Robinfood: “Álvaro Cunqueiro, ese auténtico tigre”

Hoxe o grandísimo cociñeiro vasco David de Jorge homenaxeou a Don Álvaro Cunqueiro no seu exitoso programa RobinFood de ETB. Uns callos con garavanzos e un cóctel Mondoñedo para celebrar o nacemento do escritor. O tema David de Jorge é impresionante: durante media hora cociña callos mentres lle explica á audiencia quen era Álvaro Cunqueiro, cal era a súa visión gastronómica, os seus libros máis famosos e conmina aos televidentes a asaltar as librarías antes de comezar o programa. Unha delicia. Ademáis, David de Jorge esténdese na xornada de celebración que organizamos no restaurante Pedro Roca, co propio Pedro, o Chef Rivera, Flavio Morganti e Marcelo Tejedor, poñendo as fotos da xornada e explicando o que fixemos para celebrar a Don Álvaro. Queremos agradecerllo moito! Es un fenómeno, e viva Rusia!!

Aquí podes ver o vídeo

2 Comments

  1. 28 / Xaneiro/ 2012

    Mádia leva! O David de Jorge, todo um ídolo nestas terras. Por certo, o outro dia coincidim comprando o pam com o senhor Gámez, o apresentador de “Escépticos”. Tamos rodeados de celebridades!

  2. 28 / Xaneiro/ 2012

    gracias manolo! cuando grabé el programa no hice más que aportar mi granito de arena a ese feliz aniversario al que no pude asistir. ya sabes que mi padre era galego y que corre sangre celta por mis venas, así que los libros de cunqueiro forman parte también, como en tantas casas, de nuestro patrimonio familiar! larga vida a su obra y viva el sofrito! abrazos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *