{"id":10384,"date":"2010-03-30T00:18:24","date_gmt":"2010-03-29T22:18:24","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=10384"},"modified":"2010-04-08T22:20:47","modified_gmt":"2010-04-08T20:20:47","slug":"un-gourmet-discreto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/03\/30\/un-gourmet-discreto\/","title":{"rendered":"Un gourmet discreto e tradicional"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/amancio.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">M<\/span>oi pouca xente sabe das querencias gastron\u00f3micas deste home tan discreto como millonario, pero a s\u00faa sombra vai cami\u00f1o de converterse como unha lenda entre os restaurantes do pa\u00eds, como unha especie de aval que procede dunha tradici\u00f3n oral contada coa boca pequena; o gourmet Amancio Ortega, o home m\u00e1is rico do pa\u00eds, \u00e9 unha destas figuras que estivo nos sitios nos que hai que estar pero ao que ningu\u00e9n, ag\u00e1s os propietarios, certifica que veu neles. Polas s\u00faas trazas, de aqu\u00ed e acol\u00e1, sabemos algunhas cousas dos seus gustos gastron\u00f3micos. \u00c9 un home de bo comer e beber. Sabemos que lle gusta o bo xam\u00f3n cortado a coitelo, que \u00e9 un tanto clasicote nos vi\u00f1os (Riojas crianza e reserva, tres ou catro marcas), que cultiva el mesmo no seu pazo de Anceis moito do que se come na casa, e que non lle importa facer quil\u00f3metros ao longo do pa\u00eds para xantar nos fog\u00f3ns que lle apetecen, amante de mesas colectivas cos amigos ao redor dun plato central da gastronom\u00eda tradicional. <\/p>\n<p>E parece gustar moito m\u00e1is dos fog\u00f3ns tradicionais que dos contempor\u00e1neos. E dos discretos, con encanto, de lonxevidade xeneracional, moito m\u00e1is que dos famosos. Responde ao esquema do gourmet que especializa as casas de comidas e as viaxes por pratos. A lamprea, en Casa Jos\u00e9. O cocido, en Casa Trabazo, onde sempre se senta mirando para a vella barra do local, o cal parece indicar que ten certo gusto polo espect\u00e1culo gastron\u00f3mico. Tam\u00e9n a caza e os guisos no Don Miguel da Pobra do Carami\u00f1al. Por certo, neste \u00faltimo o propietario, Don Miguel, mandouno a pasear polo porto, co seu proverbial mal humor, cando lle apareceu \u00e1 unha da tarde para xantar. &#8220;Xa me dixeron que ti\u00f1a vostede moito xenio&#8221;, seica lle dixo o se\u00f1or Amancio cando volveu disciplinadamente \u00e1s d\u00faas, xa en hora aceptable, porque na Pobra os ricos comen tarde, ou cando menos, non cedo, coma os mari\u00f1eiros. Ortega \u00e9 un <em>connoisseur <\/em>, un recolledor das sonas gastron\u00f3micas do produto local. Sabe onde petar, e cando ir. Un gourmet discreto do que os hoteleiros sempre te falan como unha lenda, como algu\u00e9n que non acabas de saber se \u00e9 real ou non, coa sona que ti\u00f1a Cunqueiro a\u00ednda nos 90. &#8220;Cunqueiro vi\u00f1a por aqu\u00ed&#8221;, dic\u00edanche as se\u00f1oras de casa familiares de comidas, desas que est\u00e1n \u00e1 beira da estrada pola que pasaba o autob\u00fas de li\u00f1a nos 50. Fal\u00e1banche de Cunqueiro e do seu colega Castroviejo con admiraci\u00f3n, pero sabendo que te vend\u00edan o mellor aval do local. Agora \u00e9 a quenda de Ortega, se cadra moito m\u00e1is calado, menos lido e escrito, pero m\u00e1is rico, para avalar. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Moi pouca xente sabe das querencias gastron\u00f3micas deste home tan discreto como millonario, pero a&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/03\/30\/un-gourmet-discreto\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Un gourmet discreto e tradicional<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":10385,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2,7],"tags":[],"class_list":["post-10384","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10384","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10384"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10384\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10385"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10384"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10384"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10384"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}