Xa se pode ver un adianto oficial do (moi) agardado redeseño do New York Times.…
Deseño & Innovación
O Nieman Journalism Lab amosou hoxe varios pantallazos do novo redeseño do New York Times. As portadas e as portadas de sección teñen obxectivos ben claros: un aclarado en xeral das planas que xenera certo descanso visual en relación ao abigarramento actual. Na páxina de inicio a opinión ocupa un lugar importantísimo -isto é interesante- na columna da esquerda. Pero o que máis me interesou foi o deseño da páxina interior, de noticia. Aquí o New York Times está aplicando leccións aprendidas nas súas reportaxes galardoadas dos últimos anos, como Tomato Can Blues ou Snow Fall. Así que podemos ver unhas páxinas interiores que son unha interesante suma de landing pages nas súas cabeceiras e pés -sumarizando contidos de sección ou de portada- para facilitar o tráfico horizontal do sitio web, con longas reportaxes no que o multimedia se incrusta en formato widget. Podes ver o exemplo no interior (é enorme).
