Last updated on 9 / Febreiro/ 2008

“Dádeme unha caixa de busca e moverei o mundo“, dixo Arquímedes. Um…ou non era así? En todo caso, Peter Morville, un dos fundadores do concepto de arquitectura da información e un experto no tema, está a traballar nun libro e conferencia sobre os modelos de busca que se pode atopar na web. Para iso, está recompilando unha biblioteca de exemplos en Flickr que é unha interesante referencia para futuros proxectos.
Vía Deakialli

mmm, o da frase… non era Arquímedes? XDD.
será que me trabuco de frase e quen dixo esa era Aristóteles… xusto antes de teorizar sobre Google, jajaja
uf! é certo. Vaia colada. Xa está modificado. Grazas por avisar!