Untitled Document


  O ollo exterior


 



O Downtown de Miami, é dicir, o centro. Quizais a parte máis bonita desta cidade de avenidas anchas e casas baixas. O downtown combina rañaceos de bancos coa integración na badía da cidade e o camiño cara Miami Beach. A ría, rodeada de rañaceos, é un espectáculo prodixioso.




A Praza do Mercado de Cracovia é unha das máis grandes do mundo, e das máis fascinantes. Desfiles, un trompetista que toca as horas dende a torre da igrexa e as campesiñas vendendo queixo fresco na rúa que vai ata a Barbacana.

 

As lagoas que están case no cordal do Cabril, unha liña de cimeiras a 2.000 metros preto de Cangas de Narcea. Percorrer estas alturas entre a neve é paradisíaco.



Times Square, en Nova York, 6ª Avenida. Non hai fotos que expresen o shock visual deste embigo do mundo.



Bos Aires' skyline. ;-) Esta é unha visión inesperada desta cidade dende o Delta, un enorme conxunto de canles na confluencia entre o Tigre e o Río de la Plata. Iso que se ve ao fondo non é Manhattan, senón a cidade porteña, recortada sobre un río do que non se ve a outra beira!.




Bos Aires. Unha comida da delegación do Estado que asistimos ao I Congreso Iberoamericano de Periodismo Dixital, organizado por Clarín.



Graná. Outro deses lugares máxicos. A vista da Alhambra dende a parte baixa da cidade lembra a eses Beléns da nosa infancia. Esta foto fíxena dende unha pasaxe pouco coñecida que discorre entre a Alhambra e o Xeneralife.

 

As mulleres, nais, escravas, músicos, actrices, do Sahara.




Os ingleses teñen claro o que é a cultura ;-)



Vento enorme, choiva fría, unha ponte de táboas mínimas e vellas sobre 90 metros de fervenza na que estamos Nacho e máis eu. Detrás, o soño dun tolo e un dos lugares máis impresionantes do mundo, para min: Neuschawstein.




Viena. Algo divertido no medio do barroquismo.




Estado do Opel Zafira. Centroeuropa 2003.




Ese momento profesional de Sole. ;-)



Meu irmán Xurxo, na súa postura natural (é biólogo especializado en ornitoloxía)


...e os conseguintes colegas do meu irmán ;-). Neste caso, crías de cárabo (coma o moucho) ás que lle fixo un seguimento dende que eran ovos.

Mikko, Kappa e Kimmo na summer cottage deste último nun lago perdido en Finlandia.





Lago de Jyvvaskyla, Finlandia central. A Ágora -o centro de investigación e docencia que concentra a telecos, humanistas e artistas (ademais de Nokia)- está á dereita na foto. Ao fondo, no outeiro, os centros de investigación de tecnoloxía.



A impresionante cúpula que deseñou Norman Foster no patio do British Museum en Londres.

Das mellores sensacións da miña vida. Perdido, realmente perdido, no medio das rúas de Pompeia. ¿Como lle pode pasar iso a un nunha cidade do século I d.C.? Consulto o mapa á dereita da foto.





"Seremos breves" ¿Medo á xustiza popular por parte das autoridades do Porto?




Nacho e máis eu xusto antes de sermos rescatados por unha expedición británica no Sahara tunecino.



"Celebramos a victoria das tropas romanas contra as hordas de Cartago....". Xa sei que non queda ben dicir que me gustou Gladiator, pero non puiden deixar de berrar isto cando entrei na arena do circo romano de El Jem.



Adoro esta foto. Fíxena na cidade santa de Kairouan. ¿Vedes a relación entre a parede e o céo?




...e hai algo indefinible que tamén me encanta nesta. Estamos Kia e máis eu a piques de saír de Patrai camiño de Salerno. O ferry -temporal forte no Adriático, 48 horas de espera no porto e nevadas no centro de Grecia- levaranos por fin ata Brindisi.




Ons. O último refuxio. O principio do pensamento. A auga no aire.