

Sítios com ocupação por grandes épocas.
Este é un máis que interesante experimento de visualización arqueolóxica por épocas que está a realizar o blog Imprompto a partir da base de datos Endovélico. No seu web pódense visualizar os mapas a unha resolución decente para aprecialos, pero é magnífico. Hai moitísimas lecturas e interpretacións dos datos. Fixádevos, por exemplo, na Idade do Ferro a impresionante densidade de ocupación do contorno da antiga Gallaecia hoxe en Portugal, a influencia de Emerita Augusta en época romana ou a tensión fronteiriza co reino de Galicia e León na época medieval, entre outras moitas lecturas.

Xa o vira e compartira hai unhas semanas no fb. É xa me pareceu un proxecto interesantísimo, de cómo se ocupa o territorio, entroutras moitas.