Related Pages: porque precisamos innovación nos menús


Proposta de menú de Ronald The e Benedikt Groß

O deseño de sitios web sempre se move entre dous eixos que ás veces non é doado compatibilizar: a accesibilidade e a usabilidade por unha banda (que inercialmente nos leva a deseños web máis estandarizados e -aínda que habería que matizar este termo- conservadores) e a resposta crítica e dinámica a novas situacións de representación de contido. Hoxe en día estamos nun momento curioso: é doado erguer unha web ex novo garantindo a navegabilidade do seu contido, porque os usuarios están acostumados a navegar en webs moi similares. Por outro lado, corremos un gran risco do que Joan Mayans chama cmsificación. É dicir, a subordinación total das aplicacións a determinados tipos de estándares que frean, en certo xeito, algunhas dinámicas de deseño e, se cada, á innovación que pode vir detrás.

Un caso práctico: este venres andiven mirando webs de concellos e de casas de turismo rural. Mentres as casas de turismo rural teñen uns deseños horrendos, totalmente inaccesíbeis e complexos de navegar, as webs dos concellos, despois das axudas do Plan Estratéxico Galego para a Sociedade da Información, foron todas feitas a partir da mesma estandarizada prantiña, sen un maior esforzo de cambiar escudos e fotos dos cabeceiros e das galerías.

Por iso, pareceume interesantísimo o proxecto de Ronald The e Benedikt Groß, chamado Related Pages. Está pensado para wikis, pero nos fai reflexionar sobre o propio concepto de menú na actualidade. O menú ten en conta dúas variábeis: a proximidade do contido e o momento da súa actualización, eliminando o concepto de xerarquía habitual nos menús e introducindo a noción de tempo. Paga a pena visitar o seu web para ver a súa explicación de Related Pages e tamén visitar o demo.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *