{"id":10337,"date":"2010-03-27T22:01:45","date_gmt":"2010-03-27T20:01:45","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=10337"},"modified":"2020-06-07T21:57:10","modified_gmt":"2020-06-07T19:57:10","slug":"republicas-de-homes-libres-santuarios-e-castelos-na-beira-do-tambre","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/03\/27\/republicas-de-homes-libres-santuarios-e-castelos-na-beira-do-tambre\/","title":{"rendered":"Rep\u00fablicas de Homes Libres: santuarios e castelos na beira do Tambre"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/portomeiro_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O Monte do Castelo, en Portomeiro (Val do Dubra). Apr\u00e9ciese a delicadeza da canteira de pedra na aba do monte. Unha veci\u00f1a d\u00edxonos que cesara a actividade. <\/em><\/p>\n<p>A trav\u00e9s do Bluetooth, Sole dinos mentres baixamos co coche por unha pista nalgures nas abas que baixan ao Tambre en Val do Dubra. <\/p>\n<p>-Flipades tantas veces que a xente xa non vos vai facer caso. <\/p>\n<p>R\u00edmonos e d\u00e1moslle a raz\u00f3n. <\/p>\n<p>-\u00c9 certo. Pero, \u00bfque lle imos facer? <\/p>\n<p>Estamos na solitaria aldea de Novais, sede dun antigo mosteiro chamado Novallis, mentres dous enormes cans corren amezadoramente contra o coche. Acabamos de pasar a ma\u00f1\u00e1 nun recinto fortificado, outro dos castelos nos que estamos a teimar, tentando comprender cinco s\u00e9culos perdidos da nosa Historia na serie Rep\u00fablicas de Homes Libres. Pux\u00e9ranos sobre aviso sobre o Castelo de Portomeiro, no Val do Dubra, un lector de Cap\u00edtulo Cero, David, revelando unha vez m\u00e1is a estra\u00f1a relaci\u00f3n entre mosteiros altomedievais e castelos hoxe desaparecidos. Aqu\u00ed <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2009\/10\/25\/as-republicas-de-homes-libres-3c-ou-como-o-patron-nos-axuda-a-descubrir-cousas\">contabamos a historia en detalle<\/a>. <\/p>\n<p>As\u00ed que chegamos \u00e1 aldea de Portomeiro, onde sorprende o impresionante traballo de restauraci\u00f3n das antigas casas tradicionais, de enormes sillares. Desde al\u00ed xa se ve o Castelo, ou Monte Maior. Este Monte Maior est\u00e1 xusto enfronte, r\u00edo Tambre de por medio, do Castro Maior que pertence a Compostela. Chama a atenci\u00f3n a <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2009\/12\/19\/republicas-de-homes-libres-o-castelo-de-insua\/\">relaci\u00f3n de pares de castelos<\/a> entre ambas as d\u00faas partes do Tambre. Unha se\u00f1ora nos fala de que al\u00ed no Castelo viv\u00edan os romanos e de que os t\u00faneles baixaban ao r\u00edo Tambre. Un cl\u00e1sico. <\/p>\n<p>Subimos, coma sempre polo cami\u00f1o m\u00e1is dif\u00edcil. Ata que comezan a aparecer enormes pened\u00edas, e dentro delas covas. Subimos a\u00ednda m\u00e1is pendentes, enfiando o cumio, apartando maleza. Ata que unha fiada de pedras nos fala de que estamos a entrar na fortaleza. \u00bfQue sorpresas haber\u00e1? Andamos curiosos. Para comezar, esta: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/portomeiro_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A muralla do castelo, como acontece no Castro Valente ou no Castelo de San Marcos, ten dous estilos diferentes. Desta volta, sorprendidos observamos como na \u00e1rea que mira ao Tambre (que al\u00ed pega fermosos meandros), a Castro Maior e tam\u00e9n ao Porto do Crego, o estreito paso que sube do mosteiro de Novallis (actual aldea de Novais) e do seu paso de barqueiro (que se conserva na tradici\u00f3n oral) a muralla \u00e9 monumental, mesmo con dous niveis diferentes, de pedra e con mesmo elementos defensivos a maiores, como atalaias e torre\u00f3ns, dos que isto que vedes \u00e9 un exemplo: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/portomeiro_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Da banda do val de Portomeiro, pola contra, a muralla \u00e9 moito menos monumental, m\u00e1is inestable. O mesmo conto. <\/p>\n<p>O castelo combina as s\u00faas murallas coa presenza de enormes pened\u00edas que reforzan a propia estrutura do castelo, pero que tam\u00e9n crean covas e espazos labir\u00ednticos. Fix\u00e1devos nesta foto: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/portomeiro_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Non puidemos chegar ata al\u00ed, pero o que est\u00e1 marcado con vermello \u00e9 un muro derruido que tapa alg\u00fan tipo de paso entre penedos. Acontece continuamente no castelo. Penedos de xeitos caprichosos que aparecen rodeados de muros agora ca\u00eddos, pero que antes deb\u00edan compo\u00f1er alg\u00fan tipo de estrutura com\u00fan no que se fusionaban rocha e vivendas ou defensas. Un dos exemplos m\u00e1is alucinantes \u00e9 este:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/portomeiro_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/portomeiro_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A muralla discorre e pasa por detr\u00e1s desta pedra. Vedes que Xurxo mira con interese cara o interior. Hai unha cova. \u00c9 que a muralla pecha a cova. Se vos fixades na segunda foto, a\u00ednda est\u00e1 en p\u00e9 un anaco do peche. Pero, e aqu\u00ed v\u00e9n o interesante, nun estremo parece que hai un espazo para descender e meterse nese h\u00famido e escuro lugar. Con todo, en canto comezamos a andar polo borde da muralla e nos puxemos na estrema que mira a Castromaior e ao Tambre, \u00e9 dicir, en direcci\u00f3n Suroeste, comezamos a dubidar de que o uso deste lugar fora exclusivamente militar. Que isto era algo m\u00e1is. Sobre todo, polas p\u00edas labradas artificialmente nalgunhas rochas: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/portomeiro_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>P\u00eda totalmente labrada. <\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/portomeiro_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Neste caso, a p\u00eda, que debe ter unha orixe natural, est\u00e1 realzada con ese borde. <\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/portomeiro_6.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Detalle da anterior. <\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/portomeiro_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Por todas partes, atop\u00e1banse restos de dous tipos de material cer\u00e1mico: t\u00e9gula e tella. A t\u00e9gula, de orixe romana, como a que vedes na fotograf\u00eda, \u00e9 plana. O estilo da muralla, razoablemente ben conservada, era similar aos outros castelos que levamos investigando nestes meses. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/portomeiro_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pero non foi o m\u00e1is abraiante. Cami\u00f1ando polo medio da croa, de s\u00fapeto Xurxo botou un berro de sorpresa. Apareceu esta p\u00eda. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/portomeiro_12.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/portomeiro_13.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Unha p\u00eda perfectamente disposta, no centro da croa, e no interior de alg\u00fan tipo de recinto do que percibimos a cimentaci\u00f3n ao redor. A p\u00eda, que representa un cl\u00e1sico altar rupestre que proliferan na Gallaecia co mundo romano (falarei esta semana do santuario portugu\u00e9s de Pan\u00f3ias, onde est\u00e1 o m\u00e1ximo exponente deste tipo de traballos sagrados), \u00e9 rectangular, e est\u00e1 constru\u00eddo nunha pedra que simula perfectamente unha ara. A nosa sorpresa \u00e9 mai\u00fascula. \u00c9 a primeira vez que nos atopamos isto as\u00ed nun <em>castelo<\/em>, designado con esa nomenclatura e con evidencias de habitaci\u00f3n en \u00e9poca tardorromana ou medieval. Determinados elementos propios dos espazos relixiosos galaicorromanos figuran a\u00ed, nun misterioso contorno cheo de covas gran\u00edticas e francamente moi ben preservados. E adem\u00e1is, un tanto lonxe de onde \u00e9 frecuente a s\u00faa aparici\u00f3n, coma no <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2007\/10\/19\/o-castro-de-santome-en-ourense-bosques-covas-de-remuino-e-humidas-pias-de-pedra\/\">castro de Santom\u00e9<\/a>, en Ourense.  Toda unha sorpresa. \u00bf\u00c9 para flipar ou non?<\/p>\n<p>Chamamos a un amigo arque\u00f3logo para compartilo. El escacha da risa na outra banda do tel\u00e9fono e comeza a cantar con acento ecuatoriano:<\/p>\n<p>&#8211;<em>Nemeeet\u00f3oooonnnn!!!!<\/em><\/p>\n<p>Neste v\u00eddeo podes ver a\u00ednda moitas m\u00e1is cousas do castelo de Portomeiro: unha cova con muri\u00f1os interiores, unha porta orixinal perfectamente conservada e con algo m\u00e1is de detalle esta sorprendente p\u00eda: <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"560\" height=\"315\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/zuQ4y_QsnlA\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<p><strong>Nota:<\/strong> para chegar ao castelo de Portomeiro o m\u00e1is axeitado \u00e9 subir pola canteira, onde localizamos un cami\u00f1o aberto que entra na croa. N\u00f3s fixemos o cami\u00f1o desde o lado exactamente contrario, onde apenas hai un pequeno sendeiro da xente que sube a ver algunhas das espectaculares covas deste lugar. Aqu\u00ed est\u00e1 a <a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=396&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.977039,-8.613625&#038;spn=0.011774,0.024312&#038;t=h&#038;z=16\">localizaci\u00f3n do castelo<\/a>. <\/p>\n<p class=\"note\"><a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?s=rep%C3%BAblicas+de+homes+libres\">Anteriores posts das Rep\u00fablicas de Homes Libres<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Monte do Castelo, en Portomeiro (Val do Dubra). Apr\u00e9ciese a delicadeza da canteira de&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/03\/27\/republicas-de-homes-libres-santuarios-e-castelos-na-beira-do-tambre\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Rep\u00fablicas de Homes Libres: santuarios e castelos na beira do Tambre<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":19092,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18,35,8],"tags":[],"class_list":["post-10337","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10337","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10337"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10337\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":33709,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10337\/revisions\/33709"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/19092"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10337"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10337"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10337"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}