{"id":1043,"date":"2006-05-20T23:05:55","date_gmt":"2006-05-20T21:05:55","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=1043"},"modified":"2006-05-20T23:11:30","modified_gmt":"2006-05-20T21:11:30","slug":"os-roteiros-de-valdeorras","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/05\/20\/os-roteiros-de-valdeorras\/","title":{"rendered":"As rutas do vi\u00f1o en Valdeorras"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/2006\/05\/mosteiro_xagoaza.jpg\" alt=\"\" \/><em><br \/>\nBodega Godeval no Mosteiro de Xagoaza (O Barco de Valdeorras)<\/em><\/p>\n<p>Unha das adegas m\u00e1is fermosas da Pen\u00ednsula \u00e9 <a href=\"http:\/\/www.godeval.com\/\">Vi\u00f1a Godeval<\/a>, no Barco de Valdeorras. Antes de entrar na vila, un torce \u00e1 dereita en direcci\u00f3n ao Mosteiro de Xagoaza e a partir de a\u00ed todo se vai facendo m\u00e1is e m\u00e1is pequeno: a estrada conv\u00e9rtese nun carreiro que esvara entre as casas das aldeas coma un rato, o campo de visi\u00f3n red\u00facese coa invasi\u00f3n dunha mesta devesa da que agroman lexi\u00f3ns de fieitos e silvas entre carballos e ameneiros, as monta\u00f1as que constr\u00faen o valci\u00f1o estr\u00e9itanse ata pareceren unha frondosa pista de skate. No fondo do val, na estreitura, est\u00e1 o mosteiro de San Miguel de Xagoaza, que xa ten mil anos, pertenceu \u00e1s ordes militares de San Xo\u00e1n de Malta, que deixaron a s\u00faa marca en varias pedras nobles (seguimos davinceando) e que esmoreceu ata a ru\u00edna ata que no 1988 comezaron os actuais traballos de restauraci\u00f3n. Hoxe, o convento acolle os lagares e os coidados dun dos mellores brancos e m\u00e1is reco\u00f1ecidos brancos do pa\u00eds: o Vi\u00f1a Godeval. Un fin\u00edsimo godello que a min me recorda, na s\u00faa lixeireza, aos chardonnays franceses, e pos\u00edbelmente sexa esa a clave da s\u00faa sona internacional. Do mosteiro van subindo os vi\u00f1edos, fermos\u00edsimos, escondidos no medio do bosque, separados e coidados. Un pode percorrer toda a finca, no medio dun silenzo e dunha soedade humana aplastante. Alg\u00fan raposo n\u00f3rdico percorre as cepas e p\u00e9rdese na vexetaci\u00f3n. O convento ten algunhas torres. <\/p>\n<p>Valdeorras conta cun potencial a\u00ednda sen explotar de todo: a cultura do vi\u00f1o \u00e9 ancestral de seu. Perd\u00e9monos na busca dun <a href=\"http:\/\/www.turgalicia.es\/sit\/ficha_datos.asp?ctre=122&#038;crec=7233&#038;cidi=E\">precario castelo neomedieval<\/a> do XIX que nunca chegou a levantarse: a s\u00faa ru\u00edna de cemento lev\u00e1ntase na marxe sur do r\u00edo en Vilamart\u00edn de Valdeorras. Polo estreito cami\u00f1o, aparecen as t\u00edpicas covas da zona: furanchos escarbados no xabre ou na pedra, que penetran no monte seis ou sete metros e onde as familias valdeorr\u00e1s gardaban o vi\u00f1o, sempre de d\u00faas ou tres variedades. As covas viven agora un momento dourado: en Seadur, m\u00e1is al\u00e1 na comarca, est\u00e1n en plena reclamaci\u00f3n coa s\u00faa <a href=\"http:\/\/seadur.webcindario.com\/rutas_as_covas.htm\">Ruta das Covas<\/a>, un torrente de vi\u00f1o en taza no que se vai de t\u00fanel en t\u00fanel gabando a oferta local. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/2006\/05\/antolin_21.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Antol\u00edn na s\u00faa cova de Penouta<\/em><\/p>\n<p>Na nosa busca do castelo inconcluso, paramos en Penouta, para curiosear entre as follas de madeira das grutas, e da escuridade aparece Antol\u00edn. M\u00e1is vello que o mundo, m\u00e1is listo que a fame, Antol\u00edn ten vasi\u00f1os de cristal gastados riba dun bocoi. <\/p>\n<p>&#8211;<em>Pasade a tomar un vi\u00f1o. <\/em><\/p>\n<p>Aventur\u00e1monos. Antol\u00edn garda tres ou catro vi\u00f1os diferentes na cova. Segue coidando as cepas da familia ata que resistan. <\/p>\n<p>&#8211;<em>Eu convido a todo o que pasa por aqu\u00ed<\/em> -di o vello. Miramos o silencio do asfalto. Na hora que estivemos con el ningu\u00e9n pasou polo cami\u00f1o. No fondo do val, a estrada vai chea de cami\u00f3ns, como formigas. <\/p>\n<p>Os vi\u00f1os circulan na cova de Antol\u00edn como nunha gala de moda. Aqu\u00ed este branco feito con godello, \u201ce non o verdello que agora tentan vender\u201d. Antol\u00edn recea das variedades que produce m\u00e1is, e am\u00f3sanos a forza dunhas cepas vellas, moi moi vellas, que custodia nunha finca que gabea pola monta\u00f1a. <\/p>\n<p>&#8211;<em>O meu pai, cando mas deixou, d\u00edxome que el as lembraba igual cando era pequeno.<\/em><\/p>\n<p>Esas centenarias cepas deben medrar sobre kriptonita, porque o vi\u00f1o resultante sube polo padal como unha tralla valenciana. Antol\u00edn f\u00e1lanos do pasado do vi\u00f1o coma unha personaxe cunqueiri\u00e1, como un barqueiro m\u00edtico que pide un \u00f3bolo para pasar o r\u00edo. G\u00fastame o sabor humano deste vi\u00f1o frouxo, este toque de tremor de mans e de ollos que bagullan sen motivo, este aspecto de desleixo de quen prefire xa fixarse nas cousas estritamente esenciais e vitais. O vi\u00f1o repousa entre teas de ara\u00f1a, e cando un se move entre as barricas parece atravesar capas de tempo. O vi\u00f1o de Antol\u00edn, as barricas que fixo no obradoiro de Penouta, envellecen ao ritmo do vello. Xa non se fan m\u00e1is sabio co tempo, pero si m\u00e1is humano. O vi\u00f1o non perde a forza, pero si os matices da froita. Neste final queda o alento. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bodega Godeval no Mosteiro de Xagoaza (O Barco de Valdeorras) Unha das adegas m\u00e1is fermosas&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/05\/20\/os-roteiros-de-valdeorras\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">As rutas do vi\u00f1o en Valdeorras<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1044,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7,8],"tags":[],"class_list":["post-1043","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1043","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1043"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1043\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1044"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1043"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1043"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1043"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}