{"id":10206,"date":"2010-03-20T13:23:16","date_gmt":"2010-03-20T11:23:16","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=10206"},"modified":"2010-04-10T01:53:10","modified_gmt":"2010-04-09T23:53:10","slug":"republica-de-homes-libres-o-castelo-de-san-marcos-os-refuxios-e-os-acochos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/03\/20\/republica-de-homes-libres-o-castelo-de-san-marcos-os-refuxios-e-os-acochos\/","title":{"rendered":"Rep\u00fablica de Homes Libres: o castelo de San Marcos, os refuxios e os acochos"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/san_marcos_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Segunda li\u00f1a de muralla do Castelo de San Marcos<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/san_marcos_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A primeira li\u00f1a de murallas \u00e9 apreciable entre a vexetaci\u00f3n<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">C<\/span>on chuvia e vento acheg\u00e1monos ata o Castelo de San Marcos, en Ames [<a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=396&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.90926,-8.636112&#038;spn=0.007874,0.017166&#038;t=h&#038;z=16\">localizaci\u00f3n<\/a>].  O Castelo de San Marcos est\u00e1 nunha posici\u00f3n espectacular. Ao fondo do val da Mah\u00eda, reclu\u00eddo por tres dos seus catro lados por montes e r\u00edos que crean un gran foxo natural. A cuarta cara, a do Sur, \u00e9 un horizonte aberto ata Padr\u00f3n. Un dos poucos investigadores que est\u00e1 a traballar en Galicia na transici\u00f3n entre o mundo romano e medieval desde o punto de vista arqueol\u00f3xico \u00e9 \u00c1lvaro Rodr\u00edguez Resino. Na s\u00faa tese <em><a href=\"http:\/\/iacobus.usc.es\/record=b2157172~S3*gag\">Arqueolog\u00eda medieval en Galicia, fortificaciones y asentamientos en la zona compostelana<\/a> <\/em> d\u00e1 conta de diferentes evidencias de aldeas, fincas e fortificaci\u00f3ns dunha pequena \u00e1rea ao redor de Compostela. Entre eles, ten un amplo estudo de campo sobre o Castelo de San Marcos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/san_marcos_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Situado moi pr\u00f3ximo a Ames, tr\u00e1tase dun recinto bastante grande (2&#8217;7 hect\u00e1reas) que rodea, na t\u00f3nica dos castelos  tardorromanos ou altomedievais que estamos vendo ultimamente, cunha visible fortificaci\u00f3n no alto do monte de San Marcos. As defensas te\u00f1en d\u00faas murallas apreciables: unha moi ampla, de dous metros e medio de ancho, con acumulaci\u00f3n de cachote, que cingue a fortaleza na \u00e1rea m\u00e1is feble, duns 700 metros de longo, e que \u00e9 similar \u00e1 do Castro Lupario, \u00e1 do Castro Valente, o Aloia, etc&#8230; A maiores, nesa \u00e1rea unha segunda muralla m\u00e1is modesta, complementa a fortificaci\u00f3n nesa ladeira. Na fotograf\u00eda a\u00e9rea podedes ver perfectamente as estruturas e tam\u00e9n o <em>delicado<\/em> e <em>sutil<\/em> traballo de realizaci\u00f3n de pistas que as autoridades fixeron nun recinto que por lei se sup\u00f3n que debe ser protexido. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/san_marcos_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O interesante, adem\u00e1is, neste lugar, son d\u00faas estruturas a maiores. Unha capela en ru\u00ednas -s\u00f3 se aprecia a pranta a ras de chan entre os toxos- na zona m\u00e1is alta do monte, e do que hai moita memoria oral -mesmo de celebraci\u00f3n de romar\u00edas- e, na zona de penedos m\u00e1is alta, sinais de canteira sobre as pened\u00edas que suxiren o asentamento dunha torre. Estrados por todo o monte, hai unha chea de cer\u00e1mica, especialmente tella, e por veces apr\u00e9cianse alg\u00fans amoreamentos de pedras que suxiren estruturas. <\/p>\n<p>Coma sempre, non hai ning\u00fan tipo de documentaci\u00f3n hist\u00f3rica sobre este lugar encravado nun indeterminado horizonte temporal -tam\u00e9n coma sempre- que non \u00e9 aparentemente castrexo, sen\u00f3n da \u00faltima romanidade ou xa altomedieval. E, coma sempre, o castelo est\u00e1 mirando a un lugar: a entrada da r\u00eda de Arousa, Padr\u00f3n, o r\u00edo Ulla. E outro factor en com\u00fan que quero comezar a sinalar: a existencia dunha capela. En todos estes estra\u00f1os castelos, no Lupario, no Valente ou no Aloia sempre hai unha capela no seu interior, pr\u00f3xima a un dos estremos. Neste caso, a diferencia dos outros, o curioso \u00e9 que, pola s\u00faa ubicaci\u00f3n, m\u00e1is que controlar unha contorna (a vista \u00e9 limitada por tres dos catro puntos cardinais), parece ser un \u00faltimo refuxio, coma o \u00faltimo lugar ao que se pode acceder, ao fondo do val. Curiosamente, mesmo foi iso mesmo en \u00e9pocas m\u00e1is recentes. <\/p>\n<p>Hai unha historia abraiante: a que conta Maximino Via\u00f1o no seu libro autobiogr\u00e1fico <em><a href=\"http:\/\/books.google.es\/books?id=EovdS6eNk8cC&#038;lpg=PA475&#038;dq=monte%20de%20san%20marcos%20ames&#038;lr=&#038;client=firefox-a&#038;pg=PA475#v=onepage&#038;q=&#038;f=false\">Lembranzas: una vida en el campo gallego<\/a><\/em>. O 19 de xullo de 1936 chegaron \u00e1s aldeas que estaban ao redor do castelo de San Marcos as noticias de que o Ferreiro de Bugallido e os de Calo vi\u00f1an polas aldeas a reclutar homes, aos que tiveran escopeta e os que non con forcas e gada\u00f1as. Os homes comeron nas s\u00faas casas todo o que puideron, vest\u00edronse para pasar os d\u00edas que fixeran falta no monte e subiron, todos os homes da contorna, ao monte de San Marcos a agacharse do reclutamento. Os nenos e as mulleres v\u00edanos desde abaixo remontar as ladeiras, de aquela espidas, ata que se agacharon entre os penedos. Pero hab\u00eda un animal solitario perdido polo monte, o de Suso de Proup\u00edn, que como era coxo non puidera escapar andando, e andaba polas ladeiras do castelo. Al\u00ed, no antigo refuxio, volveron agocharse os homes \u00e1 espera de acontecementos. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Segunda li\u00f1a de muralla do Castelo de San Marcos A primeira li\u00f1a de murallas \u00e9&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/03\/20\/republica-de-homes-libres-o-castelo-de-san-marcos-os-refuxios-e-os-acochos\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Rep\u00fablica de Homes Libres: o castelo de San Marcos, os refuxios e os acochos<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18,35,8],"tags":[],"class_list":["post-10206","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10206","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10206"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10206\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10206"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10206"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10206"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}