{"id":1026,"date":"2006-05-14T21:17:46","date_gmt":"2006-05-14T19:17:46","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=1026"},"modified":"2006-05-14T22:20:39","modified_gmt":"2006-05-14T20:20:39","slug":"1000-posts-en-capitulo-0","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/05\/14\/1000-posts-en-capitulo-0\/","title":{"rendered":"1000 posts en Cap\u00edtulo 0"},"content":{"rendered":"<p><img src='http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/imaxes\/1000.jpg' alt='' \/><\/p>\n<p>En Cap\u00edtulo 0 xa est\u00e1n publicados un milleiro de posts, que se di r\u00e1pido. Botei a andar este blog, de xeito experimental, o 14 de decembro de 2003. Algunhas cousas cambiaron dende ent\u00f3n. Cando comecei a publicalo, o fen\u00f3meno blog estaba comezando a medrar por todas partes. Logo vir\u00eda o r\u00e1pido 2004 e a gran explosi\u00f3n do 2005 e toda esta vaga de cidad\u00e1ns <em>publicantes<\/em> e p\u00fablicos da que teremos a\u00ednda que ver todo.<\/p>\n<p>Nestes dous anos e medio, Cap\u00edtulo 0 non cambiou demasiado. O autor \u00e9 algo m\u00e1is vello, se cadra durme algo peor, e adquiriu algunha nova carga que se agarra coma un chimpanc\u00e9 ao lombo. O formato do diario, con todo, segue sendo m\u00e1is ou menos igual: un almac\u00e9n de memoria suplementaria para a mi\u00f1a cabeza, unha mesa de cafeter\u00eda, un banco de datos, unha parada de autob\u00fas no medio de ningures, rodeada de enormes fieitos e co logo da deputaci\u00f3n comesto polo sol e a chuvia. <\/p>\n<p>Cap\u00edtulo 0 carece conscientemente dun libro de estilo formal ou informal, a\u00ednda que ao longo destes anos modificou o que os xornalistas chamamos o tratamento: do <em>v\u00f3s<\/em> plural apela agora ao <em>ti<\/em> singular, e nese ti moitas veces est\u00e1 contido tam\u00e9n o <em>eu<\/em>, un <em>v\u00f3s<\/em> e un <em>n\u00f3s<\/em>. Os eles, en Cap\u00edtulo 0, non entran demasiado. Nunca me gustou o binomio parroquial do n\u00f3s\/eles. Como moito, n\u00f3s e v\u00f3s. <\/p>\n<p>En Internet \u00e1s veces trasladamos as rutinas dos medios de masas e apelamos iloxicamente a un v\u00f3s de m\u00edtin que se contrad\u00ed coas audiencias de n\u00fameros discretos que te\u00f1en as bit\u00e1coras. Por iso emprego a segunda persoa cando escribo aqu\u00ed. E g\u00fastame a comunicaci\u00f3n con persoas de nome e apelido (ou no seu defecto, de IP co\u00f1ecida), g\u00fastame tratar directamente con <em>a<\/em>, con <em>b<\/em>, con <em>z<\/em>. Algunha xente \u00e9 an\u00f3nima e ao mesmo tempo co\u00f1ecida para min. Alg\u00fans intr\u00edganme, sobre todo pola s\u00faa constancia ou regularidade. Xente que accede en momentos concretos do d\u00eda, antes de marchar do traballo, xusto ao chegar, no caf\u00e9 da media ma\u00f1\u00e1 ou en desconcertante nocturnidade que s\u00f3 pode ser explic\u00e1bel na busca de soluci\u00f3ns a un desesperado insomnio. Outros son amigos de toda a vida, e os posts entran nas ceas, nas comidas e nos caf\u00e9s de fin de semana coma o resto da vida que pasou pola semana. Moitas, moitas grazas a todos os que vos interesades por este blog. Moitas grazas polos comentarios, polas opini\u00f3ns, polo intercambio. A\u00ednda non me acabo de crer que vos interese o que aqu\u00ed se conte. <\/p>\n<p>M\u00e1is que un medio, m\u00e1is que unha canle de opini\u00f3n, Cap\u00edtulo 0 \u00e9 unha ollada. <\/p>\n<p>Unha ollada que tenta ser curiosa. Neste r\u00edo inmenso do mundo, esta bit\u00e1cora  m\u00f3vese como unha solitaria piragua india entre augas amaz\u00f3nicas. \u00c1s veces gustar\u00edame pararme nalg\u00fan meandro da selva da vida e determe al\u00ed, estudando con calma un feito, unha tecnolox\u00eda, un di\u00e1logo. Pero o r\u00edo vai demasiado r\u00e1pido e arrastra de novo a t\u00faa atenci\u00f3n cara outro lugar. Non me frustra. O x\u00e9nero \u00e9 r\u00e1pido. Grandes historias se abandonan por outras que un considera pequenas: unha an\u00e9cdota, un breve comentario, unha ligaz\u00f3n cando non hai tempo para m\u00e1is. E un descobre con sorpresa que esa irrelevancia, ese divertimento, adquire un novo sentido nas mans dos teus compa\u00f1eiros de ollada. A vista ampl\u00edase e prol\u00f3ngase. Intelixencia distribu\u00edda. Dan Gillmor tense referido con iron\u00eda ao paradoxo: <\/p>\n<p><em>-A diferencia da prensa, nos blogs os teus lectores saben m\u00e1is ca ti. <\/em><\/p>\n<p>Por suposto, Internet \u00e9 p\u00fablico, pero esta ollada, esta conversa quere ser tam\u00e9n <em>sotto voce<\/em>.  Te\u00f1o na casa unha ilustraci\u00f3n que me fascina, que me obsesiona, publicada a principios dos anos 20 nunha revista de tendencias da \u00e9poca en Espa\u00f1a, La Esfera. Vese unha escena filtrada por unha vaga e c\u00e1lida luz vermella que sae dun candil nunha mesa algo desordeada. Hai unhas brillantes e barrocas copas de vi\u00f1o case baleiras, no fondo o recuncho dun elegante local p\u00fablico. Unha parella comparte o mecheiro para prenderen dous cigarros despois de cear. At\u00f3panse nun coidado restaurante, \u00e1 vista de todos, pero o acto resulta intensamente \u00edntimo e privado, e un s\u00e9ntese voyeur a pesar de saber que espiar en p\u00fablico \u00e9 un contrasentido. Un imax\u00ednaos falando entre susurros \u00e1 vista de todos, en <em>sotto voce<\/em>. Cap\u00edtulo 0 quere ser algo as\u00ed: unha conversa privada nunha praza p\u00fablica. P\u00e1same con alg\u00fans dos meus blogs favoritos: o h\u00e1bito diario crea un espazo privado e p\u00fablico, ao mesmo tempo, porque nel entran claves que antes non se compart\u00edan. Na prensa os teus lectores non sab\u00edan se o teu artigo era parido \u00e1s d\u00faas da ma\u00f1\u00e1 cunha botella de whisky. No blog os teus lectores int\u00faen que escribes ao rematares o traballo do d\u00eda, antes de deit\u00e1reste, as fins de semana antes de comer. Esta canle \u00e9 habitualmente en directo, e iso enriquece a transmisi\u00f3n de xeito humano.<\/p>\n<p>As\u00ed que nada m\u00e1is. Moitas grazas por lerme, por seguirme e por comunicarte. Agora, queda encher isto con outros 1000 posts. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En Cap\u00edtulo 0 xa est\u00e1n publicados un milleiro de posts, que se di r\u00e1pido. Botei&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/05\/14\/1000-posts-en-capitulo-0\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">1000 posts en Cap\u00edtulo 0<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-1026","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1026","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1026"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1026\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1026"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1026"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1026"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}