Aquatempo: cando ilustradores e historiadores conflúen

No web da Facultade de Historia de Vigo (campus Ourense):

AQVATempo é un conxunto de textos e imaxes, que percorren a relación entre o home a auga a través dos tempos, e que amosan as posibilidades de diálogo entre a Historia, a Arte e a Xeografía e o Campus da Auga.

Ao tempo, estudantes do Máster de Libro Ilustrado e Animación, da Facultade de Belas Artes, investigan as posibilidades de colaboración na creación de contidos audiovisuais no ámbito das Artes e as Humanidades, a través das súas ilustracións.

No 2014 a Facultade de Historia súmase ao Máster en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural e ao Programa de Doutoramento en Protección do Patrimonio. AQVATempos supón un experimento no ámbito das novas estratexias aplicadas á difusión do mesmo, e permite visualizar as posibilidades de transferencia de coñecemento.

AQVATempos distribúese en acceso aberto, baixo unha licencia de Creative Commons.

Aquí pódese descargar (alta calidade)

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *