
The Curator’s Code é unha idea tan sinxela como útil: estandarizar os procesos de citación dentro de Internet; non é tanto a citación bibliográfica senón a conceptual, a procedencia ou a orixe dunha idea. Trátase de asumir e estandarizar que a maior parte dos procesos creativos son consecuencia da influencia doutras persoas e fontes, e sistematizar ese proceso. Os creadores do Curator’s Code distinguen dous tipos de citacións, a directa (o clásico via) ou o hat tip, é dicir, unha citación da fonte orixinal mencionando a fonte intermedia (por exemplo, en El País via @quensexa).
Para estandarizar o proceso, os creadores propoñen a existencia de dous símbolos: ᔥ e ↬, para cada unha das funcións respectivas.

Be First to Comment