Herdeiros pola Forza: este xoves 10 ás 20:00 na Fundaçom Artabria (Ferrol)

Xa ven que esta tempada estamos moi herdeirianos. E é que o pouco tempo do que dispoño dedícoo a estas saídas exteriores para presentarmos Herdeiros pola Forza, o cal é un auténtico pracer polos debates e conversas que se van creando ao redor do libro. É para nós un pracer facelo este xoves 10, ás 20:00, na Fundaçom Artabria (Ferrol), que está na Travesía de Batallóns, nº 7, Esteiro-Ferrol. Alí nos vemos!

3 Comments

  1. VALLE
    10 / Maio/ 2012

    Eu achegueime esta tarde a Artabria, e fun pa darlle as grazas a Manuel Gago polo seu blog, e teño que dicir que xa sin coñecelo me tiña encantada con todo o que publica, pero e que agora namoroume coa dulzura coa que me agradeceu as miñas palabras de eloxio a os seus escritos. Todos os datos de lugares de Galicia que xamais pensei que existisen, e que como xa lle confesei a él, ahora adicamonos a ir a velos detrás das suas publicacións. A todos os amigos, compañeiros de traballo, a todos os que lles falei do “CAPITULO O” quedan, coma a mín, enganchados a él. Levo lidas casi 400 das entradas que ten o blog, e non me cansan. Temos feitos roteiros seguindo punto por punto as suas indicacións, comido nos restaurantes dos que fala, feito excursios a lugares dos que nunca oiramos falar, porque, eu pensaba que coñecía Galicia, pero non e certo, este Manuel está a ensinarma do xeito que a mín me gusta descubrila, dende debaixo das pedras. Grazas de novo, non só no meu nome, senon, como xa che dixen, no nome dos meus colegas de hospital, dos meus amigos, e da miña familia. E tamén darlle as grazas a Sole, fai unhas fotos extraordinarias. Unha aperta moi grande.

  2. Magago
    11 / Maio/ 2012

    Moitas grazas, Valle. Asegúroche que quedei profundamente emocionado. Unha aperta moi grande para ri e para todos os teus compis de traballo.

  3. Xandre
    12 / Maio/ 2012

    Parabéns pola presentación Manuel e Xurxo, tamén a Antón. Foi todo un pracer escoitarvos, desfrutar da vosa experiencia e podervos preguntar sobre ese tema do que tanto gosto; estatuas, identidade cultural e autoestima histórica. Outro gran pracer lervos, o libro é unha pasada de bo, espero poder ir a moitas outras palestras, cando volvedes? :).

    un saúdo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *