

Fotos: Xurxo Mariño
Onte foi un día memorable que lle debemos agradecer ás Asociacións Pomba do Arco e Mariña Patrimonio, que nos acolleron con agarimo nas terras da Mariña. Superando as expectativas (bus cheo + caravana de coches), percorrimos primeiro os castros costeiros da Mariña e a ermida do Bispo Santo e despois presentamos Herdeiros pola Forza con éxito. Non podo menos que agradecer a Juan Ramón Fernández Pacios, a Manolo Miranda, a Miguel, a Gloria…todo o seu agarimo. O de onte foi un día que non esquenceremos. Moitas grazas.
Nota importante: a presentación na Feira do Libro de Santiago será o venres 4 de maio ás 19:00.

a fotografia do coche de linha seguido dos carros é uma fermosa e inversa metáfora: poderia passar pola comitiva de qualquer cabodano ou enterro no rural galego… porém é o cortejo dum património vivo!
Bonitas fotos de vida e lembranza. Cada vez son máis normais estas imaxes de grupos de persoas revivindo os espacios que levan séculos sen habitar.
Moi bon o dito por dedoscomovermes.
Afondando no asunto do bus que nos leva, non deixo de pensar nos centos e centos de veces que vexo (vemos) os ollos sorprendidos e cara de susto dos paisanos ó veren pasar un bus cheo de xente por estreitas estradas imposibles cara sabe deus onde. E cando paras para preguntar un pouco, a maioría das veces, logo da sorpresa e unha primeira cara de non crer o que escoitan, indicarte onde está o lugar que queres visitar … e xa non paran de falar e contar as súas lembranzas do sitio.