
Moitas grazas, rapazas e rapaces! Moitas grazas tamén aos pais de alumnos e asistentes ao acto de presentación de Coas nosas mans, o documental sobre alimentación e cultura en Galicia. Creo que este tipo de produtos son clave para amosar á sociedade o traballo dos alumnos de Comunicación, para achegarse ao seu futuro público, e para conectalos coa sociedade, coas empresas, iniciativas e entidades. Seguiremos neste camiño.

creo que as grazas temos que darchas nós a ti!! aínda imos botar de menos agora o de quedarnos na facultade ata as dez da noite ;-)
Foi moi emocionante dende o principio ata este punto e seguido (espero). Por favor, dalle tamén as grazas a Sole, polas fotos das mariscadoras e as da presentación e a Marta pola tradución, que non nos lembramos de mencionalas.
E ala… que aínda che queda media semana de live blogging
Gracias a ti tamén a todos as compañeiras (Eloy permitirame o xenérico feminino) pola experiencia e os momentos vividos.
Ah, e tamén a todos os nosos protagonistas!
De hoxe nun ano e con moitos proxectos así polo medio
Saudiñosssssss
Vin o voso documental e gustoume moito, espero que nas vindeiras edicións serva como base para centrarse en temas máis específicos. Creo que sería moi interesante e a día de hoxe descoñezo se existe algun documental semellante.
A verdade é que foi toda unha experiencia… O pinganillo como os presentadores de concursos e que nos chamaran a Eloy e a min “poñentes”… encantoume jajaja. Non o vou ser outra vez na vida, probablemente!!
Xa falaremos para esa comidiña :) Gracias