Google Now: a resposta de Google a Siri

O outro día falabamos de Siri, o asistente de voz de Apple para os seus dispositivos móbiles (iPhone, iPad). Hoxe vemos nesta excelente reportaxe de The Verge, como funciona o asistente persoal de busca por voz de Google, chamado Google Now. Siri e Google Now comparten o uso da linguaxe natural (é dicir, a ausencia dun manual de “comandos por voz”) como interfaz entre o humano e a máquina, e a consulta das palabras e a súa interpretación directamente na nube. O factor diferencial entre as dúas tecnoloxías está, no caso de Google, na capacidade de interpretar peticións en función de consultas á base de datos a través da aproximación e da comparación. Hai moito tempo que a palabra ‘busca’ non define unicamente unha acción de interacción de texto entre o usuario e a máquina; debemos pensar nela xa como un proceso complexo e integrado na nosa propia exploración dun territorio ou das nosas accións cotiás.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *