Enigmáticas pedras na parroquia de Fontefría

Last updated on 10 / Marzo/ 2008

Na parroquia de Fontefría, en Amoeiro, antigas pedras castrexas están ciscadas polos lugares máis relevantes do espazo cultural. Non temos nin idea de onde proceden, e por que se fragmentaron en anacos. Pero están aí, e é ben curioso contrastar a elevada calidade da súa factura co resto dos irregulares muros aldeáns nos que están encaixadas. O máis importante é como as pedras seguiron funcionando como elementos importantes no imaxinario aldeá ao longo dos séculos, logo de perder a súa descoñecida función orixinal. Dirás: é que son bonitas e as aproveitaron, non hai máis historia. Non, non é só iso: outros elementos bonitos do noso patrimonio foron estragados sen piedade. Este exemplo é sorprendente:

fontefria_1.jpg

fontefria_2.jpg

Nesta fonte e lavadoiro, a lousa castrexa convive co símbolo da Falange española.

fontefria_3.jpg

Na capela de SanXiago, a lousa castrexa está situada xusto no centro da cabeceira, onde pola outra banda debe estar o altar.

Aínda que isto xa non debe ter orixes castrexas, fíxome moita graza esta columna na igrexa románica da Fontefría, en especial a súa basa que me lembrou un ara romana:

fontefria_4.jpg

Tan fascinante como intrigante.

Máis información no artigo referenciado “A apropiación simbólica da cultura material castrexa na paisaxe cultural dos Chaos de Amoeiro (Ourense, Galicia)

2 Comments

  1. Carlos Manuel
    11 / Marzo/ 2008

    Na capela de San Xiao hai outra lousa castrexa nun lateral, así como estelas funerarias que forman parte dos seus muros.Asimismo , nunha construcción pegada á capela, hai dous sartegos de pedra que forman tamén parte dos muros.
    Nos artigos de investigación que vostede enlaza desde este blog hai abondosa información sobre os restos arqueolóxicos desta comarca.
    Eu mesmo ( que son veciño do lugar ) cando os coñecín , tirando da bibliografía que acompañan e buscando un pouco máis en bibliotecas, conseguin máis información sobre o tema.

  2. Carlos Manuel
    11 / Marzo/ 2008

    Por certo dentro da capela hai unha pía bautismal que non é máis que un ara romana dada a volta, e decir , cristianizada ( ó parecer é o único caso na provincia de Ourense ).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *