{"id":10416,"date":"2010-04-05T21:56:35","date_gmt":"2010-04-05T19:56:35","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=10416"},"modified":"2010-04-08T22:19:19","modified_gmt":"2010-04-08T20:19:19","slug":"unha-comida-de-fuxidos-en-casa-juanin","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/04\/05\/unha-comida-de-fuxidos-en-casa-juanin\/","title":{"rendered":"Unha comida de fuxidos en Casa Juan\u00edn"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/garda_asturias.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">E<\/span>stamos na aldea de Pendones, concello de Caso, no medio do Parque Natural de Redes, entre inmensas monta\u00f1as. Tras un d\u00eda de marcha polos montes, no que a penas bebimos auga e froitos secos, imos repo\u00f1ernos a Casa Juan\u00edn [<a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=396&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=43.130806,-5.216446&#038;spn=0.22575,0.308647&#038;t=h&#038;z=12\">localizaci\u00f3n<\/a>]. Un bar de aldea, con can \u00e1 porta, corda para descorrer o pecho do interior e os ba\u00f1os no exterior, abertos de par en par \u00e1 r\u00faa da vila. O bar, \u00e1 noite, est\u00e1 cheo de parroquianos, pero descorrendo unha estreita porta, nun diminuto comedor de seis mesas os monta\u00f1eiros, todos rec\u00e9n baixados dos montes, se deleitan con este segredo das monta\u00f1as. Aqu\u00ed hai sota, cabalo e rei: as mulleres da casa ofrecen callos, tenreira guisada, cabrito, fabes con xabar\u00edn, veado guisado, arroz con leite, queixo cas\u00edn con doce. Pero cada un deses pratos \u00e9 unha aut\u00e9ntica obra da gastronom\u00eda popular. \u00c1 hora de xantar, forzosamente hai que reservar no tel\u00e9fono 985613725. Esta xente triplica ou cuatriplica mesa. Na s\u00faa filosof\u00eda est\u00e1 dar de comer ata que rematan coa comida, sexa a hora que sexa. <\/p>\n<p>-Son galegos? -di Juan\u00edn, un vello alto e delgado de idade un tanto imprecisa, desas persoas que aparentan ser moito m\u00e1is novas do que en realidade son, pero que debe andar nos setenta anos. Facendo unha asociaci\u00f3n de ideas un tanto curiosa, Juan\u00edn engade- eu viv\u00edn de pequeno no Porto. <em>E ainda n\u00e3o esqueci<\/em> -completa en portugu\u00e9s. <\/p>\n<p>Juan\u00edn cruza os brazos mentres mira o partido de f\u00fatbol de xeito impreciso. <\/p>\n<p>-Volv\u00edn a estes pobos con catorce anos. Meu pai foi exiliado republicano, como tantos por aqu\u00ed. E miren vostedes. Primeiro volveu mi\u00f1a nai e o seu irm\u00e1n, a ver como templaban as cousas. E cando viron que non hab\u00eda perigo, volvimos n\u00f3s tam\u00e9n. Meu pai sempre o dixo: agora hai un cura e un cuartel en cada aldea. <\/p>\n<p>Reparei en que \u00e9 certo, naquelas ancestrais aldeas de Asturias, cunha etnograf\u00eda tradicional antiga e respectada, as igrexas, pequenas e pobres, parec\u00edan feitas polo pai do fe\u00edsmo. Claro: foran todas constru\u00eddas nos corenta ou nos cincuenta. Eran parte dun sistema de control dunhas monta\u00f1as bravas. <\/p>\n<p>-Esta \u00e9 a conca mineira -engadiu Juan\u00edn- \u00bfven agora vostedes os kamikazes eses musulm\u00e1ns? Os mineiros eran igual. Met\u00edanse cheos de bombas polas chemineas dos cuarteis. Estas monta\u00f1as foron duras, moi duras. Estaban cheas de fuxidos. E a\u00ednda nos te\u00f1en algo de medo, si. <\/p>\n<p>Escoitamos a Juan\u00edn debullar a historia. Escoit\u00e1molo abraiados mentres damos conta duns saborosos callos aos que a se\u00f1ora de Juan\u00edn engadiu anaqui\u00f1os de xam\u00f3n curado e un breve de morrer. &#8220;Eu c\u00f3moos en bocata&#8221;, deixa caer a filla. Furtivamente, probamos o invento do <em>bocata callos<\/em>. Pringue gorentoso para vencer quil\u00f3metros de monte e neve. Est\u00e1n tan b\u00f3s que, sen medo \u00e1s ceas, despachamos un gran perol. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/porta_casa_juanin1.jpg\" alt=\"\" align=\"left\" vspace=\"1\" hspace=\"1\"\/>Aparecen as historias dos fuxidos. Xente que cruzaba estes montes, case coma lobos. Homes perigosos, que a rudeza do monte os convert\u00eda en escritores da s\u00faa propia lei moral. As mulleres e os homes nestes montes xogaban \u00e1s d\u00faas bandas para sobrevivir. Os fuxidos, coma os lobos, baixaban \u00e1s aldeas pola noite. Aterecidos polo fr\u00edo e pola neve, refuxi\u00e1banse, fac\u00edan escolas e cuarteis nos may\u00e1us, refuxios de pastores, dos vales m\u00e1is solitarios e monta\u00f1eiros. A un familiar de Juan\u00edn que sempre daba baixado a Caleao para durmir f\u00edxoselle noite e decidiu ficar o seu may\u00e1u, no marabilloso val Xulli\u00f3 que n\u00f3s percorrimos estes d\u00edas con degoiro, entre abrumadoras soedades, a mil trescentos metros de altura. Cando volveu do monte, xa \u00e1s escuras, para durmir na cabana, dentro atopou sete homes. O \u00faltimo que veu: as balas que o mataron al\u00ed mesmo. Ao fuxido se lle axuda. Pero o fuxido conv\u00e9rtese nun supervivinte. A toda costa. Un home que aparece pola noite tan lonxe da aldea s\u00f3 pode ser un traidor ou unha pantasma. \u00c1s pantasmas non lles doe o chumbo pero aos traidores si. <\/p>\n<p>Estes fuxidos botaban man das cabras e as ovellas, doadas de coci\u00f1ar e asar. Non as far\u00edan tan ben como esta muller que nos d\u00e1 de comer, pero si da mesma ra\u00edz. Magn\u00edficos exemplares, amamantados nos montes, en liberdade, que en Casa Juan\u00edn se sirven con certo toque picante, coci\u00f1ados a lume moi lento, ata que esta carne -de seu algo brava- ac\u00e1base convertendo en manteca. Ceamos cabrito despois dos callos, coas pernas resentidas pola monta\u00f1a. Aqueles fuxidos que entrar\u00edan nas casas polas noites para quencerse do fr\u00edo brutal das monta\u00f1as tomar\u00edan cabritos e queixos. Esta \u00e9 unha comida de fuxidos, de guerrilleiros, e de pastores, e de xente que sube mil metros para coidar aos animais que lles far\u00e1n subsistir os invernos eternos. Comida concibida para ser unha bomba de sabor, directa a espertar corpos aterecidos e con frecuencia mal arroupados, feita con todo o tempo do mundo, repetida d\u00eda tras d\u00eda pola coci\u00f1eira durante tantas d\u00e9cadas que d\u00e1 vertixe. <\/p>\n<p>-Pedide o arroz con leite -acons\u00e9llanos Luis- \u00c9 para entrar na coci\u00f1a e roubarlle directamente a pota de arroz \u00e1 vella. <\/p>\n<p>Non est\u00e1 enganado. Cunha costra queimada, \u00e9 o mellor arroz con leite que te\u00f1o tomado nunca. Certo \u00e9 que o fr\u00edo, o cansanzo e a palabra de Juan\u00edn ten adobado a cea, pero aseg\u00farolles que \u00e9 unha marabilla. Unha larpeirada incontrolable. <\/p>\n<p>Eu creo que \u00e9 a primeira vez na mi\u00f1a vida que un hosteleiro me fala da Guerra Civil e do cabr\u00f3n que era <em>Franqu\u00edn<\/em> as\u00ed, a sopet\u00f3n. <\/p>\n<p>-As mi\u00f1as netas estudian a fenicios e romanos, que vai ti saber se existiron. Pero dos fuxidos e da guerra de aqu\u00ed de Asturias non lles ensinan nada. <\/p>\n<p>Sab\u00e9molo. Pagamos 14 euros cabeza por este fest\u00edn. <\/p>\n<p>-Al\u00ed tam\u00e9n ti\u00f1an fuxidos, non? O Foucellas, o Piloto&#8230;-contin\u00faa Juan\u00edn. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Estamos na aldea de Pendones, concello de Caso, no medio do Parque Natural de Redes,&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/04\/05\/unha-comida-de-fuxidos-en-casa-juanin\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Unha comida de fuxidos en Casa Juan\u00edn<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":10420,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,7,8],"tags":[],"class_list":["post-10416","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10416","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10416"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10416\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10420"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10416"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10416"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10416"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}