

Dous magníficos e excelentemente resoltos infográficos sobre o tempo óptimo de consumo de froitas e verduras, realizados por Russell Van Kraayenburg. A ver se alguén se anima a negociar co autor e traducilos e adaptalos ao galego! (vía)
(adaptalos digo por meterlle un de peixes e mariscos, non?) ;-)

¡¡Xa os hai!!, só que diferentes. Pero tan boas, ou incluso mellores que as que subes. E si, están en castelán e galego. Podes atopalas colgadas nas paredes de moitas asociacións e cooperativas de Consumo Responsable que hai no país, como Zocamiñoca na Coruña http://www.zocaminhoca.org/ , A Cova da Terra en Lugo, A Xoaninha en Ferrol, Árbore en Vigo, Panxea en Santiago, etc.
Se atopo algún enlace directo heino poñer noutro momento.
Saúdos.