{"id":5027,"date":"2008-08-11T21:15:21","date_gmt":"2008-08-11T19:15:21","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?page_id=5027"},"modified":"2026-03-18T19:07:06","modified_gmt":"2026-03-18T17:07:06","slug":"o-autor","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/o-autor\/","title":{"rendered":"Sobre min"},"content":{"rendered":"<p><strong>Bio breve: <\/strong>Manuel Gago \u00e9 xornalista, director de <a href=\"http:\/\/www.culturagalega.org\">culturagalega.gal<\/a>, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e editor de <a href=\"http:\/\/www.capitulocero.org\">Cap\u00edtulo 0<\/a>.<\/p>\n<p><strong>Bio media (recomendada para presentaci\u00f3ns):<\/strong> <strong>Manuel Gago Mari\u00f1o<\/strong> (Palmeira, Ribeira, 1976) \u00e9 doutor en CC. da Informaci\u00f3n pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade, \u00e9 director de culturagalega.gal, o portal de divulgaci\u00f3n cultural do Consello da Cultura Galega e profesor asociado na Facultade de CC. da Comunicaci\u00f3n da Universidade de Santiago de Compostela, formando aos novos xornalistas na especialidade de ciberxornalismo. \u00c9 editor de Cap\u00edtulo Cero (www.manuelgago.org\/blog), un dos blogs referentes da rede galega, no \u00e1mbito da divulgaci\u00f3n hist\u00f3rica, cient\u00edfica, en estilos de vida, gastronom\u00eda e cultura, e por el ten recibido premios e menci\u00f3ns de diferentes colectivos profesionais galegos. Colaborador habitual da Radio Galega, onde o seu \u00faltimo espazo foron <em>as Efem\u00e9ridas<\/em>, no Galicia por Diante. Mant\u00e9n as columnas Vermello contra o mar en <em>La Voz de Galicia<\/em>, e Seisentidos, na T\u00e1boa Redonda, o suplemento cultural de <em>El Progreso<\/em> e <em>Diario de Pontevedra<\/em>.<\/p>\n<p>No \u00e1mbito da difusi\u00f3n e investigaci\u00f3n no \u00e1mbito arqueol\u00f3xico, Gago ten participado en proxectos como a escavaci\u00f3n do poboado da Lanzada (2010) e ten promovido e coordinado iniciativas de arqueolox\u00eda e comunicaci\u00f3n p\u00fablica nos sitios arqueol\u00f3xicos de Pena Furada (Coir\u00f3s), Torre dos Mouros (Lira, Carnota, 2012), Castro de Mallou (Carnota, 2013), Croas de Ni\u00f1\u00f3ns (Ponteceso, 2013) ou As Croas de Cerqueda (Malpica, 2014, en curso). \u00c9 fundador de <a href=\"http:\/\/www.patrimoniogalego.net\">patrimoniogalego.net<\/a>, a rede social do patrimonio cultural de Galicia e membrod o colectivo <a href=\"http:\/\/www.romanarmy.eu\">romanarmy.eu<\/a>, de investigaci\u00f3n da presenza do ex\u00e9rcito romano no NW peninsular. Como comisario de exposici\u00f3ns, Gago foi responsable en 2010 da exposici\u00f3n <a href=\"http:\/\/www.aopedolar.org\">Ao p\u00e9 do Lar<\/a>, promovida para o F\u00f3rum Gastron\u00f3mico en Santiago e con sede no Museo do Pobo Galego. En 2016-17 comisariou <a href=\"http:\/\/galicia100.consellodacultura.gal\">Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura<\/a>, producida polo Consello da Cultura Galega en colaboraci\u00f3n con Afundaci\u00f3n e exposta en Santiago de Compostela, A Coru\u00f1a e Vigo. En 2018 comisariou a exposici\u00f3n <em><a href=\"http:\/\/consellodacultura.gal\/especiais\/alba-de-gloria\/\">Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia<\/a><\/em>, producida polo Consello da Cultura Galega e inaugurada na igrexa de San Domingos de Bonaval. En 2019 comisariou a exposici\u00f3n<em> <a href=\"https:\/\/www.cidadedacultura.gal\/gl\/evento\/galicia-un-relato-no-mundo\">Galicia, un relato no mundo<\/a><\/em> no Museo Gai\u00e1s da Cidade da Cultura, a primeira das tres grandes exposici\u00f3ns do Xacobeo&#8217;21.<\/p>\n<p>Como ensa\u00edsta e escritor, Gago ten publicado libros con \u00e9xito de p\u00fablico. Nos \u00faltimos anos, \u00e9 coautor do libro <em>R\u00edas Baixas, Gourmet Territory <\/em>(2011). En 2012 publicou, canda o arque\u00f3logo Xurxo Ay\u00e1n, o ensaio <em>Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do s\u00e9culo XXI<\/em> (2.0 Editora). No 2013 editou o libro de narrativa &#8220;<a href=\"http:\/\/www.ventoechuvia.com\">Vento e Chuvia. Mitolox\u00eda antiga de Gallaecia<\/a>&#8221; (Ed. Xerais). E en 2015 <a href=\"http:\/\/www.amazon.es\/Platos-rotos-Textos-gastron%C3%B3micos-2003-2015-ebook\/dp\/B017IYRRH4\/\">Platos Rotos. Textos Gastron\u00f3micos (2003-2015)<\/a>, unha antolox\u00eda da produci\u00f3n xornal\u00edstica de Gago ao redor da relaci\u00f3n entre vi\u00f1o, comida e sociedade. En 2016 foi un dos autores do libro colectivo <i>Historia das Historias de Galicia<\/i> (Xerais, 2016) e publicou a s\u00faa primeira novela: <em>O Anxo Negro<\/em> (Xerais, 2016), traducido ao castel\u00e1n en 2018 como <em>\u00c1ngel negro<\/em> (Lince editora). En 2018 publicou tam\u00e9n a s\u00faa segunda novela, <em>O ex\u00e9rcito de fume<\/em> (Xerais). En 2020, o libro de autoficci\u00f3n <em>O sangue das pantasmas<\/em> (Librar\u00eda Couceiro e Festival Atl\u00e1ntica). En 2021, a novela <em>Nus<\/em> (Xerais) e en 2026 o ensaio <em>Ata que os mares sequen. Unha Escocia en clave galega<\/em>. <\/p>\n<p>A nivel audiovisual, dirixiu o documental <em>As pedras de San Lourenzo<\/em>, co que obtivo o Premio a Mellor Documental no Festival de Cine Arqueol\u00f3xico de Castilla y Le\u00f3n 2017.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gago_retrato.png\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><em>Manuel Gago. Foto: Distrito Xermar (2019). (<a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gago_retrato.png\" data-rel=\"lightbox-image-0\" data-rl_title=\"\" data-rl_caption=\"\" title=\"\">baixar en alta resoluci\u00f3n<\/a>)<\/em><\/p>\n<p><strong>Bio longa: <\/strong><strong>Manuel Gago Mari\u00f1o<\/strong> (Palmeira, Ribeira, 1976) \u00e9 doutor en CC. da Informaci\u00f3n pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade, \u00e9 director de culturagalega.gal, o portal de divulgaci\u00f3n cultural do Consello da Cultura Galega e profesor asociado na Facultade de CC. da Comunicaci\u00f3n da Universidade de Santiago de Compostela, formando aos novos xornalistas na especialidade de ciberxornalismo. Gago \u00e9 autor de varios libros sobre xornalismo electr\u00f3nico e arquitectura da informaci\u00f3n en Internet. Os \u00faltimos son <em>Sistemas Digitales de Informaci\u00f3n<\/em> (Pearson Prentice Hall, 2006) e <em>Dise\u00f1o Period\u00edstico en Internet<\/em> (UPV, 2007). A s\u00faa tese de doutoramento, merecente dun sobresa\u00ednte cum laude en 2011, tit\u00falase <em>Dese\u00f1o editorial e arquitectura da informaci\u00f3n nos cibermedios internacionais de referencia<\/em>. \u00c9 membro do Grupo de investigaci\u00f3n en Novos Medios da USC, onde experimenta con prototipos de novos medios. O seu blog persoal sobre enogastronom\u00eda, viaxes, cultura e novas tecnolox\u00edas \u00e9 Cap\u00edtulo 0 (www.manuelgago.org\/blog\/). En marzo de 2009, un xurado convocado polo semanario Santiago 7 escolleu a Cap\u00edtulo 0 e a Manuel Gago como <a href=\"http:\/\/www.santiagosiete.es\/articulo\/2009\/13\/manuel-gago-mejor-blogger-local\">mellor blog e blogger de Santiago de Compostela e comarca<\/a>.En 2012, foi escollido mellor blog informativo\/cultural nos I Premios Galegos do Marketing en Medios Sociais. Colaborador habitual da Radio Galega, onde o seu \u00faltimo espazo foron <em>as Efem\u00e9ridas<\/em>, no Galicia por Diante. Mant\u00e9n as columnas Vermello contra o mar en <em>La Voz de Galicia<\/em>, e Seisentidos, na T\u00e1boa Redonda, o suplemento cultural de <em>El Progreso<\/em> e <em>Diario de Pontevedra<\/em>.<\/p>\n<p>No \u00e1mbito gastron\u00f3mico, Gago \u00e9 o creador e promotor do <a href=\"http:\/\/www.codigococina.org\">C\u00f3digo Coci\u00f1a<\/a>, un c\u00f3digo de boas pr\u00e1cticas para o blogging gastron\u00f3mico. Colaborou semanalmente no programa gastron\u00f3mico da Radio Galega <em>Come e Fala<\/em>, co que ga\u00f1ou o Premio Nacional de Xornalismo Gastron\u00f3mico 2010. Os seus textos gastron\u00f3micos poden lerse na secci\u00f3n <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/category\/paparotasco\/\">Paparotas &amp; Co<\/a> de Cap\u00edtulo 0, o seu blog persoal, fundado en 2004, e o m\u00e1is antigo en activo escrito en lingua galega. No ano 2009, os membros da Asociaci\u00f3n Profesional de Coci\u00f1eiros de Galicia nome\u00e1rono Socio Honor\u00edfico da entidade. Coordinando a un equipo de alumnos da Facultade de CC. da Comunicaci\u00f3n, elaborou o documental web gastron\u00f3mico <em>Coas nosas mans<\/em>, co que ga\u00f1ou o Premio Nacional de Periodismo Gastron\u00f3mico \u00c1lvaro Cunqueiro ao mellor web gastron\u00f3mico 2009. Neste ano tam\u00e9n coordinou unha experiencia pioneira no \u00e1mbito da comunicaci\u00f3n gastron\u00f3mica: <em><a href=\"http:\/\/www.elriojadeblogenblog.com\">El Rioja de Blog en Blog<\/a><\/em>, unha aventura enogastron\u00f3mica en tempo real patrocinada polo Goberno da Rioxa. Actualmente tam\u00e9n mant\u00e9n <a href=\"http:\/\/www.thewinecodex.com\">The Wine Codex<\/a>, unha guia persoal sobre os vi\u00f1os da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica en ingl\u00e9s. \u00c9 coautor do libro <em><a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2011\/09\/18\/rias-baixas-gourmet-territory\/\">R\u00edas Baixas, Gourmet Territory<\/a><\/em> (2011), unha publicaci\u00f3n destinada a presentar internacionalmente a gastronom\u00eda contempor\u00e1nea do litoral sur de Galicia a un p\u00fablico de <em>foodies<\/em> e <em>gourmets<\/em>. No 2012 a Asociaci\u00f3n de Sumilleres Gallaecia nomeouno Xornalista Distinguido. Tam\u00e9n escribiu en <a href=\"http:\/\/blogs.cadenaser.com\/tinta-de-calamar\/author\/manugago\/\"><em>Tinta de Calamar<\/em><\/a>, o blog gastron\u00f3mico da Cadena Ser, e na revista <a href=\"http:\/\/www.benbo.eu\">Benbo<\/a>.<\/p>\n<p>Como comisario de exposici\u00f3ns, Gago foi responsable en 2010 da exposici\u00f3n <a href=\"http:\/\/www.aopedolar.org\">Ao p\u00e9 do Lar<\/a>, promovida para o F\u00f3rum Gastron\u00f3mico en Santiago e con sede no Museo do Pobo Galego. En 2016-17 comisariou <a href=\"http:\/\/galicia100.consellodacultura.gal\">Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura<\/a>, producida polo Consello da Cultura Galega en colaboraci\u00f3n con Afundaci\u00f3n e exposta en Santiago de Compostela, A Coru\u00f1a e Vigo. En 2018 comisariou a exposici\u00f3n <em><a href=\"http:\/\/consellodacultura.gal\/especiais\/alba-de-gloria\/\">Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia<\/a><\/em>, producida polo Consello da Cultura Galega e inaugurada na igrexa de San Domingos de Bonaval. En 2019 comisariou a exposici\u00f3n<em> <a href=\"https:\/\/www.cidadedacultura.gal\/gl\/evento\/galicia-un-relato-no-mundo\">Galicia, un relato no mundo<\/a><\/em> no Museo Gai\u00e1s da Cidade da Cultura, a primeira das tres grandes exposici\u00f3ns do Xacobeo&#8217;21.<\/p>\n<p>Gago desempe\u00f1a actividades de difusi\u00f3n e investigaci\u00f3n no \u00e1mbito arqueol\u00f3xico. Foi membro do equipo de investigaci\u00f3n nas escavaci\u00f3ns do poboado da Lanzada (Deputaci\u00f3n de Pontevedra e LaPA-CSIC, 2010), e promotor, canda Ant\u00f3n Malde, da escavaci\u00f3n no sitio arqueol\u00f3xico de <a href=\"http:\/\/penafurada.wordpress.com\">Pena Furada<\/a> (Concello de Coir\u00f3s e Iniciativa de Voluntariado, 2011). No 2011 fundou <a href=\"http:\/\/www.patrimoniogalego.net\">patrimoniogalego.net<\/a>, a rede social do patrimonio cultural de Galicia. En 2012 publicou, canda o arque\u00f3logo Xurxo Ay\u00e1n, o ensaio <em>Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do s\u00e9culo XXI<\/em> (2.0 Editora). En 2012 promoveu o proxecto arqueol\u00f3xico da <a href=\"http:\/\/www.torredosmouros.net\">Torre dos Mouros<\/a> (Lira, Carnota). En 2013 promoveu tam\u00e9n os proxectos arqueol\u00f3xicos do <a href=\"http:\/\/www.castrodemallou.net\">Castro de Mallou<\/a> (Carnota) e <a href=\"http:\/\/www.croasdeninhons.net\">As Croas de Ni\u00f1\u00f3ns<\/a> (Ponteceso), dos que foi tam\u00e9n responsable de comunicaci\u00f3n.<\/p>\n<p>No 2013 editou o libro de narrativa &#8220;<a href=\"http:\/\/www.ventoechuvia.com\">Vento e Chuvia. Mitolox\u00eda antiga de Gallaecia<\/a>&#8221; (Ed. Xerais), merecente do Premio ao Mellor Libro Educativo 2013, pola Asociaci\u00f3n Galega de Editores. E en 2015, en formato electr\u00f3nico, <a href=\"http:\/\/www.amazon.es\/Platos-rotos-Textos-gastron%C3%B3micos-2003-2015-ebook\/dp\/B017IYRRH4\/\">Platos Rotos. Textos Gastron\u00f3micos (2003-2015)<\/a>, unha antolox\u00eda da produci\u00f3n xornal\u00edstica de Gago ao redor da relaci\u00f3n entre vi\u00f1o, comida e sociedade. En 2016 foi un dos autores do libro colectivo <i><a href=\"http:\/\/www.xerais.es\/libro.php?id=4258911\">Historia das Historias de Galicia<\/a><\/i> (Xerais, 2016) e publicou a s\u00faa primeira novela: <em><a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/oanxonegro\">O Anxo Negro<\/a><\/em> (Xerais, 2016). A s\u00faa segunda novela, <em>O ex\u00e9rcito de fume<\/em>, publicouse en 2018.\u00a0En 2020, o libro de autoficci\u00f3n <em>O sangue das pantasmas<\/em> (Librar\u00eda Couceiro e Festival Atl\u00e1ntica).E n 2021, a novela <em>Nus<\/em> (Xerais) e en 2026 o ensaio <em>Ata que os mares sequen. Unha Escocia en clave galega<\/em>. <\/p>\n<p>Como realizador audiovisual, dirixiu o documental <em>As pedras de San Lourenzo<\/em>, co que obtivo o Premio a Mellor Documental no Festival de Cine Arqueol\u00f3xico de Castilla y Le\u00f3n 2017.<\/p>\n<h3>Videoteca de conferencias<\/h3>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/vqb7RPYEejg?start=1291\" width=\"560\" height=\"315\" frameborder=\"0\" allowfullscreen=\"allowfullscreen\"><\/iframe><br \/>\nT\u00edtulo: Levo milenios de memoria nos meus beizos<br \/>\nOnde: Cotenol. Lgx15. Santiago de Compostela<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"http:\/\/www.youtube.com\/embed\/0__d2TBFX6E\" width=\"620\" height=\"345\" frameborder=\"0\" allowfullscreen=\"allowfullscreen\"><\/iframe><br \/>\nT\u00edtulo: Unha nova v\u00eda para a memoria cultural<br \/>\nOnde: TEDxGalicia 2011. Santiago de Compostela<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"\/\/www.youtube.com\/embed\/zPt5lxbJPQk?rel=0\" width=\"600\" height=\"450\" frameborder=\"0\" allowfullscreen=\"allowfullscreen\"><\/iframe><br \/>\nT\u00edtulo: Crear novas narrativas para destinos culturais<br \/>\nOnde: Conferencia Internacional Territorios Creativos (Ourense, ver\u00e1n de 2013).<\/p>\n<p><object width=\"620\" height=\"485\"><param name=\"movie\" value=\"http:\/\/www.youtube.com\/v\/QeEClR6WfKY&amp;hl=es_ES&amp;fs=1&amp;start=1770\" \/><param name=\"allowFullScreen\" value=\"true\" \/><param name=\"allowscriptaccess\" value=\"always\" \/><embed src=\"http:\/\/www.youtube.com\/v\/QeEClR6WfKY&amp;hl=es_ES&amp;fs=1&amp;start=1770\" type=\"application\/x-shockwave-flash\" allowscriptaccess=\"always\" allowfullscreen=\"allowfullscreen\" width=\"620\" height=\"485\" \/><\/object><br \/>\nT\u00edtulo: Est\u00e9tica de datos<br \/>\nOnde: Barcamp&#8217;09 Loxa (Ecuador). Universidad T\u00e9cnica Particular de Loxa.<\/p>\n<h3>Reportaxes<\/h3>\n<p><object width=\"620\" height=\"365\"><param name=\"movie\" value=\"http:\/\/www.youtube.com\/v\/IvofkKNtXCo&amp;color1=0xb1b1b1&amp;color2=0xd0d0d0&amp;hl=es_ES&amp;feature=player_embedded&amp;fs=1\" \/><param name=\"allowFullScreen\" value=\"true\" \/><param name=\"allowScriptAccess\" value=\"always\" \/><embed src=\"http:\/\/www.youtube.com\/v\/IvofkKNtXCo&amp;color1=0xb1b1b1&amp;color2=0xd0d0d0&amp;hl=es_ES&amp;feature=player_embedded&amp;fs=1\" type=\"application\/x-shockwave-flash\" allowfullscreen=\"allowfullscreen\" allowscriptaccess=\"always\" width=\"620\" height=\"365\" \/><\/object><br \/>\nPrograma <em>Conexi\u00f3ns<\/em> (TVG)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bio breve: Manuel Gago \u00e9 xornalista, director de culturagalega.gal, profesor da Universidade de Santiago de&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/o-autor\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Sobre min<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":33578,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","template":"","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-5027","page","type-page","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/5027","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5027"}],"version-history":[{"count":31,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/5027\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":34065,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/5027\/revisions\/34065"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/33578"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5027"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}