É tremendamente sinxela, pero por iso é efectiva. Exobrain é unha das moitas ferramentas en liña para diagramar, pero ten algo que me resultou moi cómodo: a súa sinxeleza e o seu magnífico deseño. Especialmente a habilidade de escurecer as cores conforme a idea avanza. Ideal para escritores ou guionistas que queren ter un sinxelo esquema xeral das súas tramas, pero tamén para toda a xente que xestiona proxectos.

:-) A ver…
Por certo, parece que aínda non conta con app móbil. Unha mágoa, estes proxectos deberían nacer coa compatibilidade móbil xa prevista…