{"id":1003,"date":"2006-04-27T22:26:20","date_gmt":"2006-04-27T20:26:20","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=1003"},"modified":"2006-04-27T22:26:20","modified_gmt":"2006-04-27T20:26:20","slug":"amizade-baixo-un-sol-boreal","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/04\/27\/amizade-baixo-un-sol-boreal\/","title":{"rendered":"Amizade baixo un sol boreal"},"content":{"rendered":"<p>Neste pais, os lagos ainda estan xeados e o territorio e coma unha patina branca. <\/p>\n<p>&#8211;<em>A primavera retrasou duas semanas<\/em> -dime alguen.<\/p>\n<p>En Finlandia, levan conta do tempo que tardan as estacions en chegar. A primavera aparece dun dia para outro e con ela o humor, o caracter fresco e toda a luz do universo. <\/p>\n<p>A primavera retrasou duas semanas e iso provoca que os lagos sexan hoxe coma espellos conxelados de frio e que a luz encha todo a todas horas, nun eterno solpor, sempre de canto, sempre estendendo as sombras como alfombras de xeques sobre o tapiz pardo do chan. Esperto, sereno e espabilado, as catro e media da manha, co sol batendo na minha cara e un insolito galo cantando nalgunha terraza. E sintome ben. Tento durmir. As seis da manha xa estou traballando no meu portatil, greludo coma un cativo as nove da manha dun domingo. <\/p>\n<p>-Xa estas a padecer a histeria artica &#8211; dime Kimmo morrendo da risa. <\/p>\n<p>E certo. Pero coma sempre, sintome tremendamente tranquilo e ben. No bimotor que me trouxo ata aqui, co atronador ruido das aspas, as garabatas relaxanse e desconhecidos comezamos a bromear entre nos ao caron das cervexas que serve unha azafata especialmente faladoira. So os mudos serian incapaces de arrincar unha conversa neste pais tan estranho. Paso o dia traballando, cos meus amigos. As noites son de ceas en pequenos espazos intimos e cargados de rituais: o silenzo do saudo mentres brindamos unha mestura de vodka e licor de amorodos antes do prato principal, os anaquinhos de ruda e fieito que gabean por uns pratos dispostos coma se foran altas montanhas, pero con antiquisimos xeitos de cocinhar. As conversas son profundamente divertidas: abundan nos chistes dos perifericos, similares dende Galicia ata este pais tan brillante. Conhezo a dramatica historia de Carelia, da man dos fillos dos supervivintes, da que xa che falarei en canto tenha unha boa conexion. E tiramos longas horas conversando sobre infografia: Tapio M\u00e4kel\u00e4 conhece en profundidade as tradicions xaponesas da imaxineria, Lasse Rantanen foi Premio Nacional de Desenho Grafico o ano pasado e crea librescas ilustracions para o Helsinki Sanomat, Kimmo Lehtonen e Arri preparan a segunda gran bienal fotografica Work in Progress, da que tamen che falarei. As noites fanse curtas, os dias fanse eternos e o pais e unha pura conversa, dialogante, nada impositiva, baseada no conhecemento do outro coma un xeito elegante de perder o tempo na companha de persoas. <\/p>\n<p>Dixenche que me encanta este pais? <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Neste pais, os lagos ainda estan xeados e o territorio e coma unha patina branca.&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/04\/27\/amizade-baixo-un-sol-boreal\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Amizade baixo un sol boreal<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,8],"tags":[],"class_list":["post-1003","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1003","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1003"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1003\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1003"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1003"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1003"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}