Brian Phillips asina Out in the Great Alone, este magnífico documental interactivo de Grantland-ESPN, que reúne moitas das características de moda no campo da narrativa dixital, desde o scroll infinito ata o deseño Parallax pasando polas cabeceiras fixas (magnífico a solución do mapa de posición permanente). Especialmente notable é tamén o coidado clásico -e clasicista- da infografía e das ilustracións que acompañan e embelecen un excelente texto sobre as carreiras de trineos e a soedade de Alaska.

Be First to Comment