Umberto Eco: “A Guerra Santa. Mac vs. Dos”

umberto_eco.jpgUmberto Eco publicou no ano 1994 no semanario Espresso, na columna La Bustina di Minerva, o artigo The Holy War: Mac vs. DOS, no que buscaba o paralelismo entre as confesións relixiosas e os sistemas operativos. Deste xeito, o Macintosh sería moi católico (todo o mundo ten dereito á salvación), o DOS moi protestante, mesmo calvinista (permite a libre interpretación das escrituras, require difíciles decisións persoais, impón unha sutil hermenéutica sobre o usuario e da por sentado de que non todos poden alcanzar a salvación). Windows sería anglicano (grandes cerimonias na catedral, pero sempre hai a posibilidade de retornar a DOS para cambiar as cousas de acordo con decisións bizarras). Para o semiótico, faltaría por adxudicar o código que subxace por debaixo de cada un dos sistemas operativos (Ah, ese pertence ao Antigo Testamento e é talmúdico e cabalístico. O lobby xudeu, coma sempre…)

O artigo completo en inglés e francés aquí. Vía Efímera.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *