
Nesta interesantísima entrevista en Fortune, o xornalista tenta descubrir se Google ten plans para entrar na prensa, adquirindo algúns dos xornais en situación financeira crítica. Eric Schimdt, CEO de Google, afirma que dispoñen de cash para facelo pero non o farán, e amósase moi preocupado pola crise dos medios, pero sen amosar unha solución clara de como solucionala. ¿Debera ter Google ideas ao respecto? Si, sen dúbida. Eu estaría preocupado como Schmidt pola cuestión: unha significativa parte do éxito de Google vén da capacidade de procesar e ofrecer a inxente cantidade de contidos producidos pola industria da comunicación. O preocupante é que a única alternativa que ofreza sexa que os medios se adapten máis a Google.
Os medios non teñen un problema de demanda co seu produto, as noticias. A xente ama as noticias. Teñen un problema coa publicidade, clasificados e co custe mesmo do xornal: a impresión física, a distribución e todo iso. O seu modelo de negocio estase a apretar demasiado.
Google non pode facer que descenda o custe dun xornal. Podemos enviar ligazóns ao seu sitio web que poden monetizar e proporcionar algún beneficio. O problema é que non é abondo para compensar a perda doutros beneficios. (…)
Poderiamos mercar os xornais porque temos cash abondo (…) Pero penso que iso non solucionaría os problemas dos xornais. Solidificaría a estrutura de propiedade, pero non o problema subxacente. A solución podería ser unha integración máis estreita. Ou sexa, “fusionarse sen fusionarse”.
Se a industria da prensa cae para min sería unha auténtica traxedia, no sentido en que o xornalismo é unha parte central da demoracia. Se non pode ser financiado por estes problemas empresariais, entón producirase unha auténtica perda en voces e diversidade. E non penso que os blogueiros sexan a alternativa. O modelo histórico do xornalismo de investigación é fundamental. (…)

:D xornalismo de investigación?? meu pobre, ese home debe levar moito tempo sen ler máis alá dos titulares do Google News.
comprendo a qué se refire, o xornalismo como cuarto poder e tal, pero uf, ás veces hai que rascar a fondo para atopar algo dese pilar da democracia.
está claro que Google non vai mover un dedo na crise da prensa. dedicarase a ver como caen, como o biólogo que observa o funcionamento da selección natural. saben que se van aproveitar dos que queden, sexan cales e cantos sexan.
Ben, eu creo que sigue existindo moito e moi bo xornalismo de investigación e bos produtos xornalÃsticos, igual que seguen a existir bos xornalistas.
Eu que fora Google preocuparÃame. Ben é certo que a empresa se enfoca en organizar contidos, non en crealos (aÃnda que a tÃtulo particular algún dos propietarios ten participacións en produtoras TV), pero non hai dúbida que unha das principais optimizacións do buscador nos últimos anos estivo en facer que as spiders pasaran polos xornais varias veces ao dÃa para que google representara en primeiro lugar, nos resultados de busca, as noticias de última hora. E unha significativa parte dos resultados relevantes para os usuarios proveñen de noticias dos xornais.
Se os medios caen, Google ofrecerá peor información, e poderÃa formar provocar unha acción en cadea que afectara á propia Google. Por iso Schmidt está preocupado. Supoño.