Salvemos Galicia da megaminería

Serafín González Prieto promove esta campaña que xa leva -á altura de publicarse este post- 40.000 sinaturas, contra a decisión do Goberno galego de dar porta aberta a multinacionais da especulación mineira para emprender un dos máis infames programas de explotación colonial do noso territorio. Isto non pode ser: ten riscos serios para o medio, para a paisaxe como recurso económico e social e vai contra unha idea de economía intelixente e sustentable: aquela que xenera infraestrutura e solidez para poder preservarse no futuro. A decisión do Goberno de permitir estas explotacións é gravísima, pero entre todos podemos conseguir que esquezan esta perigosa liña política de connivencia con certos lobbies (nunca recoñecerán o erro). Esta é a ligazón para facelo.

2 Comments

  1. Contraminacción
    21 / Maio/ 2013

    Animámosvos a que, ademais de asinar a campaña, deades un paso máis e veñades a Compostela o día 2 de xuño, para berrar en voz alta e clara que queremos conservar o noso territorio e o noso futuro. E que Galiza NON é unha mina.

  2. Anónima
    25 / Maio/ 2013

    Levades razón na verdade absoluta que lastramos; mais, compre a premura:

    A METASTASE E A INERCIA DO SILENZO DA MORTE.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *