{"id":10162,"date":"2010-03-15T23:17:40","date_gmt":"2010-03-15T21:17:40","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=10162"},"modified":"2010-03-16T00:19:55","modified_gmt":"2010-03-15T22:19:55","slug":"en-cequeril-co-senor-das-bestas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/03\/15\/en-cequeril-co-senor-das-bestas\/","title":{"rendered":"En Cequeril co Se\u00f1or das Bestas"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/blogueiros.axena.org\/wp-content\/uploads\/2010\/03\/DSC5506.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>D\u00faas correntes distintas do mesmo r\u00edo: o Umia. Foto: Sole<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/prg123_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">A<\/span>ndivemos o roteiro PRG 123, chamado da Ponte do Ramo [l<a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=396&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.610085,-8.52951&#038;spn=0.063296,0.137329&#038;z=13&#038;iwloc=000481de3ea7b162f49fd\">ocalizaci\u00f3n<\/a>], ao longo da parroquia de Cequeril (Cuntis). Est\u00e1 case rec\u00e9n feito por unha din\u00e1mica asociaci\u00f3n local, Portavezal, que conseguira o apoio econ\u00f3mico de AGADER para po\u00f1er en marcha o proxecto de amosar o mellor da s\u00faa parroquia. Tr\u00e1tase dun repousado cami\u00f1o de case sete quil\u00f3metros que se fai con tranquilidade nunhas tres horas e medio, e no que se combinan paisaxes dun fermos\u00edsimo tramo do Umia con varios mu\u00ed\u00f1os rehabilitados con outros atractivos paisax\u00edsticos, etnogr\u00e1ficos e arqueol\u00f3xicos. Com\u00e9zase na Ponte do Ramo, entre Cuntis e Cequeril, e est\u00e1 perfectamente sinalizado e explicado. O valci\u00f1o estreito de Cequeril, encaixado entre montes altos e o Castro Sebil, \u00e9 un fermoso lugar para andar e perderse. Xa hab\u00eda tempo que non tiveramos tempo de andar. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/prg123_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pero un dos puntos m\u00e1is chamativos do roteiro son as estaci\u00f3ns rupestres que est\u00e1n por riba de Cequeril, unha aut\u00e9ntica paisaxe cultural e simb\u00f3lica. Son especiais por moitos motivos, pero para os arque\u00f3logos un sobre todo: moitos das espirais e c\u00edrculos te\u00f1en unha cruz no medio. Nalg\u00fans casos parece evidente a existencia dun suco m\u00e1is profundo, feito a cincel, no interior das espirais, co cal parece indicar unha curiosa tarefa de cristianizaci\u00f3n dun lugar pag\u00e1n que deb\u00eda seguir mantendo, cando menos, capital simb\u00f3lico nalg\u00fan momento do cristianismo. Pero outras formas son moi divertidas. Nunha das laxes aparece o que se sup\u00f3n un gato (e ser\u00eda o primeiro gato representado nun petr\u00f3glifo galego). \u00c9 fermoso pasear entre as pedras, e descubrir petr\u00f3glifos que son como gotas de chuvia que rebotan nas laxes, como ondas conc\u00e9ntricas ao caeren pedri\u00f1as nun estanque. Pero o petr\u00f3glifo m\u00e1is intrigante \u00e9 este: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/blogueiros.axena.org\/wp-content\/uploads\/2010\/03\/DSC5572.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Ch\u00e1mase a Laxe dos Homes e como se pode apreciar sen necesitar ser un experto \u00e9 que os sucos son en V, non en U. Est\u00e1 feito a cincel, e iso indica posiblemente que foi gravado con posterioridade \u00e1s tradicionais espirais e labirintos que aparecen noutros, e iso fai que moitos investigadores garden moitas reservas sobre estas figuras. Son d\u00faas figuras: posiblemente unha de sexo masculino e outra de sexo feminino, a\u00ednda que sobre as intepretaci\u00f3ns que se fan, eu creo que a feminina \u00e9 a que os investigadores din que \u00e9 a masculina, e viceversa). Pero eu non podo deixar de mirala, mirala con calma. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cernunnos.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A quen vexo aqu\u00ed \u00e9 a Cernunnos, o Se\u00f1or das Bestas da mitolox\u00eda celta e doutras moitas. Aparece noutros lugares de Galicia, tam\u00e9n. O meu amigo Carlos de Rianxo estar\u00e1 nestes momentos r\u00edndose. El foi quen me axudou a ver o primeiro Cernnuno no seu concello. Obs\u00e9rvoo e comparo esta figura coa Caldeiro de G\u00fcndestrup, onde podemos atopar a imaxe m\u00e1is can\u00f3nica do Se\u00f1or das Bestas. O deus rodeado de cervos e porcos bravos e cunha serpe na man. Un deus que parece so\u00f1ar. E logo miro \u00e1 figura esquem\u00e1tica de Cequeril. Os seus brazos e os seus p\u00e9s. Poden ser representaci\u00f3ns de dedos, mans e p\u00e9s, pero eses estra\u00f1os trazos tam\u00e9n poideran ser raiceiras de \u00e1rbores. Un Se\u00f1or da Natureza, con cornos de cervo e p\u00e9s e mans coma \u00e1rbores. Miro enfronte, na accidentada paisaxe de outeiros e o r\u00edo Umia serpeando. Dan ga\u00f1as de chamar ao deus cun corno desde este altiplano sagrado, que a\u00ednda conserva unha pequena e fermosa carballeira no centro, e velo remexerse entre as copas dos carballos. <\/p>\n<p>Con independencia de que isto s\u00f3 sexa unha evocaci\u00f3n literaria e enso\u00f1adora, aseg\u00farolle que os investigadores non vos dar moitas m\u00e1is respostas sobre esta figura. Un dos motivos m\u00e1is para facer un fermoso roteiro. A m\u00e1goa. Coma sempre, non nos cruzamos con ningu\u00e9n. \u00bfComo non se vai desfacer este pa\u00eds entre construci\u00f3n, especulaci\u00f3n e asfalto se non nos tomamos nin o pracer de percorrelo e andalo?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>D\u00faas correntes distintas do mesmo r\u00edo: o Umia. Foto: Sole Andivemos o roteiro PRG 123,&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2010\/03\/15\/en-cequeril-co-senor-das-bestas\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">En Cequeril co Se\u00f1or das Bestas<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18,8],"tags":[],"class_list":["post-10162","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10162","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10162"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10162\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10162"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10162"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10162"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}