Manuvo, contidos dixitais para poñer a literatura de gala nas tablets

Onte fiquei moi feliz tras que un antigo alumno meu contactara para contarme o seu novo proxecto de emprendemento. Con outros socios, hai tres anos Joel Bucio abriu unha empresa de contido dixital chamada Manuvo, con sedes en Vancouver e México DF. Están dedicados á creación de contido dixital e interactivo de altura, especialmente para tablets. Vailles moi ben, e nos vindeiros meses emprenderán un fascinante proxecto vinculado a contidos culturais interactivos sobre o fascinante pasado arqueolóxico de México.

En Manuvo, entre outros traballos, xa teñen dous proxectos moi interesantes sobre lectura electrónica. Neles versionan dixitalmente, a través de lecturas de importantes persoeiros da cultura mexicana actual, poemas de xigantes como Octavio Paz ou José Gorostiza. De feito, as apps, para iPad, editadas polo Consello Nacional da Cultura e das Artes de México, son gratuítas e de libre descarga, e altamente recomendables. Blanco, de Octavio Paz, recrea o que imaxinou o propio Paz para o seu poema: “una sucesión de signos sobre una página única; a medida que avanza la lectura, la página se desdobla: un espacio que en su movimento deja aparecer el texto y que en cierto modo, lo produce”. [Aquí está a descarga]. Muerte sin fin, de José María Gorostiza, explora o papel da lectura colectiva [descarga].

2 Comments

  1. 30 / Xullo/ 2012

    Compañeiro, mestre e amigo. Moitas grazas pola difusión e os comentarios tan bos que nos regalas. Grazas por achegarte ao noso traballo, como nós estamos pendentes do teu. Un saúdo dende terras purhépechas.

  2. 1 / Agosto/ 2012

    Por cierto. Yo no fundé la empresa, me acoplé a ella.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *