Non se emocionen: si que é un instituto cultural e si é de Google, pero por agora non parece estar interesado en dar pasta a terceiros. Máis ben se centra nas narrativas culturais. O Google Cultural Institute conta historias que “moldearon a nosa historia moderna”, moi ben estruturadas e montadas, creando unha experiencia de integración de diferentes produtos Google en HTML5, traendo obxectos visualmente impecables e con gran poder educativo e didáctico.

Be First to Comment