Untitled Document




 

É o Manual de Redacción Ciberperiodística, que a Editorial Ariel presenta no mercado español e latinoamericano este outono. O Manual é a iniciativa académica e editorial máis ampla -un extenso volume de 600 páxinas- por sistematizar o que ata hoxe coñecemos sobre o ciberxornalismo e os cibermedios. No libro, coordinado polos profesores Javier Díaz Noci e Ramón Salaverría, participaron os máis destacados investigadores sobre ciberxornalismo das universidades do Estado.

Manuel Gago, xunto con Xosé López e Xosé Pereira, participa co capítulo Arquitectura y organización de la Información, no que se explican as claves para o deseño do entramado interno do cibermedio e as relacións entre o seu contido.


  ARTIGOS
  CÓDIGO CERO
Na revista en papel, a miña colaboración 'Navegacións cotiás'.


  WEBS
CULTURAGALEGA.ORG
É o medio que dirixo. Bótalle unha ollada ás nosas propostas.

CAPÍTULO 0
O meu diario persoal na web.