{"id":33846,"date":"2021-01-24T17:58:21","date_gmt":"2021-01-24T15:58:21","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?page_id=33846"},"modified":"2021-08-16T10:39:33","modified_gmt":"2021-08-16T08:39:33","slug":"nus","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/nus\/","title":{"rendered":"Nus"},"content":{"rendered":"<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-large wp-image-33847\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nus-690x1024.jpg\" alt=\"\" width=\"690\" height=\"1024\" srcset=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nus-690x1024.jpg 690w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nus-202x300.jpg 202w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nus-768x1140.jpg 768w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nus-404x600.jpg 404w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nus-1380x2048.jpg 1380w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nus-150x223.jpg 150w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nus.jpg 1831w\" sizes=\"auto, (max-width: 690px) 100vw, 690px\" \/><\/p>\n<p><em>N\u00fas<\/em> \u00e9 a nova novela de Manuel Gago, editada por Edici\u00f3ns Xerais de Galicia (<a href=\"https:\/\/www.xerais.gal\/libro.php?id=6290220\">ver ficha<\/a>).<\/p>\n<p>Dispo\u00f1ible en librar\u00edas o 11 de marzo de 2021.<\/p>\n<h3>Sinopse<\/h3>\n<blockquote><p>Na madurez, To\u00f1o Figueroa, v\u00e1stago da \u00faltima aristocracia do pa\u00eds, mant\u00e9n unha dobre vida na intimidade da s\u00faa memoria. Lembra a diario as s\u00faas primeiras veces e habita sen descanso a pasada mocidade: o sexo, as grandes mentiras familiares, os trens que se foron perdendo&#8230; To\u00f1o m\u00f3vese con cinismo e incredulidade no convulso ambiente pol\u00edtico da Galicia de principios dos oitenta; a s\u00faa conciencia social remata no seu propio corpo e no das mulleres coas cales aprende a descubrilo. Ou iso nos quere facer crer. Ata que To\u00f1o e os seus amigos chegan \u00e1 solitaria praia de Calabarda, un para\u00edso aberto ao oc\u00e9ano onde se pode ser libre dun xeito novo: sen roupa. Nun extremo da praia, os arque\u00f3logos descobren un castro ancestral. Noutro, os veci\u00f1os so\u00f1an con leiras de millo en que agromen os chal\u00e9s. E no medio, To\u00f1o \u00fanese a unha grea de nudistas dispostos a todo para manteren os seus coiros ao sol.Manuel Gago ofr\u00e9cenos en Nus un retrato ir\u00f3nico e irreverente da contraditoria Galicia dos primeiros 80 a trav\u00e9s das aventuras sexuais dun cr\u00e1pula tan c\u00ednico como tenro.<\/p><\/blockquote>\n<p>Inspirada nos movementos de loita polo naturismo nas praias galegas a principios dos 80, <em>N\u00fas<\/em> \u00e9 unha aposta literaria moi distinta aos meus anteriores textos, a\u00ednda que os lectores reco\u00f1eceredes claves, escenarios e (seguro) personaxes. En <em>N\u00fas<\/em> exploro a sensualidade, o descubrir do sexo, a masculinidade&#8230; pero tam\u00e9n escribo desde a memoria dun protagonista un tanto inc\u00f3modo, que relata a Galicia entre a transici\u00f3n e a primeira democracia desde un punto de vista pouco habitual na literatura do pa\u00eds. \u00c9 unha novela dunha persoa, pero tam\u00e9n dun tempo.<\/p>\n<h3><em>Nus<\/em> presentada nun minuto:<\/h3>\n<p><iframe loading=\"lazy\" title=\"YouTube video player\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/xiQppJS4KrA\" width=\"560\" height=\"315\" frameborder=\"0\" allowfullscreen=\"allowfullscreen\"><\/iframe><\/p>\n<h3><em>Nus<\/em> nos medios<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nosdiario_nus.png\" alt=\"\" \/><br \/>\n<a href=\"https:\/\/www.nosdiario.gal\/articulo\/cultura\/manuel-gago-sinto-hoxe-galiza-decidiu-nos-80\/20210323200354118194.html\">N\u00f3s Diario<\/a><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blog.xerais.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/Nus-La-Voz-de-Carballo-732x1024.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\nLa Voz de Galicia (<a href=\"https:\/\/blog.xerais.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/01\/Nus-La-Voz-de-Carballo.pdf\">pdf<\/a>)<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/zigzagnus.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\nEntrevista no <a href=\"http:\/\/www.crtvg.es\/informativos\/nus-a-nova-novela-de-manuel-gago-os-coiristas-dos-80-foron-os-primeiros-en-decatarse-do-poder-da-imaxe-nas-protestas-sociais-4967942\">ZigZag Diario <\/a>(Televisi\u00f3n de Galicia). <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/twitch_orgullo_galego.png\" alt=\"\" \/><br \/>\nEntrevista en <a href=\"https:\/\/www.twitch.tv\/videos\/991197095\"><em>Orgullo Galego<\/em><\/a>. <\/p>\n<h3>Din de <em>Nus<\/em><\/h3>\n<p><em>(Incl\u00fao aqu\u00ed comentarios p\u00fablicos en medios, blogs ou redes sociais que localizo. Se co\u00f1eces alg\u00fan que non figure, por favor escr\u00edbeme a magago@gmail.com). <\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tabela_21.jpg\" \/><br \/>\nLibro do mes (Marzo 2021) na Tabela dos Libros da cr\u00edtica literaria.<\/p>\n<blockquote><p>Esta novela de Gago \u00e9 unha aposta moi diferente do tipo de literatura a que nos ten acostumados, pero mant\u00e9n o seu estilo fresco e descarado de anteriores traballos. O\u2008uso da iron\u00eda e do humor, latentes en cada p\u00e1xina do relato, fan da lectura algo agradable e axudan a acompa\u00f1ar ao protagonista ao longo da s\u00faa andaina, mesmo creando certa vinculaci\u00f3n c\u00f3mplice do lector con el, a pesar de ser un individuo ben pouco recomendable.<\/p><\/blockquote>\n<p>Manrique Fern\u00e1ndez (<a href=\"https:\/\/manriquefdez.wordpress.com\/2021\/04\/08\/manuel-gago-nus\/\">O meu andel<\/a>)<\/p>\n<blockquote><p>MANUEL reco\u00f1ec\u00edame onte que a santa compa\u00f1a local non chegara \u00e1 praia nin houbera parroquia nin cruz nin sacerdote, pero que fora un convencemento colectivo. &#8220;Na mi\u00f1a mitolox\u00eda os nudistas eran igual que os mouros&#8221;, un seres estranos e fascinantes, pertencentes a outras voces e a outros \u00e1mbitos.<\/p><\/blockquote>\n<p>Santiago Jaureguizar no <a href=\"https:\/\/www.galiciae.com\/blog\/jaureguizar-cabaret-voltaire\/dous-banistas-ningun-pudor-textil\/20210420200420090283.html\">T\u00e1boa Redonda<\/a> (El Progreso\/Diario de Pontevedra)<\/p>\n<blockquote><p>Unha das mellores raz\u00f3ns para ler esta novela \u00e9 a sicolox\u00eda coa que Manuel Gago trata aos seus personaxes, os de verdade, tam\u00e9n. Desfrutei da novela, como agardo que a desfruten os que desexen saber de que \u00eda daquela o noso pa\u00eds.<\/p><\/blockquote>\n<p>Vicente Araguas en <a href=\"https:\/\/blog.xerais.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Nus-Vicente-Araguas.pdf\">El Ideal Gallego<\/a>  <\/p>\n<blockquote><p>Acabo de rematar a lectura do libro \u201cNus\u201d de Manuel Gago e non s\u00f3 me gustou sen\u00f3n que me encantou. Te\u00f1o que confesar que a tem\u00e1tica do libro non me atra\u00eda moito nun principio, pero est\u00e1 tan ben escrito que xa quedei atrapado na historia nada m\u00e1is comezar. (&#8230;) -Polo marabilloso retrato tan perspicaz, agudo e ir\u00f3nico que o autor fai da sociedade galega dos primeiros anos da democracia e da transici\u00f3n e como \u00e9  capaz de ligala coa historia doutra transici\u00f3n, a duns mozos e mozas que est\u00e1n espertando \u00e1 sexualidade.(&#8230;) &#8211; Por esas historias de amor e eses marabillosos personaxes femininos (Rosal\u00eda, Teresa, Encarna e Ux\u00eda) que xa pasan a formar parte do meu imaxinario literario particular. (&#8230;) E a principal raz\u00f3n: porque sempre me pareceu que o m\u00e1is importante dun libro \u00e9 a pegada que deixa no lector, e nestes momentos s\u00edntome coma unha especie de Pedra Leirada, que agacha un petr\u00f3glifo segredo. (&#8230;) Na mi\u00f1a opini\u00f3n un dos mellores libros publicados en galego nos \u00faltimos anos. <\/p><\/blockquote>\n<p>Jos\u00e9 Carlos Vidal Su\u00e1rez en <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/josecarlos.vidalsuarez\/posts\/10222604142685298\">Facebook<\/a>.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/diana_nus.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<blockquote><p>&#8220;Un libro TOP&#8221;<\/p><\/blockquote>\n<p>Diana Pastoriza en <a href=\"https:\/\/twitter.com\/diana_pastoriza\/status\/1390384639588589573?s=20\">Twitter<\/a>. Ilustraci\u00f3n de Diana feita durante unha presentaci\u00f3n de <em>Nus<\/em>.<\/p>\n<blockquote><p>Todo contado coa pericia narrativa a que nos ten habituados Manuel Gago. Un t\u00edtulo importante para as xeraci\u00f3ns que non co\u00f1eceron o movemento coirista. Gago crea aqu\u00ed unha ficci\u00f3n que lle fai xustiza literaria<\/p><\/blockquote>\n<p>Xos\u00e9 Manuel Eyr\u00e9 en <a href=\"https:\/\/ferradura.blog\/2021\/08\/11\/critica-de-nus-manuel-gago-en-xerais\/\"><i>Ferradura en Tr\u00e1nsito<\/i><\/a><\/p>\n<blockquote><p>O t\u00edtulo desta novela de Manuel Gago \u00e9 elocuente de seu por facer expl\u00edcitas varias dimensi\u00f3ns da trama narrativa. As cales deixan ao descoberto significativos \u00e1mbitos do arrinque do entramado auton\u00f3mico. (&#8230;) Como se declara, o mundo est\u00e1 constitu\u00eddo por historias de fasqu\u00eda inveros\u00edmil, cheas de portas abertas, que cobran sentido cando algu\u00e9n as une.(&#8230;) Esta \u00e9 a atmosfera que paira sobre a obra. Consistente en amosar os poros \u00edntimos dunha escura entretea de intereses.<\/p><\/blockquote>\n<p>Xo\u00e1n Carlos Dom\u00ednguez Alberte en <a href=\"https:\/\/www.nosdiario.gal\/opinion\/xoan-carlos-dominguez-alberte\/nus\/20210428213032120489.html\"><i>N\u00f3s Diario<\/i><\/a><\/p>\n<blockquote><p>Gago ofrece en Nus (Xerais) unha cr\u00f3nica novelada, chea de humor e retranca, da Galicia dos primeiros anos oitenta, cun evidente pouso de cr\u00edtica sociol\u00f3xica e co pano de fondo dos conflitos sociais cos nudistas<\/p><\/blockquote>\n<p>Ram\u00f3n Nicol\u00e1s en <a href=\"https:\/\/www.lavozdegalicia.es\/noticia\/fugas\/2021\/07\/02\/historias-galego-escoller\/0003_202107SF2P4991.htm\"><i>La Voz de Galicia<\/i><\/a><\/p>\n<blockquote><p>Manuel Gago conseguiu unir con habelencia a peripecia individual co destino colectivo. Recreou un documento sociol\u00f3xico que analiza esta Galicia da transici\u00f3n que est\u00e1 mudando a moitos niveis (&#8230;) \u00c9 unha novela con moito fondo no que ademais das peripecias do personaxe, que son moi entretidas e moi curiosas, hai moito de subverter con valores caducos e retr\u00f3gados que estaban na Galicia dese tempo e que seguen presentes. Gustoume que esta novela est\u00e1 chea de humor e recrea dun xeito moi v\u00edvido este momento hist\u00f3rico que foi decisivo.<\/p><\/blockquote>\n<p><!--[if lt IE 9]><script>document.createElement('audio');<\/script><![endif]-->\n<audio class=\"wp-audio-shortcode\" id=\"audio-33846-1\" preload=\"none\" style=\"width: 100%;\" controls=\"controls\"><source type=\"audio\/mpeg\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/9999_20210504104700.mp3?_=1\" \/><a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/9999_20210504104700.mp3\">http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/9999_20210504104700.mp3<\/a><\/audio><br \/>\nArmando Requeixo no <a href=\"http:\/\/www.diariocultural.gal\/colaboracion\/a-galicia-que-se-liberaba-sexualmente\/\">Diario Cultural da Radio Galega<\/a><\/p>\n<blockquote><p>Uma cr\u00f3nica duma \u00e9poca moi especial na nossa hist\u00f3ria e escrita nun estilo que h\u00e1 muito que n\u00e3o via na literatura galega. Merecedora de todos os honores poss\u00edveis (&#8230;.) Qum pense que os fios de @magago est\u00e3o bem escritos deveria experimentar com a sua prosa mais longa para ver o que \u00e9 bom&#8221; <\/p><\/blockquote>\n<p>Inacio Almeida en <a href=\"https:\/\/twitter.com\/nch_almeida\/status\/1424488300367200259\">Twitter<\/a><\/p>\n<blockquote><p>&#8220;Unha magn\u00edfica historia sobre un cr\u00e1pula na Compostela dos 80&#8221;<\/p><\/blockquote>\n<p>Fran Varela (<a href=\"https:\/\/twitter.com\/franvarela29\/status\/1378742677269807104\">Twitter<\/a>)<\/p>\n<blockquote><p>Sorprendeume Manuel Gago con este libro, xa que agardaba algo ben diferente. A\u00ednda as\u00ed, debo dicir que Nus, publicado por Xerais, \u00e9 unha lectura amena que fai uso da iron\u00eda, da retranca e do humor para pasearnos pola Galicia da chegada da democracia e por un acontecemento verdadeiro e abraiante: a reivindicaci\u00f3n nudista galega de 1983<\/p><\/blockquote>\n<p>Gracia Sant\u00f3rum en <a href=\"https:\/\/trafegandoronseis.blogspot.com\/2021\/05\/nus.html\">Trafegando ronseis<\/a><\/p>\n<blockquote><p>&#8220;Un libro divertido e moi recomendable que me volveu traer moitas das lembranzas dos esquecidos anos 80! (Garc\u00eda Tola, La Clave, a autonom\u00eda galega, etc.)&#8221;<\/p><\/blockquote>\n<p>Xavier Feixoo (<a href=\"https:\/\/twitter.com\/limiator\/status\/1374274186718408709\">Twitter<\/a>)<\/p>\n<blockquote><p>O libro ofrece, a trav\u00e9s das peripecias amatorio-sexuais deste burgu\u00e9s con ganas de experimentaci\u00f3n, un bo fresco sociol\u00f3xico do pa\u00eds daquel tempo. Exponse a confrontaci\u00f3n entre o nietzscheanismo liberal dos nudistas co pa\u00eds premoderno e agrario dos paisanos, cos remanentes do poder eclesi\u00e1stico tradicionalista e, a trav\u00e9s dun personaxe feminino, co marxinal nacionalismo que ollaba con desprezo aqueles nenos de pap\u00e1 que, nunha etapa enrag\u00e9, s\u00f3 concib\u00edan a loita pol\u00edtica como temporal transgresi\u00f3n individual. Aparece tam\u00e9n o conflito, m\u00e1is aparente que real, entre aqueles fillos d\u00edscolos da burgues\u00eda que abrazaban o ecoloxismo new ager coa cultura do pelotazo urban\u00edstico que, tras a s\u00faa explosi\u00f3n nos anos sesenta e setenta, continuar\u00eda, nos oitenta, enchendo de cemento e tixolo espazos daquela a\u00ednda virxes.<\/p><\/blockquote>\n<p>David Rodr\u00edguez en <a href=\"http:\/\/ofunambulistacoxo.blogspot.com\/2021\/05\/cronicas-burguesas.html\">O funambulista coxo<\/a><\/p>\n<blockquote><p>Encetei &#8220;Nus&#8221; de @magago  pola tarde, xusto rematado o cap\u00edtulo da magn\u00edfica Hierro de @jorgecoira. Non deixei o libro ata acabalo, arestora. G\u00f3stame moito a escrita e inter\u00e9same de verdade tanto a trama \u00edntima coma a f\u00edsica. (&#8230;) Con ecos de Vizinczey, gustoume tanto &#8220;Nus&#8221; que vai ir cara Salamanca de agasallo de aniversario.<\/p><\/blockquote>\n<p>Carlos Feij\u00f3o N\u00f3voa (<a href=\"https:\/\/twitter.com\/carlfeijoonovoa\/status\/1368033524746489859\">Twitter<\/a>)<\/p>\n<blockquote><p>A estas intempestivas horas s\u00f3 podo dicir que todo o mundo deber\u00eda ir a Baro\u00f1a e ler Nus de @magago, ou ao rev\u00e9s. Viva o CCCP!<\/p><\/blockquote>\n<p>Rub\u00e9n Neira en <a href=\"https:\/\/twitter.com\/Neira_gz\/status\/1424170411630211075\">Twitter<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>N\u00fas \u00e9 a nova novela de Manuel Gago, editada por Edici\u00f3ns Xerais de Galicia (ver&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/nus\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Nus<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-33846","page","type-page","status-publish","hentry","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/33846","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=33846"}],"version-history":[{"count":42,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/33846\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":33953,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/33846\/revisions\/33953"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=33846"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}