{"id":1014,"date":"2006-05-06T22:14:20","date_gmt":"2006-05-06T20:14:20","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=1014"},"modified":"2006-05-06T22:19:37","modified_gmt":"2006-05-06T20:19:37","slug":"a-memoria-de-carelia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/05\/06\/a-memoria-de-carelia\/","title":{"rendered":"A memoria de Carelia"},"content":{"rendered":"<p>A Finlandia p\u00e1salle como a Portugal: as orixes do seu pa\u00eds est\u00e1n f\u00f3ra del. Cando menos a perdida rexi\u00f3n de <a href=\"http:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Finnish_Karelia\">Carelia<\/a>, un fr\u00edo territorio situado hoxe tralas fronteiras de Rusia e que Finlandia perdeu trala Segunda Guerra Mundial, nun ensarillado proceso que me aforrarei contar aqu\u00ed. Os interesados en patrias perdidas poden atopar informaci\u00f3n na Wikipedia sobre a fino-rusa <a href=\"http:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Continuation_War\">Guerra de Continuaci\u00f3n<\/a>. <\/p>\n<p>Carelia, sen embargo, segue ocupando un relevante papel no imaxinario fin\u00e9s. Moitos dos mitos do <a href=\"http:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Kalevala\">Kalevala<\/a> \u2013a gran compilaci\u00f3n folkie de relatos tradicionais que elaboraron os equivalentes clons da Cova C\u00e9ltica na Europa n\u00f3rdica- proceden deste territorio de confrontaci\u00f3n entre occidente e oriente: o propio escudo da rexi\u00f3n resume a li\u00f1a divisoria das civilizaci\u00f3ns co ferro da espada recta e o metal da armadura e a pel de boi do b\u00e1rbaro mongol. Hoxe, da provincia perdida fican os descendentes dos repatriados na d\u00e9cada dos 40, nomes de cervexas \u2013a exitosa Karjala- e numerosas menci\u00f3ns nas conversas nas que os fineses contan a s\u00faa patria a un estranxeiro coma min. <\/p>\n<p>-De Carelia dinse moitas cousas e hai moitas versi\u00f3ns \u2013dime Hannu.<br \/>\n-Te\u00f1o tempo e estou interesado \u2013cont\u00e9stolles. Hai un sol fermoso e a xente senta en bancos corridos na <a href=\"http:\/\/maps.google.com\/maps?f=l&#038;hl=en&#038;q=jyvaskyla&#038;near=milton+hotel&#038;ll=62.239612,25.742168&#038;spn=0.004348,0.014462&#038;om=1\">Ylionpistonkatu<\/a>. Eles m\u00edranse entre si nun xesto que reco\u00f1ezo e doume conta nese mesmo momento de que cada versi\u00f3n de Carelia debe ter un n\u00famero xeneroso de adeptos con poucas ga\u00f1as de puntos de consenso, tal e como ocorre nestas inc\u00f3modas comidas galegas nas que algu\u00e9n tenta explicarlle Galicia a un estranxeiro nunha versi\u00f3n moi persoal.<br \/>\n-Far\u00e9moslle unha homenaxe a Carelia o primeiro de maio \u2013concl\u00fae Kimmo fumando na s\u00faa pipa. <\/p>\n<p>Perd\u00e9monos nos bosques de Jaala, cegados polo brillo do xeo nos lagos a\u00ednda invernais. Aqu\u00ed, algunha natureza est\u00e1 dome\u00f1ada pola pegada do granxeiro e do cazador, pero por todas partes vive a pegada do brav\u00edo, da vida que discorre f\u00f3ra dos c\u00e1lidos muros de madeira. De xeito ins\u00f3lito, nesta luz refractaria do eterno solpor, aparecen numerosos alces ao car\u00f3n dos cami\u00f1os. Son exemplares novi\u00f1os, cos cornos a\u00ednda incipientes, que agroman entre os maios cheos de medo, dubidan ante a nosa presenza, como forzando a comunicaci\u00f3n entre especies. Un varudo granxeiro m\u00edraos cunha certa melancol\u00eda:<\/p>\n<p>-Son novi\u00f1os. Ata este momento estiveron coas s\u00faas nais, pero en canto estas sentiron a chegada da primavera, abandon\u00e1ronos. Lei da natureza. Agora, esas cr\u00edas est\u00e1n desorientadas e por iso nos buscan onde esteamos. Sobrevivir\u00e1n. Aprenden r\u00e1pido. E logo coller\u00e1n medo e xa non volver\u00e1s ver un nos bosques de non ser que os saques a tiros do \u00faltimo cocho. <\/p>\n<p>Estas noites son eternas, abertas. Durmimos ao car\u00f3n dos lagos. Esc\u00f3itase un tren relativamente preto.<\/p>\n<p>-\u00bfSabes a que distancia est\u00e1 a v\u00eda? \u2013preg\u00fantanme- A trinta quil\u00f3metros. <\/p>\n<p>Son os c\u00e1lculos da desolaci\u00f3n, que \u00e9 irm\u00e1 carnal do silenzo. Nesa desolaci\u00f3n quilom\u00e9trica est\u00e1 tam\u00e9n o cami\u00f1o a Rusia. Nunha traves\u00eda a trav\u00e9s de bosques, s\u00f3 cruzar\u00edas catro cami\u00f1os ata chegar \u00e1 fronteira, e a un poboado soviet abandonado no que s\u00f3 viven cans famentos coa tinta xen\u00e9tica dos lobos. O poboado creouse trala dolorosa retirada dos colonos fineses de Carelia. Con eles trouxeron unha cultura mestiza entre Rusia e Escandinavia, entre Oriente e Occidente, entre os sabores das especies e a coci\u00f1a con graxa, entre os guisos vexetais, o emprego feliz de especies do leste e o endulzamento con baias do monte do oeste. <\/p>\n<p>As\u00ed que preparamos a nosa homenaxe \u00e1 patria perdida. Carelia coc\u00ed\u00f1ase en fornos e lentamente, con materias pobres e directas, indixestas e resistentes. No primeiro plato, prep\u00e1ranse <em>supikas<\/em>, unhas gran\u00edticas empanadi\u00f1as de avea recheas de nabo cocido en manteca e douradas na mesma. Kimmo e Auti amasan a fari\u00f1a de avea con coidado: ten particularidades na s\u00faa preparaci\u00f3n. Logo preparamos <em>pelmeni<\/em>, unha sorte de tortellini de tama\u00f1o consider\u00e1bel, feitos con carne picada de tenreira fritida a partir da graxa de porco e asulagados nun preve de seta cantarellus. <\/p>\n<p>-Vladimir Putin declarou unha vez que os <em>pelmeni <\/em>eran o seu prato favorito \u2013comenta Kimmo- e f\u00edxate na relevancia populista da declaraci\u00f3n. Os <em>pelmeni <\/em>son o prato dos pobres en Rusia e o presidente do pa\u00eds al\u00ed\u00f1ase con eles de xeito p\u00fablico. <\/p>\n<p>Para rematar, prep\u00e1rase un prodixioso prato de perola, o <em>apposkaali<\/em>, feito a partir de capas de pescozo de porco e costelas, que se van combinando con estratos de vexetais locais, os <em>sauer kratu<\/em> e os <em>hapam kaali<\/em> \u2013non me pidan que os identifique. O guiso prep\u00e1rase ao forno, durante cinco ou seis horas, e obtense un intens\u00edsimo preparado dun sabor arcano e consistente, que remata co teu bandullo se algo ficaba vivo a\u00ednda al\u00ed. <\/p>\n<p>-Un brinde por Carelia \u2013ofrecemos. E brindamos cun estupendo <em>Pagos do Galir crianza 2002<\/em>, ao meu xu\u00edzo o mellor tinto que sae hoxe das adegas galegas.  <\/p>\n<p>Af\u00f3ra est\u00e1n retornando os cisnes dende o sur do continente. E o paxaro do demo, o kuikka, m\u00f3vese entre os \u00e1rbores. Saio a repousar o meu estado de absoluta gravidez at\u00e9 o xeo do lago. Unha brisa x\u00e9lida l\u00e9vame pensamentos. Uns ollos tenros, de animal consolado, m\u00edranme pendurados dunha \u00e1rbore. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Finlandia p\u00e1salle como a Portugal: as orixes do seu pa\u00eds est\u00e1n f\u00f3ra del. Cando&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/05\/06\/a-memoria-de-carelia\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A memoria de Carelia<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7,8],"tags":[],"class_list":["post-1014","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1014","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1014"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1014\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1014"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1014"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1014"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}