteraci\u00f3n, esa pequena mancha de terra. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Foxo na zona arqueol\u00f3xica dos castros de Neix\u00f3n. Foto: Xurxo Ay\u00e1n No ano 2004 o&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/04\/06\/esa-estrana-mancha-de-terra\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Esa estra\u00f1a mancha de terra<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":27705,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18],"tags":[],"class_list":["post-10440","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10440","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10440"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10440\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/27705"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10440"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10440"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10440"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}