Untitled Document


  Explorar os cambios. Detectar as novidades.
 


A comunicación continúa a ser unha disciplina científica suxeita a modificacións nos paradigmas de comprensión do obxecto de investigación. A aparición dos novos soportes e Internet provocan debates arredor das modificacións que sofren os conceptos tradicionais de 'medio de comunicación', 'xornalista' e 'modalidades expresivas. As miñas áreas de investigación sitúanse nese espacio, dentro do marco do grupo de investigación en Novos Medios da Universidade de Santiago.


 

Áreas de investigación:

a) Evolución dos xéneros xornalísticos nos cibermedios.
Os xéneros xornalísticos son a estratexia narrativa dos profesionais da comunicación para o relato dos feitos. A construcción da retórica xornalística é o resultad0 dunha interacción entre contexto social, tecnoloxía, formación profesional e a noción de 'público específico'. ¿Producíronse alteracións nos procesos de narración e nas modalidades expresivas coa chegada do ciberxornalismo? Esta pregunta centra o proceso de redacción da miña tese de doutoramento, que dirixe o profesor Xosé López, da Universidade de Santiago.

b) Arquitectura e organización da información.
Pouco a pouco, os cibermedios precisan de sistemas editoriais con capacidade para o almacenamento, procesamento, recuperación e creación de información. Estes modelos de arquitectura e organización da información están a ser pouco estudiados dende o mundo da comunicación a pesar de seren novos esquemas conceptuais híbridos entre a informática, a documentación e o xornalismo.

Mira algo do que pensamos sobre isto na comunicación "Plataformas de publicación electrónica: hacia una definición de los nuevos estándares" publicada na web do IV Congreso Nacional de Periodismo Dixital (Huesca)


c) Situación sectorial. A análise da situación do sector do ciberxornalismo e da Sociedade da Información en Galicia e no Estado centra a 'investigación aplicada' da miña actividade académica. As miñas investigacións xiran arredor da definición de modelos e tipoloxías de medios electrónicos na rede.

Consulta o informe: "Medios de comunicación galegos en Internet" elaborado polo Grupo de Novos Medios no que participei. En PDF.


ARQUIVOS
  Dispós dun bo número de artigos científicos en PDF no apartado Publicacións.