Deseño & Innovación

Acabo de adaptar e configurar unha extensión de WordPress, o WPTouch, para que teñas unha mellor experiencia de Capítulo Cero se te conectas desde un smartphone, xa que hai un número crecente de usuarios que están accedendo a este blog a partir de terminais móbiles e iPad. A versión adaptada a móbiles cárgase directamente cando accedes a Capítulo Cero desde o navegador do teu móbil.

Ademáis, agora podes configurar doadamente un acceso directo desde o teu teléfono a Capítulo Cero, como se fose unha app, pero sen pasar pola App Store ou o Android Market. No interior do post tes un titorial sobre como facelo.