{"id":10256,"date":"2010-03-24T02:46:05","date_gmt":"2010-03-24T00:46:05","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=10256"},"modified":"2010-03-24T11:48:14","modified_gmt":"2010-03-24T09:48:14","slug":"castrominan-un-desconecido-tesouro-do-patrimonio-natural-e-historico-de-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/03\/24\/castrominan-un-desconecido-tesouro-do-patrimonio-natural-e-historico-de-galicia\/","title":{"rendered":"Castromi\u00f1\u00e1n: un desco\u00f1ecido tesouro do patrimonio natural e hist\u00f3rico de Galicia"},"content":{"rendered":"<p><span class=\"drop_cap\">A<\/span>lg\u00fan castro e alg\u00fan vello cami\u00f1o te\u00f1o andado nestes anos, como ben sabedes, ao longo e ancho do pa\u00eds. E moitos que me quedan. Pero hoxe vouvos falar dun lugar que me ten roubado o coraz\u00f3n, dun lugar dunha beleza estrema, ao que chegamos o outro d\u00eda. Sei que a partir de agora, cando te\u00f1a que falar de Galicia, falarei deste sitio, como exemplo da qu\u00edmica primixenia que enxendra o imaxinario deste pa\u00eds: unha mestura de enso\u00f1aci\u00f3n, natureza, a cr\u00faa realidade e os homes. Dubidei mesmo de publicar este post, por se ao facelo se crebaba a maxia do espazo e do lugar. Pero ben sabedes que son da teor\u00eda de que o mellor xeito de protexer o patrimonio natural e hist\u00f3rico de Galicia \u00e9 d\u00e1ndoo a co\u00f1ecer. Moito nos machacou o desco\u00f1ecemento!<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sigpac.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Nestas semanas, coa mi\u00f1a teima da procura de toponimia de <em>castelos<\/em> por toda Galicia coa que vos insisto en Cap\u00edtulo 0, comecei a repasar o litoral da Costa da Morte. E de s\u00fapeto, \u00e1 altura do Mar de F\u00f3ra de Fisterra, nunha zona solitaria, o SIXPAC ofreceume un lugar que ata o momento desco\u00f1ec\u00eda. Un monte e punta do Castelo. Abr\u00edn os ollos. Al\u00ed mesmo, diante desa punta, en 1987, produc\u00edrase unha cat\u00e1strofe que todos co\u00f1eceredes: os estouridos do Cas\u00f3n. D\u00edas antes, a cinco millas de Fisterra, as explosi\u00f3ns no buque de bandeira paname\u00f1a provocaran que mari\u00f1eiros chineses, da China interior, se tiraran ao mar sen saber nadar, de calquera xeito, e morreran desnucados nada m\u00e1is caeren \u00e1 auga moitos deles. Os corpos sa\u00edan como monicreques da auga. 23 mortos. Por unha decisi\u00f3n a\u00ednda non esclarecida, os remolcadores levaron o barco ata a zona m\u00e1is dura da costa fisterra. Estes cant\u00eds do Mar de F\u00f3ra, na Punta Castelo. E pode que lembredes esta imaxe:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cason.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotomontaxe. Solapamento de fotogramas a partir dun travelling da TVG. <\/em><\/p>\n<p>E como, nunha noite de decembro, a Costa da Morte ficou presa dun p\u00e1nico colectivo, e m\u00e1is de 15.000 persoas de Fisterra, Camari\u00f1as, Mux\u00eda, Cee e Corcubi\u00f3n fuxiron de xeito desordeado escapando dunha suposta nube t\u00f3xica. Foi a noite tras estes estouridos do sodio en contacto coa auga retransmitidos en directo pola Televisi\u00f3n de Galicia, onde a canle auton\u00f3mica se ga\u00f1ou ben o pan. A filmaci\u00f3n segue a ser impresionante: <\/p>\n<p><object width=\"640\" height=\"505\"><param name=\"movie\" value=\"http:\/\/www.youtube.com\/v\/6m-wS_p5wwI&#038;start=348&#038;hl=es_ES&#038;fs=1&#038;rel=0#t=5m48s\"><\/param><param name=\"allowFullScreen\" value=\"true\"><\/param><param name=\"allowscriptaccess\" value=\"always\"><\/param><embed src=\"http:\/\/www.youtube.com\/v\/6m-wS_p5wwI&#038;start=348&#038;hl=es_ES&#038;fs=1&#038;rel=0\" type=\"application\/x-shockwave-flash\" allowscriptaccess=\"always\" allowfullscreen=\"true\" width=\"640\" height=\"505\"><\/embed><\/object><\/p>\n<p>Pero eu quer\u00edame achegar ao Mar de F\u00f3ra de Fisterra para ver ese Monte do Castelo e esa Punta do Castelo. A primeira vez que o tentamos aparcamos o coche na Praia do Rostro. Era un d\u00eda de temporal e subimos aos cant\u00eds. O vento e a chuvia toleounos, botounos para atr\u00e1s; eran aqueles como lapotes na cara, enchoupando as pernas e met\u00e9ndose entre as prendas de abrigo. S\u00f3 chegamos \u00e1 Punta das Pardas. Entre a negrume e a auga e o vento albisquei un promontorio no fondo, pero o mundo trala auga era como unha pel\u00edcula estropeada de principios de s\u00e9culo: gris e cheo de gran. Pero o vento levounos, empurrounos de volta. Rend\u00edmonos. <\/p>\n<p>Volvimos al\u00ed esta semana, cunhas circunstancias ben distintas. Subimos o outeiro areoso desde a Praia do Rostro, e outravolta acheg\u00e1monos primeiro \u00e1 Punta das Pardas. O que vimos, se\u00f1ores e se\u00f1oras, o que vimos marabillounos:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castrominan_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>Cant\u00eds, cons, rochedos, carrizos, furnas xigantes nas que funcaba o vento e nas que parec\u00edan dumir atlantes, dunas cubertas de herba que gabean montes enriba, a\u00ednda vivas. Un dos tramos m\u00e1is virxes da costa galega estaba diante nosa. Mirei \u00e1 fronte. Al\u00ed ao fondo, ao final da vista, estaba a Punta Castelo, e o Castelo, ou o castro, porque tam\u00e9n se lle chama o CastroMi\u00f1\u00e1n. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castrominan_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Ansiosos cami\u00f1amos nunha paisaxe des\u00e9rtica, de vento e sol. Os corvos percorren estas campas e b\u00f3tanse contra os cant\u00eds, corvos enormes coma voitres que planean coma falc\u00f3ns. Estas terras salvaxes, sen aproveitamento humano, en si mesmas un tributo \u00e1 vertixe e \u00e1 erosi\u00f3n, cheas de covas que cantan ao mar bravo as melod\u00edas do vento. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castrominan_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castrominan_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Tras un breve paseo de media hora chegamos a Castromi\u00f1\u00e1n. Vela\u00ed est\u00e1. Un promontorio adentr\u00e1ndose no mar entre cant\u00eds, con dous enormes parapetos de terra perceptibles na distancia. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castrominan_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A luz non nos permite apreciar ben, pero a\u00ed podedes ver o arrinque do primeiro parapeto<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castrominan_aerea.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Nesta fotograf\u00eda a\u00e9rea se poden identificar alg\u00fans dos elementos da estrutura do castro<\/em><\/p>\n<p>Este antigo fort\u00edn da Idade do Ferro -transici\u00f3n entre Ferro I e Ferro II?- \u00e9 alucinante. Malia parecer esta unha terra un espazo de desolaci\u00f3n, a fortaleza est\u00e1 rodeada de tres mananciais. Un deles nace ao p\u00e9 da muralla. Nesta terra areosa, o manancial descende ata o mar, nun can\u00f3n moi profundo, \u00e1 beira do parapeto, formando o foxo natural m\u00e1is alucinante que te\u00f1ades visto nun castro. Unha plataforma suxire, entre a muralla e a sima do manancial, unha pequena horti\u00f1a. Ao entrares a Castromi\u00f1\u00e1n, cando subes \u00e1 muralla e chegas \u00e1 croa, descubres como este lugar est\u00e1 rodeado de abismos, precipicios que se despe\u00f1an sobre o Atl\u00e1ntico: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castrominan_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castrominan_12.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castrominan_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Un pensa: \u00bfquen poder\u00eda aturar vivir aqu\u00ed? E chega a sorpresa. Gabeo as d\u00faas murallas e descubro unha croa m\u00e1is grande do que agardaba. E cando entro na croa, de s\u00fapeto, o vento acouga, e vai calor aqu\u00ed, no alto deste monte batido polos ventos oce\u00e1nicos. \u00bfPor que pasa? Na zona m\u00e1is alta descubro unha atalaia: unha elevaci\u00f3n posiblemente artifical de terra. Estas xentes ergueron o monte para taparse do vento, e tam\u00e9n para m\u00e1is cousas. O castro est\u00e1 agachado. Non se pode ver desde a contorna, s\u00f3 desde a situaci\u00f3n inmediata de cen metros ao redor. Mesmo desde o mar non ser\u00eda doado de ver. Pero desde a atalaia, se cadra, os vix\u00edas se poder\u00edan asomar sobre a li\u00f1a do outeiro, e enxergar terra adentro. Non o sei. Pero na croa, maxia, aut\u00e9nticamente maxia, vai calor. <\/p>\n<p>Sento nuns penedos, arroubado pola beleza salvaxe deste lugar. Da outra banda do castro, outro abismo debr\u00fazase contra un fondo mari\u00f1o que nin me atrevo a mirar da vertixe. E vexo algo case tolkiniano. Unha fonte de auga, un manancial cae en fervenza sobre o abismo ata o mar. Al\u00ed mesmo, diante mi\u00f1a. Non ten moita auga, pero brilla ao sol, voando a auga cara o fondo do mar. <\/p>\n<p>F\u00f3ra da croa o vento peina a herba, que medra brava e grande sobre un leito posiblemente h\u00famido destes mananciais de Castromi\u00f1\u00e1n. O castro segue habitado, como podedes ver: os raposos corren e saltan entre os penedos, sorprendidos da presenza de xente, pero a\u00ednda algo curiosos tam\u00e9n. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castrominan_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castrominan_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castrominan_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Entre Castromi\u00f1\u00e1n e o primeiro n\u00facleo habitado hai 700 metros practicamente inalterados. Toda esta \u00e1rea, abandonada, son m\u00e1is de 40 hect\u00e1reas nas que temos o privilexio de conservar, case intacto, o poboado e o seu contorno. E non \u00e9 un poboado calquera. Castromi\u00f1\u00e1n \u00e9 o noso <a href=\"http:\/\/www.galway.net\/galwayguide\/visit\/aran\/about\/dunaonghus-aerial.jpg\" data-rel=\"lightbox-image-0\" data-rl_title=\"\" data-rl_caption=\"\" title=\"\">D\u00fan Aonghasa<\/a>. Paisax\u00edsticamente, o m\u00e1is espectacular dos castros costeiros de Galicia. E posiblemente un dos mellor preservados.  A combinaci\u00f3n entre a fortificaci\u00f3n e a marabillosa paisaxe de cant\u00eds e mar convirte a este lugar nun dos tesouros de Galicia, que moi pouca xente co\u00f1ece (non nos cruzamos con ningu\u00e9n nesa nunha luminosa ma\u00f1\u00e1 de ponte de San Xos\u00e9, para variar, e iso que hai un roteiro sinalizado). Se o combinades coa traxedia do Cas\u00f3n, mito, realidade, historia, memoria, todo se combina co vento e o mar. Impresionante. <\/p>\n<p><strong>Nota:<\/strong> Se queres visitar Castromi\u00f1\u00e1n, hai un acceso m\u00e1is directo desde a aldea, pero recom\u00e9ndoche que fagas o cami\u00f1o desde onde n\u00f3s o fixemos. Aparcar no estremo sur da praia do Rostro e seguir as indicaci\u00f3ns do Roteiro Mar de F\u00f3ra. Lembrade achegarvos \u00e1 Punta das Pardas, que \u00e9 o mellor sitio no que se aprecia a li\u00f1a de cant\u00eds, e logo tranquilamente en direcci\u00f3n ao castro. \u00c9 unha media hora de cami\u00f1o, indo con calma, pero paga a pena. <a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=396&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.956171,-9.279413&#038;spn=0.056598,0.071239&#038;t=h&#038;z=14\">Esta \u00e9 a localizaci\u00f3n da \u00e1rea en Cap\u00edtulo 0 Mapas<\/a>. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Alg\u00fan castro e alg\u00fan vello cami\u00f1o te\u00f1o andado nestes anos, como ben sabedes, ao longo&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/03\/24\/castrominan-un-desconecido-tesouro-do-patrimonio-natural-e-historico-de-galicia\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Castromi\u00f1\u00e1n: un desco\u00f1ecido tesouro do patrimonio natural e hist\u00f3rico de Galicia<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":19097,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18,8],"tags":[],"class_list":["post-10256","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10256","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10256"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10256\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/19097"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10256"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10256"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10256"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}